Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




17 maio: Día das Letras Galegas

17 maio: Día das Letras Galegas

Xela Arias.jpg

Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Este ano, celebramos particularmente que o día se dedique a unha escritora (isto non acontece tan a miúdo como cabería esperar), e en concreto, a unha poeta cuxa maior característica é a súa frescura e modernidade.

Por iso, dende a Biblioteca fomos "coleccionando" durante este curso exemplares da súa obra según se foron editando ou reeditando, a miúdo encargando antes da súa impresión! Velaquí o listado final de libros que temos dela, e que vos convidamos a coller, ler, coñecer... e quen sabe, ata namorarse destes textos!

 Xela Arias, firma.svgDende o departamente de LG e o EDLG do noso centro, convocouse un concurso arredor da obra de Xela Arias, do que tendes máis información aquí.

Contido sobre Xela Arias na páxina da Real Academia Galega.

  

Velaquí un resumo moi breve sobre a súa figura:                                             Xunto a outro sobre a súa obra:

 

 

 

Día das Letras Galegas 2020

 Este ano, a celebración do Día das Letras Galegas veuse afectada pola situación sanitaria xerada pola pandemia da Covid-19. Como ben sabedes, dadas estas especiais circunstancias, a Real Academia Galega pospuxo a celebración, que terá lugar este sábado, 31 de outubro.

 A Álvaro Cunqueiro, R. Carballo Calero no Ferrol 6 de xulio 1934.svg

 

 

 

Xa aló polo mes de maio, e malia o confinamento, o EDLG do centro e o departamento de LG celebraron o día, publicando materiais, recursos dixitais e realizando actividades diversas co alumnado. Podedes velo aquí:

 

Dende a biblioteca, queremos unirnos neste final de outubro a esta celebración, para a que elaboramos os seguintes carteis informativos sobre a vida e a obra do autor:

Distribuir contido


by Dr. Radut