Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Axudas

Información sobre axudas

Fondo solidario de libros e axudas para o material

Saiu publicada a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula aparticipación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material escolar para o curso escolar 2018/19.

O prazo para formalizar a solicitude remata o 22 de xuño de 2018, para todo o alumnado.

Como novidade, este curso poderase facer a solicitude por internet a través da aplicación "Fondolibros" www.edu.xunta.gal/fondolibros ou na secretaría do centro.

Adxúntase a seguinte información:

Listaxe de alumnado beneficiario de libros de texto do fondo solidario

Esta listaxe corresponde ás axudas reguladas na Orde de 16 de maio de 2017 (lexislación completa e anuncio). O procecemento depende do Servizo de Xestión de Programas Educativos da Subdirección Xeral de Centros (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos). O instituto só tramita as solicitudes e entrega os libros segundo estas listaxes, non decide cantos lles corresponde a cada alumno/a nin elabora as listaxes.

  1. Listaxe provisional (data de publicación nesta páxina: 14 de xullo)
  2. Listaxe definitiva (data de publicación nesta páxina: 15 de setembro).

Hai que recoller os libros antes do día 28 de setembro. Ténos que recoller o/a pai/nai que os solicitou pero pódese autorizar o/a alumno/a por escrito. Pódese imprimir este modelo de autorización.

Fondo solidario de libros e axudas para o material

Saiu publicada a Orde do 16 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, xunto coas axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo para formalizar a solicitude remata o 23 de xuño.

Requírese ter entregado os libros do curso 2016/2017 entre os días 22 e 26 de xuño para dispoñer destas axudas.

 Adxúntase a seguinte información:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut