Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Outubro: Día das escritoras - Ficheiros

Mantemos este espazo, inaugurado en outubro do 2021 para publicar aquí todas as nosas actividades dende a Biblioteca Escolar para celebrar esta data, que xa podemos declarar como fixa no noso centro. Día das Escritoras 2023: “O pracer, a ledicia e o riso das mulleres” Este 16 de outubro imos rir e falar do pracer. Porque o riso e a ledicia son transgresoras en sociedades que aínda esixen das mulleres un certo recollemento e modestia. Porque para esta 8ª edición, o tema elixido é O pracer, a ledicia e o riso das mulleres, en torno aos que xira a selección de textos e as autoras escollidos polas profesoras para traballar nas aulas. Marica Campo María A Balteira Sés LG 3ºESO Dulce María Loynaz LC 2ºESO Concepción Arenal LC 3º/4ºESO E. Pardo Bazán LC 3º/4ºESO Carmen Laforet LC 4ºESO Día das Escritoras 2022: “Antes, durante e despois das guerras” Commons license BY-NC-SA Les marguerites fleuriront ce soir (as margaridas abrirán esta noite), óleo sobre lenzo de Jeffrey W. Bass. Celebramos de novo o Día das Escritoras, que este ano vai pola súa séptima edición. Esta celebración, que se organiza dende 2015 pola BNE está comisariada este ano pola escritora Carmen Domingo, baixo o tema “Antes, durante e despois das guerras”. Dende a BNE propóñennos, entre outras actividades, a lectura e interpretación de textos de mulleres determinantes para entender a nosa historia contemporánea. Repositorio de ligazóns interesantes sobre o tema: Web da Asesoría de Bibliotecas Escolares: Día das Escritoras 2022; selección de textos de autoras galegas; selección de textos en castelán. Textos diversos: 17 Outubro 2022: as Escritoras nas aulas Celebraremos esta data non só o propio luns 17, senón que a facemos extensible ao longo de toda a semana, para cubrir o maior número de materias e grupos. Nesta edición, e dado a actualidade do tema, "Antes, durante e despois das guerras", traballamos con fragmentos e textos de escritoras españolas recoñecidas como Marina Mayoral, Almudena Grandes, Luz Pozo Garza, Concepción Arenal, Elena Fortún, a iraní Azar Nafisi ou a francesa Agnès Poirier... pero tamén con textos de xornalistas e divulgadoras como Inmaculada Colomina, Montse Fajardo, Andrea Calamari, Mónica G. Álvarez ou as francesas Marie-Aude Bonniel e Cécile Crampon. Velaquí as actividades preparadas este ano polo equipo de Biblioteca para celebrar esta data nas aulas, o que estendemos dende o propio 17 ata máis aló do 24 de outubro: Fotografía de Marina Mayoral por Andrés Amorós Marina Mayoral Inma Colomina LG 1º e 2º Luz Pozo Garza Montse Fajardo LG 3º e 4º Elena Fortún LC 1º- 2º Almudena Grandes LC 3º- 4º Concepción Arenal Oratoria 3º Cécile Crampon Cultura científica 4ºESO conbolsitas.com – Bolsitas Solidarias Trixie y Fundación Mascoteros Erika Prado X e Hª - 2ºESO Andrea Calamari, autor en Seúl Andrea Calamari X e Hª - 3ºESO X e Hª - 4ºESO Agnès Poirier EPeAV 1º, 3º e 4º Marie-Aude Bonniel FR - 1º ESO Cécile Crampon FR - 2ºESO Mónica Gonzalez I Equipo I Formidable Son Mónica G. Álvarez V Éticos 4º / EVCE 3ºESO File:Hannah Arendt 1933.jpg Hannah Arendt Inglés 3º- 4ºESO Azar Nafisi 2015.jpg Azar Nafisi Relixión ----------------------------------------------------------------------------- ----------------------------------------------------------------------------------- Día das Escritoras: 18 Outubro 2021 - "Ler as idades da vida" De novo celebraremos este día, pero comenzando dende xa cun concurso que organizamos en colaboración coa Librería Chorima e o Concello de Carnota. Podedes ver as bases aquí: I Concurso Escolar de microrrelatos "Ler as idades da vida" (Día das Escritoras 2021). Ligazón ao anuncio do Concello de Carnota en Facebook. Anuncio na web do Concello de Carnota. O concurso nos medios: O Correo do Barbanza; Que pasa na Costa Carteis promocionais: PRIMARIA --- SECUNDARIA Folla de resposta para os relatos As gañadoras e gañadores do I Concurso de Microrrelatos Día das Escritoras son os seguintes: Nota: Os textos aquí presentados están tal e como se recibiron, sen correccións engadidas de ningún tipo. Valorouse a inclusión dos elementos obrigados (o comezo "un día...", e as palabras rosa/ rubio, sinalados), a orixinalidade e a calidade dos relatos en si. Categoría A (1º, 2º e 3º de Ed. Primaria) “Un día a trinta ves que cumplia sete anos pensei que desta ves me gustaria ter un dragón rubio de mascota. Tiña que atopalo porque pronto seria de novo un bebé. A vida e así: eres bebé, neno, adolescente, adulto e vello e volta para atrás asta que eres bebé de pel rosa outra ves. Desta volta quero que me acompañe un dragón.” MARTIÑO BEIRO VÁZQUEZ. 2º Ed. Primaria, CEIP Plurilingüe de Carnota Drache.jpg Debuxo de Michael Koch, 1974. CC BY-SA 4.0 Fonte: https://commons.wikimedia.org Categoría B (4º, 5º e 6º de Ed. Primaria) Título: A vida de Manolo “Un día de primavera o meu veciño, Manolo o “rubio”, estaba sentado á sombra dun carballo. Senteime con el e contoume a historia da súa vida. Manolo, era moi maior, naceu cando había guerra. A súa familia, como case todo o mundo, pasou algo de fame, non tiña xoguetes. Dende moi pequeno tiña que traballar. Cando era adolescente emigrou á Arxentina onde o pasou moi mal, non coñecía a ninguén. Encontrou un bo traballo, empezou a gañar cartos e viña moitas veces á súa casa. Anos despois coñeceu a Rosa, a súa muller, coa que tivo tres fillos. Agora que é moi maior, ven vivir a Galicia Manolo díxome que o mellor da vida e ser feliz.” PAULA LAGO TRILLO. 4º Ed. Primaria, CEIP Plurilingüe de Carnota Categoría C (1º e 2º da ESO) Título: Eu “ Un día todo vai cambiar... Eu son Raúl un neno do montón. Hoxe fun ao instituto. Cheguei a casa e ao mirarme ao espello, era un adulto, que ían pensar todos? Nadie nota nada raro en min, así que fun mirarme ao espello, seguía sendo un adulto. Solo eu me vía así. Xa é venres, fun a clase e exactamente, nadie me vía raro. Mireime ao espello do baño e seguía sendo un adulto. Ao chegar a casa todo era xigante! Mireime no espello e era un bebé cun gorro rosa e melena rubia. Xa é luns, madruguei e fun ao instituto. Non salín de casa e sigo sendo un bebé. Paseime todo o fin de semana encerrado para que esto parara. Ao chegar á casa do instituto mireime no espello e era un ancián. Empezo a pensar que esta casa esconde algo. Pero sorpréndeme que o fin de semana non cambiara e seguira sendo un bebé. E o máis raro, que solo eu me vexo así. Pode ser verdade iso de que a idade está na mente.” RAÚL PARÍS NOVO. 2º ESO, IES Lamas de Castelo. Categoría D (3º e 4º da ESO) Título: A vida nun instante “Un día verás toda a túa vida ante os teus ollos. Verás o teu cabelo rubio de cando eras bebé e a bicicleta que rompiches de neno. Recordarás os teus estudos e regaños da adolescencia. Sentirás as esperanzas que tiñas de envellecer, mirar atrás e quedar satisfeito. No momento que tes unhas pistola fronte á túa cabeza daraste conta das decepcións e maldades que causaches. Era entón, nesa hora, nese momento que me dei conta daquilo... era o vilán da historia. Esqueceríanme e quedaría sen unha rosa nin un sollozo ante a miña tumba. E non tiña a ninguén a quen culpar, excepto a min.” Mª JOSÉ KIERNAN PITA DA VEIGA. 3ºESO, IES Lamas de Castelo. Noticia sobre o fallo do concurso en Que Pasa Na Costa. Dende a organización, desexamos agradecer a participación a todo o alumnado e aos centros. Parabéns ás gañadoras e gañadores!! O Día das Escritoras nas aulas: A Biblioteca Nacional de Españacelebra a sexta edición do Día das Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Ejecutivas, Profesionales e Empresarias (FEDEPEe coa Asociación Clásicas e Modernas co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.Nesta sexta edición, o tema elixido é Ler as idades da vida, en torno ao cal xira boa parte dos textos e as autoras. Desde a Biblioteca Escolar homenaxeamos este 18 de outubro 2021 (e toda a semana) a estas autoras: File:Xela Arias.jpg Xela Arias: LG Enma Pedreira.jpgRosa Aneiros (AELG)-2.jpg Emma Pedreira, Rosa Aneiros: LG File:Marilar Aleixandre. Foto da AELG 2.jpg Marilar Aleixandre: LG Manifestación contra el Toro de la Vega. Rompe una Lanza 2014 (65).jpg Rosa Montero: LC Anisia Miranda | Álbum de mulleres | culturagalega.orgAnisia Miranda: Cultura clásica NSanmartin.jpg Natalia Sanmartín: Relixión 320px-Gabriela_mistral_.jpg (320×180)Gabriela Mistral: LC Deborah Garcia Bello.jpg Deborah García Bello: FQ e Bioloxía Laura Nsafou 3.jpg Laura Nsafou: Francés Mary Beard UC3M 2017 (cropped).JPGMary Beard: Latín O Día das Escritoras na Biblioteca escolar: Ademais, para celebrar esta data, encargamos os seguintes títulos de autorAS, que contribuirán á ampliación e diversificación dos nosos fondos (chegarán próximamente, se non o fixeron xa): Este libro, de Selene M. Pascual é un orixinal e interesante conto alegórico sobre os demos internos, a depresión e a saúde mental. "Uno apenas mide un palmo y no parece peligroso. Dos es enorme y pesa una tonelada. Tres tiene los ojos amarillos. Cuatro una larga cola con anillos de colores. Cinco es especialista en susurrar al oído. Seis no deja de llorar. Siete parece pequeñito, pero puede hacerse grande como una bombilla. Grande como una pelota de fútbol. Grande como..." Ed. Nube de tinta, 2021. Ler máis. Un conto da estradense Natalia Sanmartín. Ed. Planeta, 2021. «Mi madre creía en las hadas y en los dragones, decía que creía en todos esos seres legendarios que la memoria de los hombres no recuerda ya. No es que estuviese segura del todo. No creía en las hadas del mismo modo en que creía en Dios, en la Virgen o en los santos. Solo decía que podían haber existido cuando el mundo apenas estaba en pañales...». Ler máis. SUPERGIRL FUERA DE LO COMÚN | 9788418359507 | MARIKO TAMAKI - JOELLE JONES | Universal Cómics Reedición deste cómic de Mariko Tamaki, na ed. Hidra/Medusa. "Kara Danvers es superfuerte. Puede volar. Aterrizó en la Tierra montada en una nave espacial. Pero ganar su próxima carrera, celebrar su decimosexto cumpleaños y sobrevivir a su última mega espinilla son sus mayores preocupaciones. Y con ayuda de sus mejores amigas y sus afectuosos padres adoptivos, quizá pueda dejar atrás por fin esos extraños sueños que parecen recuerdos fragmentarios de otro mundo..." Madame Maravilla tiene respuestas para todo. Eds. Urano, 2021. "¿Alguien hace un comentario fuera de lugar y te pones roja de vergüenza? ¿Te hablan mal y la ira te deja sin palabras? ¡Ya es suficiente! A veces nos quedamos paralizadas por este tipo de confrontaciones y no somos capaces de reaccionar. La buena noticia es que la capacidad de réplica se puede aprender." Ler máis. Un libro de Donna Denomme, unha muller que coñeceu graves abusos na súa infancia, e que con este libro nos mostra que é posible levantarse, dar un xiro positivo á vida e aínda mellor, axudar aos demais a atopar o camiño. "La autora compara nuestro cuerpo con el caparazón de una tortuga, en cuyo interior existe un lugar de seguridad, confianza y paz, y nos enseña que siempre debemos seguir adelante y superar los obstáculos, al igual que las tortugas, que avanzan con paso lento pero firme." Ed. Books4pocket, 2021. Ver máis (vídeo). A lóxica como escudo nunha sociedade ilóxica. Mejor Pensar - Cheng Eugenia Eugenia Cheng nos mostra como as matemáticas e a lóxica nos poden axudar a ver as cousas dun modo máis claro. "¿Verdad que sería útil que todos pudiéramos pensar de manera más clara? ¿Que pudiéramos distinguir entre realidad y ficción, entre verdad y mentira? El mundo está atestado de discusiones horribles, conflictos, divisiones, fake news, victimismos, explotaciones, prejuicios, fanatismos, culpabilidad, gritos y una limitada capacidad de concentración. Cuando el meme de un gato capta más atención que un asesinato, ¿significa que la lógica ha muerto?" Ed. Blackie Books, 2021. OLYMPIA 8 :BARRAS Y ESTRELLAS | ALMUDENA CID | Casa del Libro Un libro da serie Olympia, da coñecida ximnasta artística Almudena Cid. Ed. Alfaguara. "Olympia es una chica muy especial,y es que tiene un sueño por el que luchará más allá de lo imposible: Olympia quiere ser gimnasta olímpica..." Maneras de irse, de Sònia Hernández. Acantilado, 2021. Ler máis. Maneras de irse | Editorial Acantilado "Este volumen reúne trece relatos que nos hablan de las diversas formas de la pérdida, la que acaece con el paso de los años, la muerte de los seres queridos o la sensación de extrañamiento del mundo. Todos ellos son distintas expresiones de la sensibilidad que empuja constantemente a la narradora a la escritura, y a su vez homenajes íntimos a personas que perviven en su memoria o a lugares a los que la añoranza le permite volver." Mujeres Del Alma Mia - Allende IsabelMujeres del alma mía, de Isabel Allende. Debolsillo, 2021. "Isabel Allende bucea en su memoria y nos ofrece un emocionante libro sobre su relación con el feminismo y el hecho de ser mujer... En Mujeres del alma mía la gran autora chilena nos invita a acompañarla en este viaje personal y emocional donde repasa su vinculación con el feminismo desde la infancia hasta hoy." Ler máis. Traballos sobre o Día das Escritoras: Estes son algúns dos traballos feitos polo alumnado de ITI para a ocasión. 18-O Dia das escritoras 2021.pdf http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslamascastelo/system/files/18-O%20Dia%20das%20escritoras%202021.pdf 162.47 KB Dia escritoras 2021-E Poniatowska.pdf http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslamascastelo/system/files/Dia%20escritoras%202021-E%20Poniatowska.pdf 131.31 KB 18-O Día Escritoras-ITI1º.pdf http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslamascastelo/system/files/18-O%20D%C3%ADa%20Escritoras-ITI1%C2%BA.pdf 177.39 KB Día das Escritoras 2020 Gráfica Día de las Escritoras A Biblioteca Nacional de España celebra a quinta edición do Día das Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Ejecutivas, Profesionales e Empresarias (FEDEPE) y coa Asociación Clásicas e Modernas co obxectivo de reivindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia. Este ano celebramos por vez primeira no noso centro o Día das Escritoras, que será o vindeiro luns 19 de outubro. Unímonos así á iniciativa da BNE e secundada polas Bibliotecas Escolares galegas, preparando para a ocasión unha serie de textos de escritoras diversas que serán lidos e traballados dende varias materias e departamentos didácticos. Nesta quinta edición, o tema elixido é O esforzo cotián das mulleres, e nalgunha das actividades preparadas dende o Equipo de Biblioteca, ceñímonos máis estreitamente a esta temática, aínda que noutras, por necesidades de axustarnos aos temarios das materias, demos preferencia ao coñecemento a través da lectura das escritoras propostas. Velaquí a lista das nosas homenaxeadas: Na aula: Emilia Pardo Bazán: LC, Oratoria Anisia Miranda: LG, Cultura Clásica Patricia Highsmith: Bioloxía Teresa de Jesús: Relixión P. Highsmith, Ana María Matute e Luisa Carnés: V. Éticos Delphine de Vigan, Tatiana de Rosnay e Muriel Barbery: Francés O desequilibrio entre escritores/-as (artigos): ITI Na rede : Video Día de las Escritoras (Muy Historia) Bibliotecas Escolares de Galicia: Día da Escritoras 2020 BNE: Día de las Escritoras 2020 Artigos : Grandes escritoras de la historia Escribir una obra bajo un pseudónimo masculino hace que sea 8 veces más publicable Noutras bibliotecas: Biblioteca Nacional de Francia (BNF): Femmes de lettres Eugène-Samuel Grasset, Dix estampes décoratives : Anxiété. G. de Malherbe, 1897 Do Día das Escritoras ao Día das Bibliotecas (24 outubro) – O peso da representación feminina nos libros Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares, 24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas. Este ano, dende o Equipo de Biblioteca do noso centro, imos continuar a celebración da figura da muller no mundo do libro, estendendo o Día das Escritoras ata a semana do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, fusionando coñecemento da biblioteca escolar, formación de usuarios e toma de conciencia do papel das escritoras nela. Para iso, e dende as materias de ITI e V. Éticos, estamos a facer o reconto pormenorizado de todos os fondos da nosa biblioteca, (ver ficha) desglosando entre autores (homes) e autoras (mulleres), coa fin de obter unhas estatísticas dos materiais dos nosos andeis que se poderán contrastar coas do Ministerio de Cultura e Deporte (Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN), para afondar na nosa análise e reflexión sobre a representación feminina na nosa biblioteca. (E, por extensión, no mundo do libro e da cultura, en xeral). Balkenwaage.jpgAnimamos dende esta perspectiva á revisión das porcentaxes de escritores e escritoras dos listados de lecturas das materias de LC, LG e LF coas xefas de departamento, e... podemos asegurar que o abismo presentouse claro, en maior ou menor medida. De ahí a tomar cartas no asunto, todo vai unido... polo que continuaremos ao longo de todo o curso visualizando ás escritoras, e levando a cabo (a situación así o esixe) unha política de discriminación positiva, a fin de reequilibrar un pouco a balanza.

AdxuntoTamaño
Día Escritoras 22LG 1º-2ºESO.pdf391.64 KB
Día Escritoras 22LG 3º-4ºESO.pdf272.86 KB
Día Escritoras 22LC 1º-2ºESO.pdf207.35 KB
Día Escritoras 22LC 3º-4ºESO.pdf221.16 KB
Día Escritoras 22ORATª 3ºESO.pdf168.51 KB
Día Escritoras 22 XeHª-2º.pdf225.5 KB
Día Escritoras 22 XeHª-3º.pdf141.14 KB
Día Escritoras 22 XeHª-4º.pdf141.21 KB
Día Escritoras 22 EPeAV.pdf503.41 KB
Día Escritoras 22 FR-1º.pdf268.83 KB
Día Escritoras 22 FR-2º.pdf271.66 KB
Día Escritoras 22 VALORES 3º4ºESO.pdf247.43 KB
Día Escritoras INGL-2022.pdf194.68 KB
Día Escritoras 22 CuCi-4ºESO.pdf204.43 KB
Día Escritoras 23LG 3ºESO.pdf346.78 KB
Día Escritoras 23LC 2ºESO.pdf232.17 KB
Día das Escritoras 2023LC-C Arenal.pdf242.19 KB
Día das Escritoras 2023LC-Pardo Bazán.pdf193.74 KB
Día Escritoras 23LC-Laforet 4ºESO.pdf207.78 KB


page | by Dr. Radut