Introdución xeral
O apadriñamento lector consiste en lerlle algo (un libro, un fragmento ou un texto calquera) a outra persoa.
Dende a Biblioteca Escolar do IES Lamas de Castelo, estamos a colaborar coa Escola Infantil A Galiña Azul de Carnota con apadriñamentos lectores do noso alumnado para os pequenos da gardería.
A tal fin, estivemos "rescatando" da aula de PT o material que nos pareceu máis axeitado para as lecturas coas neniñas e neniños da gardería. O que non quita que, a miúdo, veñamos da casa con libriños de fillas e fillos, sobriniños, etc... do profesorado!
Información ás familias
Esta actividade de lectura compartida desenrólase nos recreos (de 11:15 a 11:35, aproximadamente) e nela, un grupo reducido de 4-5 alumnas e alumnos do noso centro, acompañados de 1 ou 2 profesores (incluíndo algunha das bibliotecarias) imos á gardería, onde nos esperan os pequeniños. Alí, lémoslles os contos que previamente temos escollidos, e cando rematamos, voltamos ao centro. Alí ofreceráselle ao alumnado participante algo de comer e beber antes de que suban ás súas respectivas aulas.
Como o noso alumnado é menor de idade, necesitará da autorización escrita de nai, pai ou titor/ persoa responsable. Dita autorización deberá ser entregada polo alumno á coordinadora da biblioteca como moi tarde, a primeira hora da mañán do día da saída de apadriñamento.
Curso 2021-22
Este ano por fin puidemos retomar a actividade presencial do Apadriñamento lector co alumnado da E.I. A Galiña Azul, de Carnota, que son os nosos veciños de lugar. Fixémolo no exterior, o pasado venres 20 de maio, aproveitando este día soleado, durante as Xornadas Culturais do centro Ver foto. Léronse os seguintes títulos ás crianzas:
- A terra acatarrouse: https://baiaedicions.gal/a-terra-acatarrouse.html
- A vaca que puxo un ovo: https://patasdepeixe.eu/produto/a-vaca-que-puxo-un-ovo/
- No camiño: https://www.kalandraka.com/polo_camino-978-84-8464-297-8-galego-2124.html
- Madeira e metal: https://baiaedicions.gal/madeira-e-metal.html
Curso 2020-21
A actividade de lectura ás crianzas da gardería xa non foi posible de maneira presencial neste curso debido á situación xeral xenerada pola pandemia da Covid-19. Porén, buscamos outra alternativa: demos de alta á propia E.I. A Galiña azul de Carnota como usuaria da nosa Biblioteca Escolar, e iniciamos para eles a actividade das Mochilas Viaxeiras.
Curso 2019-20
Este curso inauguramos a actividade de lectura compartida aproveitando os últimos días desta primeira avaliación.
O noso primeiro apadriñamento terá lugar o martes 17 de decembro, cun grupo de alumnas e alumnos de 3º da ESO.
Cursos anteriores: 2018-19