Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Información xeral

Profesorado

Durante o curso 2024-25, imparte toda a docencia do departamento Mª Luz Barreiro Otero, xefa do departamento.

Presentación da materia

  A materia de Lingua Galega e Literatura ten como finalidade o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e está orientada aos seguintes aspectos:
-A aprendizaxe instrumental do idioma, por medio do traballo das catro capacidades básicas: entender, falar, ler e escribir de forma comprensiva.
-Capacidade para comunicarse correctamente nos distintos ámbitos de xeito oral e escrito.
-Comprensión da realidade sociolingüística de Galicia, adoptando unha actitude de aprecio cara á lingua e a súa aceptación social.

Os bloques de contidos tratados en todos os cursos son as técnicas de expresión escrita, a tipoloxía textual e as súas características, a reflexión sobre a lingua (ortografía, puntuación, morfosintaxe, léxico-semántica), sociolingüística e a linguaxe literaria. Estes bloques son tratados en todos os niveis e analizados con máis profundidade segundo é máis elevado o nivel cursado. A aprendizaxe de todas estas cuestións forma parte dunha tarefa que ocupa toda a etapa educativa e esténdese máis alá. Por este motivo, esta é unha
materia de avaliación continua.

En canto ao estudo da literatura, en 1º e 2º da ESO trabállase a introdución aos textos literarios e ás súas características, así como á análise dos principais tipos de textos da literatura tradicional (contos, lendas, refráns, adiviñas...). En 3º e 4º da ESO analízanse os distintos períodos literarios, os textos e os autores máis destacados de cada período. En 3º, estúdase a literatura desde a Idade Media aos inicios do século XX (1916) e en 4º, a literatura do século XX e XXI.

 

 Programacións

En breve, estarán aquí as programacións didácticas para o curso 2024-25

Lingua e Literatura Galega-1º ESO

Lingua e Literatura Galega-2º ESO

Lingua e Literatura Galega-3º ESO

Lingua e Literatura Galega-4º ESO

 

 

 



book | by Dr. Radut