La carga mental, cómic da francesa Emma Clit.
Está a muller socialmente "programada" para ser agradable, non rebelarse e para soportar toda a carga das tarefas da casa? Seguro que "ese tipo de cousas" resultan máis fáciles para unha muller que para un home? Pódese educar sen estereotipos? Emma Clit, unha "feminista do cotiá" que fixo viral o concepto de «carga mental», proponse desvelar as desigualdades que están aí nuestro día a día e cambiar a nosa mirada sobre o patriarcado, o acoso, a conciliación, a desigualdade de oportunidades e o teito de cristal, a sexualidade feminina ou o exceso de traballo.
Se queredes ver un fragmento do libro, seguide esta ligazón.
|
|
Máis libros:
O libro (Mal) educadas, de María Florencia Freijo é un libro que arrasou como fenómeno editorial en Arxentina, e agora témolo nós tamén na biblioteca. [Da editorial] «Boas esposas, concubinas, amantes, fillas, nais. Séculos de (mala) educación insistiron en formar ás mulleres como boas servidoras, sempre ao servizo de outros. Mesmo cando a escola estaba fóra do seu alcance, estas ensinanzas inorgánicas repetíronse ata converterse nun sustrato permanente que aínda hoxe en día impulsa ás mulleres a cumplir miles de mandatos.» Se queredes ler algo máis del, ide aquí.
Cansadas é un libro que traduce a palabras a mirada feminista da propia Nuria Varela mentres analiza recordos, reflexións, reportaxes, artigos, notas de viaxe e conversacións ao longo dunha década. Aquí podedes ler un fragmento.
Velaquí un fragmento de No manipuléis el feminismo. Una defensa contra los bulos machistas, de Ana Bernal Triviño. Ed Espasa, 2020.
Referencias dos libros recompiladas polo alumnado de ITI de 2º.
Rebeldes, ni putas ni sumisas, de Gemma Lienas. [Da editorial] «Libro ideal para a campaña do día da muller. Como ser muller e non ter que rendir contas ao Estado nin á Igrexa. Como ser muller e non considerar irrebatibles os criterios dun home, sexa un pai, un marido, un crítico literario, un médico, un político, un superior xerárquico... Como ser muller e podelo dicir en voz alta, sen complexos e sen medos, sen dar por boa a autoridade de sempre: a masculina.»
Selección de Sara, 1º. Valores éticos.
|
|