Concurso de relato a partir de fotografías
O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega convoca o I Concurso de relato breve a partir de fotografías, para estimular a creación de textos en galego a partir de fotografías realizadas polo alumnado de 4º de ESO.
Animádevos a escribir o voso relato breve e entregádeo na biblioteca. Tedes de prazo ata o día 10 de marzo
Tedes as bases do concurso aquí.
--------------------------
Vencido o prazo, o xurado emitiu o FALLO.
O gañador do mesmo foi Aleixo Pérez Aponte (4º de ESO) co relato titulado "Algo vai saír mal", inspirado na fotografía titulada "Saudade" tomada por Xabier López Lestón (4º).
O premio consistiu nun vale de compra de 50 € para gastar na Libraría Chorima máis a publicación do relato na revista do instituto.