Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Certificacións

Certificacións que se solicitan no centro, como certificacións de matrícula, académicas ou CELGA.

Validación dos CELGA

Solicitude de validación

No IES Lamas de Castelo podemos certificar segundo a Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo) e a modificación publicada no DOG do 19 de febreiro de 2014:

  • CELGA 1: persoas que cursasen e superasen a materia de lingua galega en todos os cursos da Educación Primaria.
  • CELGA 2: persoas que cursasen e superasen a materia de lingua galega en 1º e 2º da ESO.
  • CELGA 3: persoas en posesión do título de graduado en ESO.

Os maiores de idade recolleran persoalmente o certificado co seu DNI ou autorizaran por escrito a unha persoa.

 

 

 

O Certificado de estudos de lingua galega (CELGA) é unha proba de avaliación de nivel do idioma galego que acredita uns coñecementos adaptados ao Marco común europeo de referencia para as linguas.

Existen 5 niveis no sistema de certificación de estudos en lingua galega:

  • CELGA 1: nivel inicial, o cal permite satisfacer as necesidades de comunicación máis básicas.
  • CELGA 2: nivel suficiente para intervir nun conxunto variado de situacións de comunicación con relativa seguridade e eficacia.
  • CELGA 3: nivel intermedio, o cal permite empregar a lingua galega cun grao importante de corrección normativa sobre temas diversos.
  • CELGA 4: nivel suficiente para expresarse con fluidez e espontaneidade na maior parte das situacións comunicativas.
  • CELGA 5: nivel avanzado, o cal permite expresarse sen dificultades e con corrección en calquera tipo de situación de comunicación, tanto formal coma informal.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut