Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novo procedemento de notificación mediante mensaxes a móbiles

Nos próximos días comezaremos a utilizar un sistema de notificación ás familias mediante o envío de mensaxes de texto aos teléfonos móbiles. Mediante este procedemento pretendemos mellorar a comunicación das incidencias que se produzan, pois na actualidade moitas chamadas telefónicas non son respondidas e desta maneira a mensaxe poderase consultar máis tarde e quedará constancia escrita.

Nun primeiro momento, as comunicacións referiranse ás ausencias. Debemos recordar tamén que, coa aplicación do protocolo de prevención da gripe A posto en marcha este ano, enos necesario saber se as ausencias se producen por esta causa. Neste caso, deben chamarnos para facérnolo saber, dado que nós debemos informar diariamente á Consellería de Sanidade. O procedemento que se estableceu para isto coincide co que no instituto comezamos a utilizar durante o curso pasado para as ausencias normais e seguirá igual mesmo despois de que remate esta situación de alerta, mellorado agora co sistema de comunicación mediante mensaxes de texto.

Posteriormente iremos engadindo notificacións doutro tipo, como, por exemplo, académico. Convén recordar que, no caso concreto de suspensión de actividades por causas maiores, como pode ser un temporal, a responsabilidade recae exclusivamente sobre o director do instituto. Tanto na situación de que este o decida polas circunstancias locais, como de que se ordene desde a Consellería de Educación, a notificación aparecerá sempre no sitio web do instituto e, a partir de agora, comunicarase tamén mediante unha mensaxe de texto aos teléfonos móbiles. Debido á
limitación destes textos, recoméndase consultar sempre a páxina web por se contén información adicional.

As mensaxes que reciban terán como remitente o instituto. Para poñerse en contacto poden chamar ao 981 760667.

O xoves 3 de decembro enviaremos unha mensaxe de proba. Con ela pretendemos asegurarnos de que as notificacións se envían aos números adecuados. Se a recibe non ten que facer nada, a non ser que queira solicitar que teñamos en conta algunha situación particular, como, por exemplo, que desexe que se envíe a dous números de teléfono. Se non a recibe, póñase en contacto con nós a partir do venres 4.

Nos casos en que non dispoñamos dun teléfono móbil ao que enviar as mensaxes, continuaremos chamando ao número fixo, como até agora.



page | by Dr. Radut