Fin de curso 2016/17
O final do curso 2016/17 organízase da seguinte maneira:
- As actividades lectivas rematan o venres 23. Ese día realizaranse actividades especiais pero no horario habitual.
- As cualificacións seranlle entregadas a cada grupo o luns 26 na aula de titoría correspondente ás 11:00. As cualificacións non recollidas serán enviadas por correo ese mesmo día. Non hai transporte escolar.
- Devolución de libros: O alumnado que saiba que aproba todo, devolveraos o día 22 ou o 23. O resto devolverá os libros das materias aprobadas o día 26.
- O prazo de reclamacións comeza no momento de entrega das notas e esténdese até ás 10:00 do mércores 28. As resolucións ás reclamacións resólvense ese mesmo día.
- Horario de secretaría:
- xuño, de 9:00 a 14:00
- xullo, de 10:00 a 13:00h
- agosto, correo electrónico (ies.lamas.castelo@edu.xunta.es); teléfono (8818 67200 de 10:00 a 13:00)