Grella de programación
L |
ITI News |
ITI News, toma o relevo neste curso do Son da Biblioteca, pero seguiremos traballando nela. O de "ITI" vén de Investigación e Tratamento da Información, e o equipo de redacción deste programa será todo o alumnado desta materia. Porén, os cerebros que definiron a estrutura do programa foron os alumnos e alumnas de 2º de ITI:Ainhoa, Alba, Aynara, Lucas, Lucía, e Marcos. Neste espazo irémosvos contando novas interesantes ou curiosas que iremos seleccionando de fontes diferentes: libros e revistas da nosa Biblioteca Escolar, xornais, ou da Internet. Estes son os temas que trataremos: CURIOSIDADES – CIENCIAS – NATUREZA – SAÚDE – GASTRONOMÍA – “TIC-nología” - CULTURA. |
|
M |
INVERSIÓN INFINITA |
Reemitimos os programas realizados polo profesor Potel no curso 2007-2008. Inversión infinita ofrécenos versións de temas coñecidos, o que servirá de pretexto para facer un percorrido pola historia de bandas míticas, cantantes esquecidos inxustamente, temas históricos ou de actualidade e anécdotas tanto dos artistas como das súas composicións. |
|
Me | COOL MUSIC |
É un programa de radio que vos ofrece música estadounidense, moderna, de actualidade. Con Alba, Lucía e María. Non vos fartaredes de escoitar as nosas cancións! Esperámosvos todos os mércores en Radio Areal 7, con algunha que outra sorpresa. |
|
X |
|
LAMASFM |
Lamas FM é un programa realizado por Denisse Lamela e Lara Senande. Emitímolo os xoves e nel ofrecémosvos topo tipo de estilos de música moderna, pero principalmente de reggaeton, rap e pop. |
V | |
|
É o programa de radio que imos cociñar entre todo o alumnado de Francés, pero especialmente o de 3º e os de 2º, con algo de axuda da profesora. |
é