Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Actividades 2016/17

1-. Celebramos o magosto

Para celebrarmos mellor o magosto podemos repasar o vocabulario asociado a esta festa cíclica e popular.

E para mostra, un botón:

Has de cantar, / que che hei de dar zonchos; / has de cantar, / que che hei de dar moitos… dille Rosalía á meniña gaiteira no comezo de Cantares Gallegos

2.-Asistencia ao teatro:

Cousas de Castelao interpretada pola compañía Os Quinquilláns no Auditorio de Cee. Asistiu todo o alumnado de 4º de ESO despois de ler o libro Cousas.

3.- Contacontos bilingüe inglés-galego

Sesión de contacontos con Sophie Haydal e Charo Pita, na bilblioteca do centro. Unha sesión para 1º e 2º de ESO; outra para 3º e 4º de ESO.

4.- O Día das Letras Galegas de Carlos Casares.

Colaboramos no Concurso de adiviñas sobre a vida e obra do autor, organizado entre o Equipo de Biblioteca, o EDLG e o noso departamento.

5.- Recital poético con Aldaolado

Durante as Xornadas Culturais, en maio, todo o alumnado e parte do profesorado asistiu ao recital poético de María Lado e Lucía Aldao, Aldaolado, no instituto.

 

 



book | by Dr. Radut