Día da Poesía 2010
O mércores 24 de febreiro, coincidindo co 173 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, moitas persoas por Galicia adiante homenaxearon a Rosalía e leron este manifesto.
Nós aproveitamos esta data un ano máis para celebrarmos o Día da Poesía e organizamos un circuíto poético no que participou todo o centro.
Durante unha hora, todos os grupos e niveis estiveron traballando a poesía e recitando ou escoitando poemas. Son moitas as persoas que nos sorprenderon coas súas seleccións poéticas e nas súas voces escoitamos a palabra de autores de distintas épocas e linguas.
Por se perdestes algo, agora podedes consultar aquí:
- os poemas recitados
- as gravacións dos poemas de: David (poema 1 e poema 2), Elda cantando a Miguel Hernández; Luz, Mariluz, María Álvarez (recitando a Neruda e a Pessoa); María Lema, Marisé, Merche, José Manuel Pose, Renée ( Ali, Anima, El Foll, El misteri); Susana Díaz, Xosé, Xosé Antón e Verónica. Tamén podedes escoitar ao alumnado de 1º (Aarón, Diego Louro, Fátima, Iago Costa, Martina, Zoe González e Zoe Quintela), ao de 3º (Iria e Yadira) e ao de 4º (Estefanía, Lidia, María Caamaño, María Díaz e Noelia-Silvia)
- e as fotos de varios participantes: Lidia, María Álvarez, María Díaz e María Caamaño, María Lema, Marisé, Merche, Renée, Xosé, Xosé Antón e Verónica.
Se queredes ver as fotos ou escoitar os poemas dos outros anos podedes facelo aquí:
Día da Poesía do ano 2008: profes e alumnos na sección Efemérides /Datas destacadas.