Biblioteca do Lamas de Castelo
A biblioteca, en 2019.
|
A biblioteca dende maio de 2021.
|
Este curso 2023/24, queremos dar a benvida aos novos usuarios da nosa Biblioteca e ás súas familias. Para coñecer mellor a nosa Biblioteca e a as nosas condicións de préstamos, velaquí vos deixamos a nosa guía de presentación.
Os nosos logos |
|
Esta é a nosa marca de identidade e atoparédela nos nosos carteis e en avisos e convocatorias das actividades da biblioteca.
|
|
Este é o logo das Bibliotecas Escolares de Galicia, rede á que pertencemos. Dende o curso 2016-17, comparte todos os espazos co noso logo.
|
|
Horas |
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
8:40-9:30 |
|
|
|
|
|
9:30-10:20 |
|
|
|
Renée |
|
10:20-11:10 |
|
Marta |
|
|
Renée |
RECREO |
Mariluz |
Renée |
Mariluz/ Renée |
Renée |
Mariluz |
11:40-12:30 |
|
|
Renée |
|
|
12:30-13:20 |
|
|
Reunión BE |
Mariluz/Renée |
|
13:20-14:10 |
|
|
|
|
|
16:20-17:10 |
|
|
|
|
|
17:10-18:00 |
Renée |
|
|
|
|
Como novidade deste curso, estaremos dispoñibles para as visitas de nais, pais e familias que queiran usar a nosa biblioteca os luns de 17:10 a 18:00. Animádevos a vir!
|
Rapaza lendo nunha biblioteca
|
Que se pode facer nela??
• Lectura e estudo en sala: Pódese ler / estudar en silencio, os vosos libros, ou libros que se collan alí. Tamén se pode usar como espazo de estudo ou para facer traballos en pequeno grupo, sempre respectando as distancias, claro. Merece especial atención o recuncho do cómic!
• Préstamo de material: Podedes ir coller os libros de lectura que vos manden para LC, LG, francés, inglés... Pero tamén podedes levar o que mellor apeteza: outros libros, material de consulta útil para facer traballos, pelis e documentais en DVD ou incluso CDs de música! Tamén podedes aproveitar os vosos números de carnet de usuario para levar cousas para a vosa familia (pais, irmáns pequenos...)
• Concursos: De cando en vez, as bibliotecarias sacan concursos nos que se pode participar para divertirse, probar sorte, e incluso gañar interesantes premios!!
• Charlas e obradoiros: A falta de salón de actos, a miúdo hai charlas e obradoiros que se fan na biblioteca: actividades especiais durante as Xornadas Culturais, proxeccións de presentacións de diapositivas ou videos con ocasión de celebracións de datas destacadas e Días Internacionais, encontros con autores de libros e banda deseñada...
• Aula especial de materia: Hai certas materias que se dan na biblioteca, pola relación entre o currículo e este recurso (Proxecto Competencial; Cultura Clásica). Pero tamén se recomenda e é desexable que a biblioteca poida funcionar puntualmente como aula para as materias, usando e aproveitando os fondos que hai nela.