Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




3 de novembro: día do lector e da lectora

3 de novembro. Día do lector e da lectora

Día do lector e a lectora 2022 

 O alumnado de Valores Éticos de 4º recomenda visitar as seguintes páxinas web en relación coa figura de Xosé Neira Vilas:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Memorias dun neno labrego (cartone): 83 (Libros singulares e fóra de  colección) : Neira Vilas, Xose, Marín Formoso, Xaquín: Amazon.es: Libros

Día do lector e a lectora 2021

 

O 3 de novembro é a data de nacemento do escritor Xosé Neira Vilas e nas bibliotecas galegas celébrase por primeira vez o Día do lector e da lectora, data recollida no Calendario do Libro e da Lectura 2021, coincidindo co 6º aniversario do seu falecemento.

 

No IES Lamas de Castelo sumámonos a esta homenaxe e, ademais de ler textos seus nalgunhas aulas de Lingua Galega e Literatura, tamén preparamos unha lectura pública na nosa biblioteca que se celebrou durante o recreo. Alí colocamos unha mesa con moitos dos seus libros e un atril onde cada participante puido achegarse e ler un fragmento de Memorias dun neno labregoou doutras obras súas. Así, léronse fragmentos de Memorias..., de Aquel neno,O cabaliño de buxo e tamén o prólogo de Contos vellos para rapaces novos.

 

Podedes ver aquí, algunhas fotos da actividade organizada polo EDNLG, o departamento de Lingua Galega e a Biblioteca Escolar.

 

Ligazóns de interese

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut