Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Intercambio co IES Aquis Querquernis de Bande (Ourense)

Intercambio co IES Aquis Querquernis de Bande (Ourense)

O xoves 22 de maio imos ir a Bande
para vivir a xornada de intercambio que tiñamos proxectada para este
curso. Primeiro imos nós pasar unha xornada a Bande e, logo, o 3 de
xuño veñen eles pasar todo o día a Carnota.

A actividade está planificada para o alumnado de 4º de ESO e
consistirá basicamente nunha xornada de convivencia na que o noso
alumnado coñecerá Bande (Santa Comba de Bande), Celanova (Casa dos Poetas), o campamento romano de Aquis Querquernis ademais de entrar en contacto coa variedade dialectal da Baixa Limia, tan distinta da fala carnotá.

Na visita que farán os compañeiros de Bande aquí levarémolos coñecer os
nosos lugares máis característicos como por exemplo as cabaceiras de
Carnota e Lira, o porto de Lira e o areal de Carnota e mesmo nos
achegaremos a coñecer o Ézaro.

Se queredes saber máis, podedes ler a crónica da actividade xa realizada na páxina da revista dixital de O Jerreiro.

 



book | by Dr. Radut