Índice EDNLG

 Que(n) somos?

 Actividades

 Certames e concursos

 Ligazóns

         

Curso 2016/17: ACTIVIDADES

Asistencia ao teatro

Neste curso fomos dúas veces ao teatro:

Xaneiro: Cousas de Castelao, na versión da compañía Os Quinquilláns, no Auditorio de Cee

Marzo: Bicos con lingua de Talía Teatro na Casa da Cultura da Picota

Boletíns

Neste curso comezamos a emitir boletíns desde o EDLG para ir informando de actividades que facemos no centro ou publicitar cuestións interesantes relacionadas coa dinamización e a normalización lingüística.

Chamámoslle O Gherreiro pequeno porque pretendemos ir recollendo informacións que poden acabar aparecendo na revista anual do centro O Gherreiro.

O Gherreiro pequeno. Nº 1

O Gherreiro pequeno, Nº 2

Campaña: Que os meus aparellos falen galego!

 

Moitos dos aparellos que usamos a diario (os móbiles, as tablets, os portátiles, os computadores de sobremesa, os televisores...) poden configurarse para o idioma galego. Para iso debemos acceder á configuración de cada un deles e optar polo idioma galego.

Daquela, por que non o fas? Anímate a galeguizar o teu software! Con este simple xesto, colaboras na normalización da lingua, facendo visible un vocabulario tecnolóxico en galego, e dándolle máis espazos á nosa lingua.

 

 

 

Nas seguintes ligazóns vas atopar algunhas ferramentas que che poden axudar.

 Windows 7.- Paquete de idioma galego.

Windows 8.- Paquete de idioma galego.

Proxecto Trasno, con complementos para poñer o software en galego.

 

 

Día da Ciencia en galego

Desde hai uns anos  celébrase no 4 de novembro o Día da Ciencia en galego. Neste ano 2016, o cartel da campaña está dedicado a Mendel e as súas leis. Mais a celebración esténdese a todo o mes nas Bibliotecas Escolares e, con ese motivo, hai un manifesto elaborado pola arquitecta Isabel Aguirre de Urcola.

Para conmemorar esta data e reivindicar o dereito a usar o galego no ámbito científico desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística lanzamos unha actividade na que convidamos a participar a toda a comunidade educativa. Queremos elaborar a nosa Árbore da Ciencia. Para iso debuxamos unha árbore no vestíbulo do instituto e quen queira irá colgando unha folla. Nela, deberá escribir unha palabra en galego do ámbito científico  e, no envés, a súa definición.

 

 

 

 

 

Aproveitamos para divulgar algunhas ligazóns interesantes relacionadas coa ciencia:

  • GCiencia, O Portal da Ciencia
  • Código cero, diario tecnolóxico de Galicia
  • Efervesciencia, blog da Radio Galega no que se fala de Ciencia e no que se poden escoitar os programas de radio.
  • IGaciencia, blog sobre A prol da Ciencia Galega e do galego na ciencia.

III Concurso de fotografía: "Toponimia e paisaxe"

As bases da convocatoria do concurso están aquí

Revista O Gherreiro 2017

Despois de todo un curso de traballo, por fin, chegamos ao remate e para poñerlle o ramo, velaí a revista escolar. Agardamos que vos guste!

O Gherreiro 2016-2017

AdxuntoTamaño
Revista O Gherreiro 2017.pdf10.98 MB

Trípticos de novidades discográficas e bibliográficas

Aquí vos deixamos varios trípticos con recomendacións de materiais en galego. Están elaborados en colaboración co Equipo de Biblioteca do instituto e todos os materiais citados tédelos á vosa disposición para préstamo.

Tríptico de Nadal 2016

Tríptico de abril 2017

Tríptico de verán 2017

Curso 2017/18: Actividades

.

A palabra da semana

Neste curso botamos a andar unha campaña, A palabra da semana, para dar a coñecer palabras novas ou para fixar a súa escrita correcta. Cada semana publicamos esa palabra nos mesmos lugares: nos corredores do instituto, no vestíbulo, na cafetaría, na sala de atención ás familias, na biblioteca, na sala do profesorado... para achegala a toda a comunidade educativa. Cada semana é un alumno ou alumna do EDLG quen se ocupa de escoller a palabra e darlle forma ao cartel.

Aquí está o primeiro deles. E abaixo, o modelo que usamos.

AdxuntoTamaño
Palabra da semana-modelo.odt120.85 KB

Boletíns

Campañas de sensibilización

Boletíns

No curso pasado comezamos a editar un boletín do EDL, O Gherreiro pequeno,  e neste curso continuamos. Este é o primeiro deste curso:

Boletín nº 3

Campaña de carteis: colocación pronome átono

Fixemos unha campaña con carteis para animar a colocar ben o pronome átono. Para iso, usamos unhas viñetas que rescatamos da Coordinadora galega de equipos de dinamización da lingua galega e que nos resultaron cómicos. Un deles é este.

Os carteis colocámolos en todas as aulas do instituto e nas dependencias máis frecuentadas por todas as persoas que formamos a comunidade educativa.

Campañas de sensibilización

AdxuntoTamaño
Carta Inditex.odt16.91 KB

IV Concurso de fotografía: "Fotografando Carnota e a súa contorna"

Imos ao concerto de Xoán Curiel

O venres 23 de marzo imos á Picota para asistir a un concerto de Xoán Curiel. O espectáculo vai dirixido ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO do noso IES, do IES As Insuas (Muros) e do CPI A Picota (Mazaricos). 

No concerto teremos a oportunidade de escoitar a este artista (músico, compositor, bailarín e actor) galego para coñecer mellor a súa obra. Neste arquivo tedes algunhas das letras das súas cancións, por se queredes levalas aprendidas xa. 

 

AdxuntoTamaño
Caderno Curiel.pdf669.33 KB

Revista O Gherreiro 2018

Logo do traballo de todo un ano, aquí vos deixamos a revista deste ano: O Gherreiro 2018. Agardamos que vos guste e para o ano que vén, agardamos poder facela de novo.

Visitamos o Pergamiño Vindel

O 21 de decembro de 2017 fomos a Vigo para visitar o Pergamiño Vindel, exposto no Mar de Galicia  (Vigo). A actividade foi dirixida a todo o alumnado do centro.

 

Curso 2017/18: Certames e concursos

.

Curso 2018-19: Actividades

A palabra da semana

Neste curso continuamos coa campaña, A palabra da semana, para dar a coñecer palabras novas ou para fixar a súa escrita correcta. Cada semana publicamos esa palabra nos mesmos lugares: nos corredores do instituto, no vestíbulo, na cafetaría, na sala de atención ás familias, na biblioteca, na sala do profesorado... para achegala a toda a comunidade educativa. Cada semana é un alumno ou alumna do EDLG quen se ocupa de escoller a palabra e darlle forma ao cartel.

Antonio Fraguas, Día das Letras 2019

Aquí podes atopar moita información para saber máis do autor homenaxeado este ano.

Telexornal Antonio Fraguas, elaborado  no CPI dos Dices-Rois, da man de Luís Aldegunde.

Páxina da Real Academia Galega, dedicada ao autor

 

Difusión de actividades de interese: 21 días co galego e +

Actividade de normalización da lingua galega iniciada pola profesora Pilar Ponte no instituto da Pobra do Caramiñal e que se vai estendendo a outros centros de Galiza.

Con esta actividade preténdese que alumnado que non fala habitualmente non fala en galego se comprometa a falalo durante 21 días ou máis. Para axudar,  cada día van colgando materiais en galego asociados a distintas temáticas. O alumnado participante tamén fai gravacións contando a súa experiencia. Abaixo, a listaxe das temáticas:

 

 

 

Difusión de noticias de interese: Bússola Literária

 

Un mapa presenta os recursos sobre o portugués en Galicia. Se consultades o mapa podedes ver como nós tamén formamos parte, porque nós puxemos Carnota no mapa do portugués!
Bússola Literária xurdiu como un traballo de clase de Filoloxía Portuguesa. 


 

O Galego, a miña lingua propia

O día 1 de outubrode 2018 teremos no IES Lamas de Castelo dúas actividades de dinamización da lingua galega, que nos ofrecen o Servizo de Normalización Linguïstica do Concello de Carnota e a Deputación da Coruña, dentro da Campaña "O Galego, a miña lingua propia".

1. Obradoiro de Graffiti e muralismo con Mutante Creativo

Destinatarios: 1º ESO. Toda a mañá (divididos en dous grupos) no ximnasio.

2. Obradoiro Xogando coa moda ética con Cestola na cachola

Destinatarios: 3º ESO. Aula

Pódese ver máis información sobre as actividades nesta ligazón (en concreto, nas páxinas 14 e 15).

E aquí, o resultado das actividades.

AdxuntoTamaño
Fichas_actividades._O_galego_a_mina_lingua_propia.pdf6.95 MB

Revista O Gherreiro 2019

En breve, poderedes ver aquí a revista deste ano, O Gherreiro 2019.

AdxuntoTamaño
o-gherreiro-2019-v-web-bitmap.pdf9.84 MB

Teatro-Concerto coa Orquestra Chévere

En xaneiro fomos ao Concello de Carnota para asistir a un espectáculo que combina teatro e música. A compañía Chévere e a súa montaxe I'll be watching you (Hei estar vixiándote) analizaron as letras de cancións de moda e fixeron as súas versións en galego. Máis alá dunha actividade que pretendía tratar o tema da violencia de xénero tamén é unha actividade normalizadora da lingua galega.

V Concurso de fotografía

Este ano o concurso de fotografía vai dirixido cara á "Fotografía etnográfica", pois queremos enlazar o traballo de investigación e etnografía, coincidindo coa figura de Antón Fraguas ser homenaxeada co Día das Letras Galegas 2019.

As bases do concurso poden consultarse aquí.

AdxuntoTamaño
Convocatoria V Concurso de fotografía.pdf258.95 KB

Curso 2019-2020: Actividades

A nosa galeguiña dinos...

Esta é unha campaña para divulgar a nosa fraseoloxía e foi deseñada por Oliva Marcote Pérez, unha alumna do EDLG. Ten unha periocidade quincenal e distribúense os carteis por todo o centro.

Abaixo tedes algúns exemplos.

AdxuntoTamaño
ANosaGaleguiña1.pdf132.08 KB
ANosaGaleguiña5.pdf105.1 KB

A palabra da semana

Un ano máis continuamos con esta actividade, pois foi o alumnado do EDLG quen quixo mantela. Aquí está o modelo que utilizamos. E abaixo algúns exemplos.

AdxuntoTamaño
Cádigo.pdf208 KB
Regueifa.pdf164.05 KB
Falacia.pdf157.51 KB

A palabra máis fermosa do mes

Esta é unha campaña que combina palabras e xogo. Foi deseñada por unha alumna do EDLG e ten periodicidade mensual. Colócanse tres imaxes e tres conceptos e cómpre relacionalos. A solución publícase co cambio do seguinte cartel.

Abaixo tedes algún exemplo.

AdxuntoTamaño
Palabra FERMOSA mes1.pdf141.75 KB
Palabra FERMOSA mes4.pdf393.63 KB

ANULADAS as axudas para os proxectos de fomento do galego nos centros de ensino

O martes 9 de xuño todos os EDNLG de Galicia recibimos un correo dos Gabinetes de Normalización Lingüística para informarnos de que quedan anuladas as axudas para os proxectos de fomento do galego neste curso e que a orde sairía publicada no DOG o xoves 11.

Aquí o correo recibido:

Á/A do/acoordinador/a do centro

Bo día,

Este ano, por mor da pandemia ocasionada pola COVID-19, as convocatorias de proxectos de fomento do uso do galego están afectadas pola suspensión de actividades docentes dende o día 13 de marzo. Tendo en conta tamén que non se vai proseguir a actividade docente do curso 2019-2020, as propostas previstas nestes proxectos non se poden realizar, agás actuacións puntuais que se puidesen desenvolver ata esa data.

Nestas circunstancias, a Secretaría Xeral de Política Lingüística vese na necesidade de deixar sen efecto as dúas convocatorias. Por iso, o próximo xoves día 11, está prevista a publicación no DOG da Orde pola que se anulan as dúas convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos e nos centros privados.

Non obstante cómpre que teñan en conta estas dúas cuestións:

- Por unha banda, os proxectos presentados poden alegarse para a convocatoria do curso 2020/2021, coas adaptacións ou modificacións que se precisen e que se presentarán por medio dunha addenda.

- Pola outra, preténdese que os centros non asuman os custos das actividades que se fixeron no período comprendido entre a reincorporación das vacacións de Nadal e o 13 de marzo (período lectivo presencial) e aquelas que, na etapa de ensino a distancia, estean vinculadas especificamente aos proxectos do fomento do uso da lingua galega que, no seu momento, se teñan presentado. De concorrer estas circunstancias, terían que achegarnos a este gabinete as facturas dos ditos gastos. Estas facturas serán emitidas a nome da Secretaría Xeral de Política Lingüística, NIF: S1511001H, R/San Roque, 2, 15704 Santiago de Compostela.

Un cordial saúdo,

Gabinete de Normalización Lingüística

Consellería de Cultura e Turismo

 

Ante as críticas de moitos EDNLG, da MNL, dos sindicatos e de moitas outras persoas, despois da publicación da orde no DOG o xoves 11, enviaron un segundo correo con algunhas directrices un tanto contraditorias. O correo aquí:

 

Bo día,
Como lles adiantamos hai uns días, hoxe publicouse no DOG a Orde pola que se anulan as dúas convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso do galego para os centros públicos e centros privados.
Non obstante cómpre que teñan en conta estas cuestións:
- Os proxectos presentados poderán alegarse para a convocatoria do curso 2020/2021, coas adaptacións ou modificacións que se precisen e que se presentarán
a travésdunhaaddenda.

- Non é preciso enviar memoria.

- Por outra banda, preténdese que os centros non teñan que asumir os custos das actividades que se indicaron especificamente nos proxectos do fomento do uso da lingua galega e se realizaron no período comprendido entre a reincorporación das vacacións de Nadal e o 13 de marzo (período lectivo presencial) e na etapa de ensino a distancia.

De teren gastos relativos a estes dous supostos, poderán remitir a este Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña as facturas correspondentes atao15 de xullo de 2020.

Deberán seguir estas indicacións:

1. Achegarán as facturas orixinais.
2. Serán emitidas a nome da Secretaría Xeral de Política Lingüística, NIF: S1511001H, R/San Roque, 2, 15704 Santiago de Compostela.

3. As facturas non poderán superar o custo previsto no proxecto presentado nin as contías máximas, que se estableceron na base 10 da Orde de convocatoria.

4. Esta documentación xustificativa quedará suxeita á posibilidade de quea Secretaría Xeral de Política Lingüística solicitecertificacións, memorias ou informescomplementarios.

5. A dita xustificación comprenderá facturas emitidas no período comprendido entre o día 1 de xaneiro de 2020 e a data de remate do curso escolar.

6. As facturas terán que incluír material funxible e non inventariable.

Un cordial saúdo,

Gabinete de Normalización Lingüística

Consellería de Cultura e Turismo

 

Máis información na páxina da propia SXPL: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/transparencia/axudas-e-subvencions/_/convocatoria_0044/axudas-proxectos-fomento-uso-galego-centros-publicos

Denuncia dos feitos por parte da CIG-Ensino, sindicato maioritario no ensino: https://www.cig.gal/nova/a-cig-ensino-denuncia-a-anulacion-das-axudas-para-proxectos-de-fomento-do-uso-do-galego.html

Interpretación do ocorrido no blog Carta xeométrica: https://cartaxeometrica.blogspot.com/2020/06/aniquilacion-da-normalizacion.html

 

Concurso de fotografía

Este ano convocamos o Concurso de fotografía coa proposta de remexer nas fotos do pasado para nos decatar de Como Cambiamos!

Agora que tedes tempo para estar na casa, procurade fotos vellas da vosa casa, da familia, dos vosos lugares, dunha festa, dun casamento, dunha obra  de renovación dunha casa, dunha estrada...Pedídelles aos vosos maiores as fotos de antes e vós facedes as de agora. Observades a foto vella, fotografiádea e despois facedes a vosa foto orixinal, a actual, representando a mesma historia.

Cando teñades as dúas fotos listas (a de antes e a de agora), redactades un texto breve (entre 3 e 6 liñas) explicando o porqué desa escolla e o cambio que se observa. Enviadeas ao enderezo electrónico da revista do instituto, revistaogherreiro@gmail.com

Animádevos a participar no concurso!

AdxuntoTamaño
Convocatoria VI Concurso de fotografía.pdf158.86 KB

Concurso de fotografía

Este ano convocamos o Concurso de fotografía coa proposta de remexer nas fotos do pasado para nos decatar de Como Cambiamos!

Agora que tedes tempo para estar na casa, procurade fotos vellas da vosa casa, da familia, dos vosos lugares, dunha festa, dun casamento, dunha obra  de renovación dunha casa, dunha estrada...Pedídelles aos vosos maiores as fotos de antes e vós facedes as de agora. Observades a foto vella, fotografiádea e despois facedes a vosa foto orixinal, a actual, representando a mesma historia.

Cando teñades as dúas fotos listas (a de antes e a de agora), redactades un texto breve (entre 3 e 6 liñas) explicando o porqué desa escolla e o cambio que se observa. Enviádeas ao enderezo electrónico da revista do instituto, revistaogherreiro@gmail.com

Animádevos a participar no concurso!

AdxuntoTamaño
Convocatoria VI Concurso de fotografía.pdf158.86 KB

Concurso literario Scórpio

No ano de Ricardo Carvalho Calero a AGAL convoca o Concurso literario Scórpio aberto a todo o alumnado de secundaria.

Se alguén se anima a participar, debe escribir un relato seguindo as bases do concurso. 

Para coñecerdes  máis da novela Scórpio, lede esta entrada na Galipedia. Tamén aquí, no Portal das Letras.

 

 

Día das Letras Galegas: Queremos galego

Este 17 de maio de 2020 píllanos confinados nas casas, mais están xurdindo moitas maneiras de desconfinarmos a lingua.

Velaquí a proposta da Plataforma Queremos Galego e con ela o Manifesto elaborado pola profesora Mª Pilar García Negro.

Pero hai moitas outras, nas que podedes colaborar desde as vosas redes sociais utilizando os seguintes cancelos.

#PrecisamosDoGalego

#QueremosGalego

#17demaio

#EuFaloGalego : o domingo 17 de maio ás 12 h, fagamos que sexa Trending Topic. Anímadevos a chiar!

#LetrasGalegas2020

#DíadasLetrasGalegas

#RicardoCarvalhoCalero

 

E tamén nestoutras, onde podedes ser moi creativos:

 

#retorefraneiro

#debuxaunrefrán

#retopoesíaenimaxes

En todo caso, celebremos as letras usándoas sempre, no día a día, e un deles é o 17 de maio.

 

Día das Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero

Despois de pasar 30 anos agardando por esta homenaxe, a celebración do Día das Letras Galegas para don Ricardo Carvalho Calero chegou, mais tivo a mala sorte de cadrar co coronavirus e todo o que iso conleva. Mais, sexa como for,  a celebración farémola desde as casas, desde as aulas virtuais, desde as xanelas das nosas casas, con creatividae e con unha única función: conmemorar a vida e a obra dun persoeiro imprescindible nas nosas letras.

  • E como non, queremos destacar o Telexornal Carvalho Calero, elaborado un ano máis polo alumnado e o profesorado do departamento de Lingua Galega e Literatura do CPI dos Dices, un clásico xa desta celebración. Moitas grazas por compartilo con toda a comunidade.

- Ligazón á exposición A voz presente: un resumo moi gráfico e sintético da súa vida.

Día do Libro: libros en galego

Aínda que confinados, o 23 e abril segue a ser o Día do libro e é un bo motivo para ler e/ou animar a ler en galego!!!

Se non tedes na casa ningún libro que vos apeteza, tedes aquí unha boa selección feita pola Asociación .gal: páxinas nas que poder ler en liña ou descargar libros, ligazóns onde escoitar fragmentos de obras nas voces de autores e autoras.... Non hai disculpa e gozade coa lectura!!!

Tedes a rede chea de actividades variadas e creativas que xiran arredor dos libros, entre elas a historia que crea a escritora e profesora Mercedes Queixas Zas a partir de títulos de obras. Animádevos e facede o voso!

 

 

Música en galego

Deixamos aquí dúas recompilacións de música en galego. Agradecemos a Elia e a Nel a xenerosidade ao compartilas libremente para que as quixer usar.

1. Música en galego (pequena guía) elaborada por Elia Lago. Pinchade nas ligazóns e escoitades as cancións.

2. 30 propostas de música en galego actual que tes que coñecer, elaborada por Nel Vidal Barral. Podes ver o vídeo  e logo facer actividades en Educaplay ou Kahoot. E agora, a cantar en galego!

3. "O maio" de Curros Enríquez nunha versión ben moderna con voces novas da canción galega promovido polo Consello da Cultura Galega.

 

Traballamos coa regueifa

Comezamos a traballar coa regueifa nos recreos e fixemos algúns ensaios nalgunhas sesións das clases de Lingua Galega.

Se queredes informarvos un pouco máis, podedes ver estas ligazóns. Ide practicando que á volta das vacacións, retomamos!

1-. A regueifa. A historia

2.- Regueifa 1: do blog A profa

3.- Proxecto Regueifa do CPI de Coristanco.

4.- Exemplos destacados:

5.- Regueifa expansiva en tempos de crise: Ligazón moi interesante no portal educativo Aulas galegas.

6.- Entevista á regueifeira Alba María.

7.- O concurso ENREGUÉIFATE xa ten as regueifas premiadas. Podes saber máis e escoitalas aquí.

Curso 2020-2021: Actividades

A palabra máis fermosa do mes

Continuamos coa campaña que botamos a andar no curso pasado, A palabra máis fermosa do mes. Esta actividade combina palabras e xogo e ten periodicidade mensual.

Colócanse tres imaxes e tres conceptos e cómpre relacionalos. A solución publícase co cambio do seguinte cartel. Abaixo tedes o primeiro de todos.

Ao longo do curso esta actividade foi mudando, para A palabra máis polémica ou curiosa do mes. Tedes abaixo tamén unha mostra.

 

AdxuntoTamaño
PalabraFERMOSANov.pdf195.62 KB
Zorra.pdf256.52 KB

AQUELANDO POEMAS de/para Xela Arias

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2021 convocamos unha actividade para coñecer mellor á autora homenaxeada: Xela Arias.

Convidámosvos a ler a súa obra e recreala "AQUELANDO POEMAS". Para iso, presentamos tres propostas ou modalidades:

  • Modalidade 1 (M1): Debuxar ou ilustrar un poema, segundo o que vos suxira.
  • Modalidade 2 (M2): Escribir a partir dun poema dela, ben sexa un novo poema ou un texto breve en prosa.
  • Modalidade 3 (M3): Gravar un poema de Xela coa vosa voz, practicando antes para conseguirdes unha boa dicción e entoación.

Prazo de entrega: ata o 20 de maio

Como entregar os traballos:

Para as modalidades 1 e 2 (M1 e M2), habilitarase unha caixa na biblioteca e nela introduciredes o voso traballo dentro dun sobre identificándoo do seguinte xeito:  AquelandoM1 ou AquelandoM2 e os vosos datos: nome, apelidos e curso.

Para a modalidade 3 (M3) gravades o voso poema co gravador de voz do teléfono móbil e poñédeslle o nome: AquelandoM3.nomeapelidos.mp3 e enviádelo ao correo do EDLG (revistaogherreiro@gmail.com).

Os dous mellores traballos de cada modalidade serán publicados na páxina no centro, no espazo do EDLG e haberá algún detalle para os traballos ben presentados (en tempo, en forma e calidade) segundo as instrucións.

Animádevos a participar e aquelade moitos poemas!!!!

Deixamos aquí unha mostra das vosas achegas.

 

Aquí tedes varios materiais sobre Xela que vos poden axudar:

 

Charlas polo galego: LGx15 da CTNL

A Coordinadora de Traballadoras e Traballadores pola Lingua fai este ano as xornadas LGx15 totalmente virtuais e, durante unha semana, van ofrecer unha charla diaria. Charlas en galego de persoas que contan a súa experiencia coa lingua co obxectivo de dinamizala e son impartidas por persoas de distintos ámbitos:

Ángel Carracedo, médico xenetista. "O galego na miña vida"

Esther Estévez, xornalista na TVG. "E falarei como eu queira, ou?"

Adrán Dios, deportista. "Sempre coa lingua fóra: usando o galego no deporte"

Beatriz Campos, actriz. "En galego, dende o berce".

Laura Marín. "O camiño para volver ó galego"

Manuel Gago, profesor e xornalista. "Levo milenios de memoria entre os meus beizos"

Verto (Alberto Mira e Fernando Peleteiro). "Música pop e normalización lingúística".

Animádevos a escoitalas que son ben interesantes!

 

Día das Letras Galegas con Serafín Marcos

O mércores 12 de maio tivemos unha actividade no centro para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021 de Xela Arias e, con ela, inauguramos as actividades das Xornadas Culturais.

Serafín Marcos tróuxonos o seu espectáculo "De Carvalho Calero a Xela Arias" e, loitando contra as restricións da COVID e as condicións meteorolóxicas, conseguimos desfrutar todos xuntos no patio. Serafín deulle vida a algúns dos poemas de Xela, falounos da súa vida e traxectoria, así como da de Carvalho Calero. Aprendemos algo, rimos un pouco e prestounos.

Longa vida ás letras galegas!! Que continúe o espectáculo!

Se queredes, tedes aquí unha pequena mostra fotográfica.

Día das letras galegas 2021: Xela Arias

Este ano 2021 homenaxeamos a Xela Arias, unha poeta ben moderna e rompedora que faleceu moi nova e que agora está a xerar moita actividade ao seu redor, malia estarmos en época pandémica. Son moitas as recreacións, actualizacións, publicacións de obras súas ou sobre a súa obra, todas elas para dala a coñecer ou para actualizar o seu legado. Xela  Arias foi poeta, tradutora, editora, correctora de textos, profesora e tamén narradora. Unha activista cultural indiscutible que hoxe podemos coñecer mellor.

Xela é a quinta muller que recibe esta homenaxe nos 58 anos de existencia da celebración, o cal nos indica a desigualdade total que existe entre homes e mulleres aínda hoxe.

Para coñecérmola mellor, recomendamos ler e ver algúns dos materiais que van aparecendo ao longo do ano e que iremos actualizando:

-O espazo dedicado á autora na páxina da Real Academia Galega, organismo que organiza a celebración. Nesta podemos acceder a publicacións variadas, artigos na prensa, reedicións de obras, vídeos divulgativos sobre Xela e a súa obra...

-O artigo dela no Álbum das mulleres do Consello da Cultura Galega, con poemas, fragmentos de entrevistas...

-O artigo na páxina da Asociación de Escritores e Escritoras en lingua galega (AELG).

-No Portal das letras, a Xela Arias tradutora.

-Serie documental "Xela Arias, a palabra esgazada" con vídeos moi claros sobre a autora nas súas múltiples facetas.

-Colección de cancións ("Hasme oír") a partir dos seus poemas e musicadas por "A banda da Loba".

-O recompilatario que nos ofrece Aulas Galegas.

 

O EDLG, o departamento de Lingua Galega e a biblioteca escolar elaboramos unha pequena nota informativa sobre a autora, que se usará nas aulas de Lingua Galega e Literatura  para coñecela mellor, así como unha selección de poemas.Tamén, seguindo co costume de elaborar trípticos sobre a persoa homenaxeada de cada ano, velaquí o tríptico coa obra de Xela Arias.

 

E, como non, o Telexornal Xela Arias, elaborado polo CPI dos Dices, o vídeo que sempre agardamos e que tan xenerosamente nos ofrecen cada ano. Grazas e parabéns!

 

 

Taboleiro de Normalización Lingüística

O Taboleiro de Normalización Lingüística do noso IES ten dúas vertentes: unha física, o taboleiro de cortiza situado no corredor  de abaixo (contra a parede da biblioteca) e a virtual (neste espazo da páxina web). O taboleiro é un espazo onde publicitar noticias relacionadas coa normalización da lingua galega, coa finalidade de dalas a coñecer entre a comunidade educativa e que sirvan para informarse e /ou xerar debate.

 

Día das Letras Galegas 2020-adiadas: Don Ricardo Carvalho Calero

A homenaxe deste ano foi adiada como xa sabedes, por causa do coronovirus. Aínda así, quixemos recordar a Ricardo Carvalho Calero neste final de outubro e colocamos unhas pequenas notas sobre a súa vida e obra no taboleiro.

Dúas poetas galegas gañaron o Premio Nacional de Poesía 2020

Olga Novo e Alba Cid, recoñecidas e premiadas co Premio Nacional de Poesía 2020.

Tríptico de poetas galegas: febreiro 2021

En colaboración coa biblioteca elaboramos un tríptico sobre poetas galegas, desde Rosalía de Castro ás máis novas. Seleccionamos algúns dos libros e discos de poesía cantada por autoras de distintos títulos,

Queremos unir a poeta fundacional do noso sistema literario, Rosalía de Castro, coa autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2021, Xela Arias, e acompañadas de moitas outras autoras galegas, premiadas ou non, que teñen moita presenza e voz nas nosas letras agora mesmo: María Lado e Lucía Aldao (Aldaolado), Rosalía Fernández Rial, Olga Novo, Alba Cid ou Carmen Penim, entre outras.

O tríptico pretende conxugar a mesma filosofía da Campaña "Elas fano en galego" que lanzamos este curso desde o equipo e que pon en valor o traballo das mulleres galegas en galego, para fomentarmos a visibilidade e contribuír no Plan de Igualdade.

Achegádevos á biblioteca e pedide os libros ou os discos e lédeas, escoitádeas. Teñen moito que dicir!!

 

AdxuntoTamaño
TrípticoPoetas galegasFeb.2021.pdf705.06 KB

VI Concurso de fotografía

Lanzamos de novo o Concurso de fotografía co motivo Como cambiamos!

Lede as bases aquí e animádevos a participar. Bulide e mandádenos as fotos ata o 12 de marzo!!!

 

Rematado o prazo, o xurado emitiu o fallo do concurso. Podedes velo aquí, así como as fotos premiadas. e a entrega de premios.

AdxuntoTamaño
Convocatoria VI Concurso de fotografía.pdf190.65 KB
Fotos premiadas.pb_.pdf1.31 MB
EntregaPremios.pdf12.84 MB

Ás voltas coa lingua

Sabedes como é isto de andar "Ás voltas coa linghua*"?Funny Japanese Spitz.jpg

(*E si, vai así, escrito -GH-, para representar esa gheada, por veces brava, que é unha das nosas maiores características na fala)

Esta é unha iniciativa da Biblioteca escolar, que deu en estrear así o novo Dicionario de fraseoloxía galego-castelán, castelán-galego de Xerais, e de paso quitarlle o pó a outros dicionarios e libros de fraseoloxía, refráns e proverbios da nosa lingua galega que temos nela. Nela, alumnado variado do centro foi escollendo cadanseu dito, por curioso, por descoñecido ou sinxelamente porque nós o valemos!!

E... sabiades que estes carteis andan por algún escaparate do concello?

Velaquí os carteis en pdf que se foron creando:

 

AdxuntoTamaño
As voltas coa linghua-1.pdf411.16 KB
As voltas coa linghua-2.pdf388.72 KB
As voltas coa linghua-3.pdf344.16 KB
As voltas coa linghua-4.pdf218.38 KB
As voltas coa linghua-5.pdf355.71 KB

Curso 2020/21: Certames e concursos

-Concurso de Microrrelatos da Asociación Punto Gal e a Real Academia Galega.

Animádevos a escribir o voso microrrelato. Tedes aberto o prazo ao longo de todo o mes de febreiro.

Curso 2021-2022: Actividades

.

Aldaolado nas Xornadas Culturais

 

Esta é a terceira vez que veñen María Lado e Lucía Aldao ao noso centro co seu dúo artístico, Aldaolado. Convidarámolas no 2011 e no 2017 e, neste 2022, viñeron coa colaboración do Concello de Carnota, unha actividade para celebrar o Día das Letras Galegas co alumnado de secundaria.

Aldadolado é un proxecto artístico orientado á poesía escénica, co que fan recitais moi atractivos e onde a súa espontaneidade e complicidade quedan evidentes ante o público. Adoitan actuar en festivais, festas, centros escolares, teatros, bares e outros eventos. Levan actuando xuntas desde o 2005 e contan na súa historia con moitos espectáculos.

O recital que nos ofreceron foi moi do seu estilo, ao iren debullando un lote de historias mesturadas cos poemas e as cancións. Contáronnos como se fixeron poetas, como se fixeron amigas, como decidiron formar Aldaolado e como foi evolucionando o seu dúo. Entre conto e conto, recitaron os seus poemas propios ou os conxuntos e tamén cantaron cancións de Lucía ou versións de cancións ben coñecidas, para con elas explicarnos a colocación dos pronomes. E case ao final tamén nos cantaron a súa versión da historia de Elisa e Marcela, unhas mulleres adiantadas á súa época, nunha clara reivindicación feminista.

Malia a calor e o sol tan forte (case inesperado en maio) e o escenario e salón de actos improvisado, o recital foi moi ben valorado, tanto por elas coma por nós. Grazas María e Lucía, grazas ao Concello (a Ita, sempre), ás presentadoras Laura Fernández e Danna, a Antón na megafonía e ao atento público. Longa vida á poesía!

Aprendendo a regueifar

Levamos algún tempo dándolle voltas ao tema da regueifa, pero non dabamos arrancado. Por iso, este ano imos poñernos en serio e pedímoslle axuda á mellor mestra que podiamos ter, a regueifeira Lupe Blanco, a regueifeira de Coristanco, da que xa falamos na nosa campaña Elas fano en galego.

O luns 20 de decembro vai impartir un Obradoiro de regueifa para o alumnado de 1º e 2º de ESO. Será que temos regueifeiros e regueifeiras entre nós? Cremos que hai canteira por aquí, así que ídevos preparando e quentando as gorxas e a regueifar!

Se queredes coñecer un pouco a  Lupe Blanco, podedes escoitar esta entrevista en Nós Televisión:  "A regueifa é unha arma de construción" ou seguila no seu facebook Regueifando pola vida.  E tamén nesta entrevista na internet, no espazo A Lobeira today.

 

E, xa celebrado o obradoiro, deixámosvos aquí unhas presentacións do que fixeron en 1º ESO e en 2º ESO.

Parabéns!!!! Sodes unha potencia!!! Longa vida á regueifa e a practicar moito!!!! 

 

E o 1 de abril o alumnado de 2º de ESO baixou ao patio durante a clase de Lingua. A idea era participar na convocatoria do Manifesto regueifeiro "Non ás guerras", promovido polo colectivo Regueifesta.  A actividade foi moi improvisada, pois acababa de saír a convocatoria e non se puido ensaiar, pero mesmo así, quixeron participar e aquí deixamos a mostra.  Longa vida á regueifa e NON ÁS GUERRAS!

 

 

Aprendendo máis sobre a regueifa con Federico Luaces Fandiño, "O Fandiño" de Rebordelo

No curso escolar 2019-20 comezamos a traballar no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto de Carnota coa regueifa e xuntámonos en algúns recreos para empezar a ver en que consistía e a practicar un pouco.

Na primeira xuntanza, un alumno de 4º de ESO, Lois González Luaces, comentou que o seu avó fora regueifeiro e gaiteiro. E como non podía ser doutro xeito comezamos a investigar o tema. Falounos dunhas coplas do seu avó e puxémonos en contacto coa nai para pedirlle consentimento e axuda para a realización deste traballo. Mari Carmen Luaces ofreceuse amablemente a responder moitas preguntas e achegounos información ben interesante sobre seu pai, Federico Luaces Fandiño, sen a que sería imposible redactar este traballo.


Tiñamos pensado publicar o artigo na revista O Gherreiro do 2020, pero non a fixemos por causa da pandemia e o confinamento derivado da COVID-19. Non editamos a revista en papel nin no 2020 nin no 2021, e este ano decidimos facela en formato dixital, na aula virtual do centro. Con este fin, volvemos a poñernos en contacto con Mari Carmen para pedirlle autorización de novo, para rematarmos este traballo neste curso escolar 2021-22, no que aínda é alumno do centro o seu fillo menor, Anxo González Luaces, neto de Federico. Agradecemos moito a súa colaboración para podermos redactar este artigo e a presentación das súas coplas, que agora publicamos na revista dixital O Gherreiro 2022.

Agradecemos moito a colaboración de Mari Carmen, de Lois e de Anxo, para axudarnos a coñecer mellor ao seu pai e avó, "O Fandiño" de Rebordelo, gaiteiro e regueifeiro.

Longa vida á música, á improvisación oral e á regueifa!

 

 

AdxuntoTamaño
Federico Luaces Fandiño.pdf2.27 MB

CONCURSO: E ti, de onde vés sendo?

O Equipo de normalización e dinamización da lingua galega (EDLG) convoca un concurso para celebrar o Día das Letras Galegas:

"E ti, de onde vés sendo?"

Partindo da poesía de Florencio Delgado Gurriarán e o seu gusto pola toponimia, propoñemos esta actividade que combina toponimia e creación de poemas e relatos.

Pregúntalle á túa familia e veciñanza polos topónimos (e microtopónimos) do teu lugar e logo escribe un texto (poema ou relato) onde os utilices, facendo referencia ao que significan para ti.

Animádevos e participade!!! Bulide e entregade as vosas composicións na biblioteca ata o venres 13 de maio.

Tedes as bases aquí e a folla de participación.

 

AdxuntoTamaño
Concurso.bases_.pdf57.91 KB
Concurso De onde vés sendo.pdf40.11 KB

Domingo Villar colleu o último barco

 

 

Domingo Villar deixounos dun xeito traumático e repentino o 18 de maio e quedamos un pouco máis orfos e orfas. A súa repentina, inxusta e prematura morte (só tiña 51 anos) sorprendeu e fundiu na tristeza a todo ese equipo de lectores e lectoras fieis que conseguiu crear.

 

Foi un mestre da novela negra en Galicia e así está recoñecido no ámbito literario. Deixounos como legado o inspector Leo Caldas, ese personaxe protagonista que nos ennganchou  fortemente na súa triloxía formada por Ollos de auga (2006), A praia dos afogados (2009) e O último barco (2019), todos publicados en galego pola editorial Galaxia.Coma en todas as historias de misterio e intriga, Domingo Villar fíxonos esperar dez anos por esta última entrega que volveu triunfar. O seu último libro publicado foi Algúns contos completos (2021).

Correron ríos de tinta nas redes sociais e na prensa para darlle a despedida, para facer panexíricos sobre a súa vida e obra, para lamentar a súa perda e nós tamén lle quixemos dedicar esta última nota. Desde a beira do mar carnotán, grazas Domingo Villar, por escribires estas novelas tan envolventes.

Día da Poesía e Día de Rosalía nas aulas

Partindo da proposta daAELG para celebrar o Día de Rosalía 2022, na materia de Lingua Galega e Literatura (2º, 3º e 4º de ESO) estivemos traballando coa poesía nas aulas.

Para comezar lemos o manifesto elaborado nesta ocasión por Beatriz Maceda, para logo reflexionarmos sobre o seu significado. Despois,  traballamos cos haikus. a partir das palabras relacionadas co pensamento, as ideas, a liberdade... entre outras, seguindo un pouco o espírito da actividade deseñada. Pretendiamos sementar a creación poética no alumnado e demostrarlles que todos e todas poderían crear os seus haikus.

Deixamos aquí unha breve mostra dos escritos do alumnado.

Día das Letras Galegas 2022: Coñecendo a Florencio Delgado Gurriarán

Un ano máis chega o Día das Letras Galegas e con el unha homenaxe; neste caso, a Florencio Delgado Gurriarán.

Poeta nacido en Córgomo, Valdeorras, Ourense e exiliado en Portugal, Francia e definitivamente en México. É o poeta que puxo a súa comarca valdeorresa no centro da poesía, que levou a cultura do viño a todos os lugares nos que viviu. Poeta que xuntou a moitas persoas do exilio mexicano para faceren a importantísima revista Vieiros, unha xoia nacida no exilio durante o tempo da ditadura franquista.  Pero non só escribiu sobre a súa comarca, senón que tamén compuxo "Poemas mexicanos" utilizando unha linguaxe ben sonora, unha mestura ben musical entre o vocabulario galego e o mexicano, enriquecendo tamén así o seu rexistro literario.

Podemos atopar na poesía do autor moitas referencias tamén á música e ao baile, pois segundo din os seus coñecidos e familiares era moi alegre, musiqueiro, bailador e grande defensor da festa e así o demostran moitos dos seus poemas.

Se queredes coñecer máis da súa figura e obra, deixamos aquí unhas breves anotacións sobre a súa biografía e obra e unha selección de poemas seus.

Tamén podedes informarvos nestas ligazóns:

-A primavera das letras, elaborado pola Real Academia Galega, pensando en achegar este autor ao alumnado de Primaria e Secundaria.

-As letras de Florencio, proxecto valdeorrés dinamizador social e cultural do poeta Florencio Delgado Gurriarán

-Telexornal Florencio Delgado Gurriarán, elaborado no CPI dos Dices

-O portal da Lingua galega, con moita información e actividades realizadas noutros centros.

-Florencio, o podcast elaborado polo poeta valdeorrés Jorge Moral.

Recompilatorio de recursos sobre o autor elaborado por Pilar Ponte e Mar Pico no portal educativo Aulas Galegas.

Día de Rosalía: recital poético

No 23 de febreiro organizamos un recital poético e animamos a toda a comunidade educativa a participar no mesmo, para homenaxear a Rosalía de Castro, fixada xa definitvamanente nesta data.

Desde hai moitos anos vimos celebrando o Día da Poesía coincidindo co Día de Rosalía e coma todos os anos anteriores, desde o EDLG e a Biblioteca escolar coordinamos a organización e realización do mesmo. Este ano, que puidemos realizado de novo fóra das aulas, contamos coa colaboración do profesor de Tecnoloxía, membro tamén do EDLG, para a instalación da megafonía e micrófonos. Animáronse a ler moitas persoas, tanto do alumnado coma do profesorado e mesmo se animou unha nai, colaborando así tamén o sector das familias.

Se queredes ver aquí unha crónica fotográfica do recital.

Día do lector e da lectora: 3 de novembro

O día 3 de novembro é a data de nacemento do escritor Xosé Neira Vilas e coincidindo con esta efeméride conmemórase por primeira vez o Día do lector e da lectora, data recollida no Calendario do Libro e da Lectura 2021, cando se van cumprir seis anos do seu falecemento.

No IES Lamas de Castelo sumámonos a esta homenaxe e, ademais de ler textos seus nalgunhas aulas de Lingua Galega e Literatura, tamén preparamos unha lectura pública na biblioteca do centro que se celebrou durante o recreo. Alí colocamos unha mesa con moitos dos seus libros e un atril onde cada participante puido achegarse e ler un fragmento de Memorias dun neno labrego ou doutras obras súas. Así, léronse fragmentos de Memorias..., de Aquel neno, O cabaliño de buxo e tamén o prólogo de Contos vellos para rapaces novos.

Por cadrar cunha data próxima ao magosto, houbo menos público do esperado, xa que estamos en plena etapa de preparación do xogo do pitcher, o deporte estrela no noso centro e que ten moito que ver coa estornela ou billarda á que tamén xogou o Neira Vilas rapaz e moitos dos seus rapaces literarios ( Balbino, Lelo, Tamboril, Toño...), pois o xogo da billarda ou estornela era un dos brinquedos máis fáciles de facer na súa época.

Podedes ver aquí, algunhas fotos da actividade organizada polo EDNLG, o departamento de Lingua Galega e a Biblioteca Escolar.

Se queredes ler o libro na rede, tédelo aquí. E se queredes escoitar o libro ligo por diferentes persoas, podedes escoitalo neste podcast do Ateneno de Santiago.

E ti, escoitas música en galego?

E ti, escoitas música en galego? Compras música en galego? Vas a concertos de músicos e músicas que cantan en galego? 

A principios deste mes de decembro presentouse o Proxecto socio-educativo Ao Son da Nosa Música, que pretende difundir e visibilizar a música galega entre a razapada dos colexios, institutos, asociacións culturais... para dar a coñecer a cantidade de música que se fai en Galiza en galego e que, pola falta de normalización lingüística tamén neste ámbito, é case descoñecida nestes sectores. Ao Son da Nosa Música pretende achegar, por medio de pequenos vídeos, músicos e músicas ao posible público máis novo, ao que aínda non chegou doutro xeito e ao que podemos contribuír tamén deste o ámbito educativo.

Se queres coñecer máis sobre este proxecto, podes entrar nas súas redes sociais e ir descubrindo artistas, estilos... anímate e escoita música en galego!

Ao Son da Nosa Música no Youtube

Ao Son da Nosa Música no Twitter

Ao Son da Nosa Música no Instagram

Ao Son da Nosa Música no Facebook

Recomendámosvos ir escoitando estes diálogos con artistas, para comezar a coñecelos mellor

Se non coñeces moitos, podes vir á biblioteca do instituto e consultar a zona de audiovisuais. Temos á túa disposición varios CDs de música en galego, de diversos estilos. Ah, e sempre podes propoñer que compremos outros que sexan do teu interese. 

Elaboramos este tríptico informativo cunha pequena mostra do que podes atopar na biblioteca, pero hai moito máis! Vide descubrilo e escoitade aos nosos músicos e músicas!!! Seleccionade as vosas cancións preferidas e poñémolas nas festas!!!

 

Como? Ti tamén te enganchaches ao fenómeno Tanxugueiras?

Á conta de iren ao Benidorm Fest (no que se escollería a canción que represente a España no festival de Eurovisión) fixéronse moito máis coñecidas aínda do que xa eran. Eran moitas as persoas que as seguían desde os inicios, mais ao apareceren na TVE na semifinal e na final dese festival gañaron moita audiencia e seguidores dentro e fóra de Galicia. Os seus vídeos gañaron moitas reproducións en todas as plataformas e están tendo moita repercusión en todos os medios e mesmo se chegou a falar delas no Parlamento español. De todos os xeitos, e polémicas á parte, Tanxugueiras están poñendo a nosa lingua e a nosa música e tradición en todos os lados, desde os colexios e institutos aos torreiros e palcos máis variados. Oxalá este fenómeno nos acabe envolvendo a todos e todas e nos faga escoitar moita máis música da nosa, asistir a concertos, comprar discos...e, en definitiva, poñer en valor o patrimonio cultural e musical tan potente que temos.

Deixamos aquí:

 

 

Elas fano en galego

No curso 2020-21 comezamos cunha nova campaña no Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua: "Elas fano en galego":

"Elas fano en galego" une a lingua coas mulleres que traballan nela. Queremos ensinalas, visibilizalas para a nosa comunidade educativa, para destacar mulleres galegas que traballan en galego e que levan a lingua como sinal de identidade e calidade, con orgullo e fachenda. Queremos que as vaiades coñecendo pouco a pouco. E, se queres incluír algunha nesta mostra, ponte en contacto con nós.

Cada quincena presentamos un cartel no Taboleiro de Normalización Lingüística e tamén aquí. Son mulleres de distintos ámbitos profesionais, unhas máis coñecidas ca outras.  Mulleres de hoxe, de onte e tamén de mañá.  

 Para iniciar a actividade, colocamos uns carteis con imaxes de mulleres, pero sen nomes. Demos uns días para que tentásedes dicir quen son. Agora, imos ir colocando cadanseu cartel.

E ti, sabes quen son?

 A continuación, iremos colgando un cartel con información de cada unha destas ou outras mulleres. Se tedes algunha proposta, comentádea con nós.

1. Rosalía Fernández Rial  elaborado por Mariluz Barreiro, coord.

2. Mercedes Peón elaborado por Saray Domínguez (4º)

3. Ana Peleteiro elaborado por Laura Fernández (3º A)

4. María Reimóndez elaborado por Eva Senra (4º)

5. Elena Ferro elaborado por Oliva Marcote (4º)

6. A banda da Loba elaborado por Laura Fernández (3º A)

7. Esher Estévez elaborado por María Gómez (4º A)

8. Lucía Freitas elaborado por Eva Senra (4º A)

9. María Xosé Queizán elaborado por Mariluz Barreiro, coord.

10. Margarita Ledo elaborado por Mariluz Barreiro, coord.

11. Olga Novo elaborado por Oliva Marcote (4º)

12. Antía Cal elaborado por Mariluz Barreiro, coord.

 

E neste curso 2021-22, continuaremos con esta actividade, para visibilizar mulleres galegas que fan a súa actividade en galego. Neste segundo curso, ademais do EDNLG vai colaborar nela o alumnado de Lingua Galega e Literatura e TICS de 4º de ESO. Cada quincena, publicaremos no Taboleiro do EDNLG e nos lugares habituais do centro un cartel dunha muller. Tamén o colgaremos aquí.

13. Lupe Blanco elaborado por Mariluz Barreiro, coord.

14.  Ana Moreiras elaborado por Mariluz Barreiro, coord.

15. Eva Mejuto elaborado por Gabriel Tajes González (4º ESO)

16. MJ Pérez (María José Perez) elaborado por Xián Pedrosa Formoso (4º ESO)

17. Verónica Boquete elaborado por Ismael García Caamaño (4º ESO)

18. Rosalía Fernández Rial elaborado por Maica Formoso Piñeiro (4º ESO)

19. Estíbaliz Espinosaelaborado por Laura Fernández Formoso (4º ESO)

20. María Canosa elaborado por Laura Louro Rodríguez (4º ESO)

21. Séselaborado por Ainhoa Bañuelos Caamaño (4º ESO)

22. Aldaolado elaborado por Mariluz Barreiro, coord.

23. Antía Yáñez elaborado por Ángela Costa Canosa  (4º ESO)

24. Uxía Senlleelaborado por José Ramón Beiro Tajes (4º ESO)

 

 

Revista O Gherreiro 2022

Este é o espazo da revista escolar, O Gherreiro 2022 na aula virtual.

Taboleiro do EDLG

 Taboleiro do EDLG

O Taboleiro de Normalización Lingüística do noso IES ten dúas vertentes: unha física, o taboleiro de cortiza situado no corredor  de abaixo (contra a parede da biblioteca) e a virtual (neste espazo da páxina web). O taboleiro é un espazo onde publicitar noticias relacionadas coa normalización da lingua galega, coa finalidade de dalas a coñecer entre a comunidade educativa e que sirvan para informarse e /ou xerar debate, nun espazo concreto que se chama Sabías que?

 

Tríptico de lecturas para o verán

En colaboración coa biblioteca escolar, recomendamos que aproveitedes o verán para ler. Xa sabedes que na biblioteca temos moitos e diversos materiais que podedes levar. Neste tríptico escollemos unhas cantas que, dependendo dos gustos, vos poidan apetecer e enganchar.

Visitounos Rosalía Fernández Rial

Comeza febreiro e vén cargado de poesía ao noso centro, coa  visita de Rosalía Fernández Rial, unha das nosas poetas actuais máis polifacéticas e rompedoras.

O luns 7 de febreiro deunos un recital poético ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO e ao profesorado asistente. Con este tempo marabilloso de febreiro solleiro, fixémolo fóra para aproveitarmos o espazo natural e darlle máis vida e color ao espectáculo. Se queredes ver como se desenvolveu a actividade, mirade abaixo a presentación de fotos.

Rosalía Fernández Rial é unha das autoras ás que lle dedicamos tamén un cartel da campaña Elas fano en galego, campaña de visibilización de mulleres galegas que fan a súa actividade en galego. Neste caso o cartel realizouno unha alumna de 4º de ESO, Mayca Formoso, nas materias de TICs e Lingua e Literatura Galega contribuíndo coa campaña do EDLG, do que forman parte os xefes de departamento de Tecnoloxía e Lingua e Literatura Galega.

 

AdxuntoTamaño
Recital Rosalía Fernández Rial.pdf1014.22 KB

Xogos de palabras para ampliar vocabulario

Que é o WORDLE? Sóache esa palabra?

Coñeces o PENSATERMOS?

Son dous xogos de palabras cos que podes activar a túa mente. Serven para faceres memoria das palabras que coñeces e para aprender e/ou fixar outras. Anímate a probar! É moi sinxelo e podes xogar na propia ligazón web, no móbil, no ordenador ou nunha tablet.  Iso si, ten unha limitación: só un xogo ao día.

Wordle en galego

Pensatermos da Mesa pola Normalización Lingüística

Curso 2022-2023: Actividades

Charla sobre os videoxogos e o galego con Carlos García Vieito

O 31 de marzo tivemos unha charla diferente na biblioteca do instituto. Asistimos todo o alumnado de 2º e 3º de ESO e impartiuna Carlos García Vieito da Mesa pola Normalización Lingüística, que veu falar connosco sobre a presenza do galego no ámbito dos videoxogos.

Comezou facéndonos unha serie de preguntas para saber o tipo de xogos, aplicacións e plataformas que adoitabamos usar. Esta parte gustounos moito porque foi moi interactiva e variada e atendía a todas as preguntas que lle faciamos, co cal nós aprendemos moitas cousas que el nos ía presentando, pero tamén el aprendía algúns xogos que nós lle dixemos.

Ensinounos algúns videoxogos creados por galegos, en galego, e ambientados en Galicia que tiveron tanto éxito que se traduciron a outros idiomas e cos que xogan persoas de moitas partes do mundo. Falounos da importancia de facer cousas en galego e deunos un dato que nos resultou moi curioso: a media de espectadores e seguidores que teñen as persoas que crean contidos en galego é máis elevada cá media das que o fan en castelán, xa que os galegos fidelizan os contidos feitos aquí, ao apostaren pola lingua.

Outra das ideas principais que tiramos da charla é a de que debemos aproveitar o potencial que temos para competir nas redes, porque o galego nos fai únicos e especiais, xa que é parte importante da nosa vida e precisamos sacarlle proveito a iso que nos fai diferentes e apoiar todo tipo de contidos e creacións no mundo dixital.

O relator tamén nos deu algunhas pistas para atopar máis contidos deste tipo na rede, como por exemplo a Revista Morcego e tamén nos falou do Museo do Videoxogo de Cangas (MUVI).

A charla estivo moi entretida, xa que Carlos tiña moi en conta ao alumnado e sempre nos preguntaba as nosas opinións. Serviu para visibilizar o noso idioma neste ámbito, demostrando que cada vez hai máis variedade e que os usuarios son os que pouco a pouco o van facendo e conseguindo esta gran mellora. É cousa de todos seguir traballando e loitando para que o galego ocupe o sitio que merece tamén no mundo dixital.

Xa para rematar a actividade, o ponente felicitounos por falar galego, pois di xo que está acostumado a ir a moitos institutos e que había tempo que non lle pasaba isto, que falaramos todos (ou case) o galego. Díxonos que se sentira moi ben aquí e a nós quedounos unha sensación moi boa, pois a maioría de nós quedamos con ganas de máis.

                                                                                                    Redactado coas achegas do alumnado de 1º e 2º de ESO

Concerto con Alberto Romero Pedrosa

Durante as Xornadas Culturais visitounos o músico muradán Alberto Romero Pedrosa, para falarnos de música e da súa traxectoria musical. Alberto ten formación en guitarra clásica, pero tamén en guitarra eléctrica, baixo e ukelele. Ten o título superior do Conservatorio na especialidade de guitarra e hoxe imparte clases na Escola de Rock da Coruña.

Durante a visita falounos da súa formación e dos distintos tipos de música que compón e interpreta, en bandas máis ou menos estables como poden ser Deleiba, Malo será, Capitán Kostov, así como das colaboracións que fai con outros músicos e músicas que o convidan para gravaren discos con el ou para tocar nos seus concertos.

Tanto a charla coma o concerto resultou moi interesante e divertido e mesmo algún alumno se animou a compartir o escenario con el: Xian de 3º tocou o caixón e Fran de 2º cantou varios temas con el. Un éxito total. E, coma sempre, tedes fotos na Revista O Gherreiro.

Agradecémoslle a Antón, profesor de Tecnoloxía e membro do EDLG por contactar con el e convidalo a vir ao centro para compartir a súa música e experiencia.

Concurso de relato a partir de fotografías

O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega convoca o I Concurso de relato breve a partir de fotografías, para estimular a creación de textos en galego a partir de fotografías realizadas polo alumnado de 4º de ESO.

Animádevos a escribir o voso relato breve e entregádeo na biblioteca. Tedes de prazo ata o día 10 de marzo

Tedes as bases do concurso aquí.

--------------------------

Vencido o prazo, o xurado emitiu o FALLO.

O gañador do mesmo foi Aleixo Pérez Aponte (4º de ESO) co relato titulado "Algo vai saír mal", inspirado na fotografía titulada "Saudade" tomada por Xabier López Lestón (4º).

 O premio consistiu nun vale de compra de 50 € para gastar na Libraría Chorima máis a publicación do relato na revista do instituto. 

Día da Poesía e Día de Rosalía nas aulas

Partimos, un ano máis, da proposta da AELG para a celebración do Día de Rosalía 2023 e desde o EDLG e a materia de Lingua Galega e Literatura traballamos a poesía especialmente en xaneiro e febreiro cos grupos de 1º e 2º de ESO. En 3º de ESO tamén cadra de estar analizando o Rexurdimenteo e a obra de Rosalía de Castro.

A raíz da temática deste ano (#cumpriuseaxustiza) falamos da xustiza e das inxustizas sociais que o alumnado percibe na súa vida diaria ou nas que pode ver na actualidade, reparando nas noticias. Tamén analizamos algunhas versións de poemas musicados para ver como é unha poeta amplamente versionada desde distintas estéticas e estilos da música ao longo do século pasado e deste.

Por outra parte, presentámoslles algunhas imaxes de Rosalía das moitas ás que se pode acceder na rede e pedímoslles que as analicen, para despois, tentar expresar cal é a imaxe que cada persoa ten dela. De presentaren as súas versións, con todas elas farase un pequeno mural.

 

Animámosvos a que fagades nas vosas casas o Caldo de gloria, esa comida humilde que saíu dun poema de Rosalía e que hoxe se vai comer en moitas casas, restaurantes e mesmo colexios de toda Galicia. 

Día das Letras Galegas para don Paco


O Día das Letras Galegas do 2023 son dedicadas a Francisco Fernández del Riego, un dos seus impulsores e principais motores da súa creación hai 60 anos. 

 

Se queredes saber quen era e que fixo para merecer esta homenaxe, podedes consultar estas ligazóns:

Fernández del Riego, o que nunca se rendeu. Colección de vídeos explicativos da súa vida e obra.

A primavera das letras, da RAG

Seminario Galán, coa biografía e a obra e moitos recursos variados. E mesmo podedes imprimir uns marcapáxinas elaborados por Francisco Guitián, do Seminario Galán.

Aulas Galegas, recursos: pasagalego e autodefinido.

 

 

 

Día do lector e da lectora: 3 novembro

Coincidindo coa data de nacemento de Xosé Neira Vilas, conmemórase o Día do Lector e da lectora no 3 de novembro. Esta efeméride está fixada no Calendario do Libro e da Lectura pola Xunta de Galicia desde o 3 de novembro de 2021.

Neste centro vai ser o segundo ano en que o conmemoremos, polo que faremos unha exposición de libros de Xosé Neira Vilas na biblioteca. Ademais un alumno de 4º de ESO elaborou este cartel para a celebración da efeméride, coa axuda da coordinadora da biblioteca escolar.

Convidámosvos  a todos e todas a vir á biblioteca no recreo e ler un fragmento da súa obra!

Nesta ligazón podedes acceder a todos os seus libros que temos na biblioteca do centro.

 

Coincidindo con esta data na Fundación Xosé Neira Vilas en Gres, a súa aldea natal, vaise facer tamén unha homenaxe ao autor. Ao mesmo tempo, vaise facer entrega da sétima edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, que nesta ocasión gañou Álvaro Domínguez coa novela Cristais rotos.

E ti, escoitas música en galego?

Se queredes saber máis sobre música galega, presentámosvos aquí dúas voas opcións para atopar distintas bandas e grupos dos máis diversos estilos.

1. Canle de youtube de Polingra, "Música para adolescentes"

2. "Ábrete de orellas", o programa de música galega que podes escoitar en iVoox.

Elas fano en galego

Neste curso 2022-2023 continuamos un ano máis, e van tres, coa campaña Elas fano en galego, para divulgar mulleres galegas que fan obra en galego, para darlle visibilidade a elas e á lingua.

Se se vos ocorren candidatas para esta campaña, axudádenos e fagamos entre todos e todas que a lista sexa cada vez maior!

 

A continuación iremos colgando os carteis de cada unha delas:

1.- Melania Cruz

2.- Marica Campo

3.- Pauliña

4.- Luz Fandiño

5.- Sheila Patricia

6.- Laura Suárez

7.- Isabel Risco

8.- Fillas de Cassandra

9.- Laura Romero

 

Encontro con Laura Suárez, ilustradora

O 30 de xaneiro celébrase unha das datas do Calendario do Libro e da Lectura, concretamente o Día da Ilustración. E coincidindo coa data, tivemos a sorte de contar no centro coa visita da ilustradora Laura Suárez. 

Durante as dúas sesións da tarde, Laura Suárez compartiu connosco as súas experiencias, os coñecementos sobre o Monte Pindo, as lendas... así como tamén nos explicou o proceso de creación de Monte Pindo. Lendas e mitos do olimpo celta, libro do que é autora e ilustradora. 

Explicounos como traballa, como debuxa e vímola debuxar en directo mentres nos contaba cousas relacionadas coas mesturas técnicas, coas  ferramentas para crear as súas obras. Aprendemos moito e dun xeito lúdico.

Laura Suárez tamén é unha das autoras ás que lle dedicamos un cartel da nosa campaña Elas fano en galego. Podedes velo aquí. 

Lecturas para a primavera

É maio e vén cuberto de flores e libros!!

Fixemos unha selección de títulos dispoñibles na biblioteca e con eles elaboramos este tríptico. Aproveitade estas tardes longas de sol e luz e lede! Case sempre paga a pena!!!

Lecturas para o nadal

Chega o nadal e con el uns días libres para poder dedicarse a descansar e a relaxarse, pero tamén para ler ou escoitar música.

Deixámosvos aquí algunhas recomendacións de materiais e, se pasades pola biblioteca, podedes levar moitos outros. Boas vacacións e felices lecturas!

Memoria do curso

Memoria descritiva e gráfica do curso 2022-23

Memoria detallada das actividades realizadas e selección de imaxes

Música e lingua con Zënzar

O venres 12 de maio teremos no Lamas de Castelo o espectáculo Música e lingua con Zënzar grazas á oferta cultural da Deputación da Coruña e o Concello de Carnota. 

A actividade vai dirixida a todo o alumnado e o profesorado e persoal non docente do centro que queira asistir. Farémolo no vestíbulo desde as 12:30 ás 14:10. Será unha actividade lúdica para normalizar a nosa lingua tamén no eido musical. 

Tedes aquí unha pequena presentación do espectáculo e das persoas que nel participan. Ídevos preparando para cantar!!!

Regueifamos para o Correlingua 2023

Este ano sumámonos ao Correlingua participando co alumnado de 3º ESO na regueifa colectiva.

A actividade consistiu en compoñer tres coplas de regueifa para empatar coas que nos mandaron doutro instituto, neste caso co IES Basanta Silva de Vilalba. Nós creámolas e enviámolas á organización. Agora, ao escoitarmos o REGUEIFANDO! 2023, vemos que a cadea a continuaron no CPI Antonio Couto Orza de Boqueixón. Foi un gusto participar nesta regueifa encadeada. Longa vida á nosa lingua e á regueifa!!!

Se vos gustou, ide practicando e para o ano repetimos!!!! E xa sabedes, Na casa, na escola, bota a lingua fóra!!!

 

Taboleiro do EDLG

O Taboleiro do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística é un dos nosos medios de comunicación para divulgar noticias de interese e de exposición de actividades realizados no centro.

 

Curso 2022-23: Concursos e premios

Neste espazo iremos colgando información relativa a concursos e premios nos que vos animamos a participar:

 

1. Tíralle da lingua, XXI concurso de relato oral, organizado pola AS-PG.

2. Youtubeiras, a rede de vídeos en galego no Youtube, unha das redes sociais máis grandes e influentes do mundo. Youtubeiras xera contidos propios sobre a creación en galego na Rede e promove a consolidación de referentes na nosa lingua con contidos de crecente calidade. De quererdes participar, aquí tedes as bases.

3. "O Vello dos Contos" V Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez.  Tedes as bases aquí.

4. "Rosalía, sempre viva". Concurso de recitado poético organizado pola Casa Museo Manuel María e destinadoa ao alumnado do ensino non universitario. 

 

Curso 2023-2024: Actividades

A nosa revista escolar, O Gherreiro, está de volta

Un ano máis chega O Gherreiro, a revista escolar do noso instituto. Está agardando entusiasmada polas vosas colaboracións na Aula virtual do centro. Podedes acceder como convidados, tecleando aquí. 

Que podedes incluír na revista?

Todas as colaboracións  que queirades, desde traballos da clase, as vosas creacións particulares, reseñas sobre libros ou películas que vistes, análises de temas que vos interesen, entrevistas, os vosos debuxos... o que queirades. Só teñen que ter unha condición: estar redactadas e revisadas antes de subilas e ir sempre acompañadas de algunha imaxe para ilustrar o texto.

Como a lingua vehicular da revista é a galega, a coordinadora do EDLG (Mariluz) ofrécevos axuda para revisar e corrixir textos, se for preciso. Mais tamén é posible incluír algún texto de creación persoal nas outras linguas que se imparten no centro: castelán, inglés e francés. Neste caso, pedídeslle axuda e consello ao profesorado destas linguas.

Animádevos e a publicar!!

 

Abraham Cupeiro en concerto!

O martes 23 de xaneiro teremos unha actividade moi interesante e educativa: un concerto didáctico do músico Abraham Cupeiro.

Unha oportunidade única para coñecer de primeira man a súa maneira de crear música, de recuperar instrumentos esquecidos e podelos escoitar en directo. Un privilexio poder traer a este grandísimo músico para mostrárllelo ao noso alumnado e profesorado, pois é un embaixador da nosa lingua e música dentro e fóra de Galicia, levando o seu galego sarrián alá onde vai e defendendo o noso falar en moitos e variados palcos por todo o mundo.

Nesta ligazón tedes unha información sobre o seu último traballo, Mythos, que vai presentar en breve en moitos escenarios.

O concerto é unha actividade do EDLG en colaboración co IES Fernando Blanco de Cee e a Casa da Cultura de Cee, que ó o local ao que asistiremos para escoitalo. Asistirá todo o alumnado do centro, así como o alumnado da ESO do Fernando Blanco.

En breve, colgaremos na revista O Gherreiro unha crónica sobre a actividade.

 

 

Aquí tamén se fala

O IES Rafael Dieste da Coruña lanzou no curso pasado unha campaña de dinamización da lingua galega. Este ano, na segunda edición, a actividade estase estendendo coma a pólvora e xa somos máis de 130 centros de toda a faixa atlántica que nos sumamos á campaña. 

Aquí tamén se fala! é o título da campaña e é o alumnado dos centros o que fai exercer de dinamizador lingüístico no seu medio, achegando os carteis da campaña aos comercios, aos talleres, aos supermercados, ás librarías, aos bares... a todos os lugares da súa zona máis próxima, para así estenderen a mensaxe. 

Nesta ligazón está toda a información da campaña: Aquí tamén se fala!

Animádevos e axudádenos a encher Carnota de carteis! En equipo, ímolo conseguir.

 

Se queredes saber máis sobre a nosa campaña, podedes ler o artigo na revista escolar, O Gherreiro 2024, onde poderedes ver tamén algunhas fotos da mesma.(Entrade como convidados)

 

 

 

As Letras Galegas de Luísa Villalta

..

Boletín de recomendacións para o nadal

Un ano máis facemos unha listaxe de lecturas para o nadal. 

Campaña Falemos + Galego

Ao longo deste curso escolar participamos na Campaña Falemos + Galego, organizada por trece institutos de secundaria e con base no IES Agra de Raíces de Cee. A proposta baséase no orgullo de pertencer á Costa da Morte, unha área que destaca no uso do galego, e remover conciencias e xerar estímulos para incrementar o seus usos. Trátase de incrementar o número de persoas galego-falantes, partindo da poboación xuvenil que cursa estudos de educación secundaria, bacharelato e formación profesional e buscando, tamén, o impacto no conxunto da sociedade da Costa da Morte.

A campaña tivo dúas fases:

  • Un concurso en cada centro que buscou o lema e o logotipo máis acaído para unha campaña de fomento do uso do galego, que parta da idea do orgullo de sermos da Costa da Morte, un territorio galego falante. Ademais, a idea do lema viría acompañada dun vídeo breve (menos de 60 segundos) para mover polas redes sociais.
  • Unha gala de todos os centros participantes, na que se darán a coñecer as propostas, escollidas por un xurado alleo, de entre as gañadoras en cada centro. Esta gala será ao aire libre no concello de Cee o día 20 de xuño.

Aquí podedes ver máis detalles do seguimento desta actividade nas notas de prensa:

Presentación da campaña

Presentación da gala, co marabilloso cartel realizado pola artista Viki Rivadulla

 

Actualizamos a entrada co resultado final, os premios entregados na gala celebrada o 20 de xuño en Cee.

Tamén se pode ler aquí como transcorreu a gala.

 Podedes consultar os traballos do noso alumnado que se presentaron ao concurso no artigo da nosa revista escolar O Gherreiro.

Documental e coloquio con Simone Saibene sobre "Os camiños do neno labrego"

O mércores 11 de outubro temos a visita de Simone Saibene no noso centro, para conversar con el sobre o proxecto audiovisual Os camiños do neno labrego.
Este documental naceu dunha idea da Fundación Xosé Neira Vilas e de Mariluz Barreiro para elaborar un roteiro literario polos espazos reais de Xosé Neira Vilas, eses lugares da aldea natal do autor, Gres, en Vila de Cruces (Pontevedra) nos que se inspiran e ambientan a maior parte das súas obras. A partir desa idea o director de cine Simone Saibene escribiu, dirixiu e produciu esta película documental de Noveolas Producciones.

O obxectivo fundamental é dar a coñecer mellor a obra de Xosé Neira Vilas, da súa novela máis coñecida internacionalmente, Memorias dun neno labrego, así como os lugares dos que xorde e se nutre. Aprender algo máis da súa vida e obra e animar as persoas que a vexan, tanto no eido educativo coma noutros, a achegarse á súa obra e a Gres, para coñecer o seu legado.

 A actividade organízaa o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o EDLG para o alumnado de 3º e 4º e a quen queira sumarse.

Os camiños do neno labrego é un documental divulgativo que xurdiu por iniciativa da Fundación Neira Vilas. Esta proposta, que naceu para conmemorar o 60 aniversario da publicación de "Memorias dun neno labrego", xira arredor desta obra e ofrécelle ao espectador un roteiro cultural no que se retratan lugares singulares como as Insuas de Gres, Ponte Ledesma, a Casa da Capela, a igrexa de Santiago de Gres, a Casa do Romano, o Pazo de Calderón ou o serradoiro.

 A AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e a Xunta incorporaron esta película ao Catálogo Educa Audiovisual para achegar o cine aos centros educativos e facer posible o encontro e o coloquio entre o alumnado e os creadores e creadoras das películas.

 

 

Día de Rosalía e Día da Poesía

Un ano máis celebramos o Día de Rosalía cun recital poético o 23 de febreiro. Organízase desde o Equipo de biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Se queredes saber máis, hai unha reseña e moitas fotos na Revista O Gherreiro.

Elas fano en galego

Un curso máis continuamos coa actividade Elas fano en galego, campaña de divulgación de mulleres galegas con actividade pública en galego. Esta campaña pretende visibilizar o traballo das mulleres e máis concretamente o das mulleres que traballan en galego. A actividade consiste en investigar sobre unha muller e elaborar un cartel para a campaña.

Comezamos coa campaña hai varios cursos e podedes visitar os carteis aquí: curso 2022-23, 2021-2022 e 2020-2021.

A continuación imos colocando os carteis deste curso:

1. Alba Prol

2. Yolanda Castaño

3. Paula Carballeira

4. Prado Rúa

Memoria descritiva do curso

Aquí está colgada a memoria descritiva das actividades realizadas ao longo do curso.

Memoria gráfica do curso

Aquí está unha memoria gráfica das actividades do curso (resumo).

Memoria gráfica do curso

Película e coloquio con Alba Prol sobre "A mestra da escola"

O mércores 4 de outubro recibimos no centro a Alba Prol, directora e guionista da película documental A mestra de escola. O encontro serviu para coñecer mellor como se ideou esta historia e como se fixo realidade, ademais de para aprender como mudou a profesión das mestras rurais ao longo do século XX.

A actividade organizouna o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o EDLG para o alumnado de 3º e 4º e o profesorado que quixo sumarse.

A mestra da escola é un documental de xornalismo de investigación histórica e testemuñal sobre as mestras rurais e a historia da educación en Galicia. Dirixido por Alba Prol e producido por Meteórica Cine, está destinado a un público amplo e heteroxéneo, especialmente para a comunidade educativa e para o ámbito familiar. Contou coa colaboración do Museo Pedagóxico de Galicia e producido ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

A AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e a Xunta incorporaron esta película ao Catálogo Educa Audiovisual para achegar o cine aos centros educativos e facer posible o encontro e o coloquio entre o alumnado e os creadores e creadoras das películas.

 

Visita á Fundación Xosé Neira Vilas en Gres

O martes 21 de maio realizamos unha saída escolar a Gres co alumnado de 3º e 4º de ESO e o profesorado acompañante (Marta, Natalia, Waqar e Mariluz). Con esta actividade pechamos un ciclo comezado a principios de curso dedicado a coñecer mellor a vida e obra de Xosé Neira Vilas.

Todo o alumnado de 3º e 4º leu Memorias dun neno labrego e veu o documental titulado Os camiños do neno labrego, dirixido polo cineasta Simone Saibene e inspirado na vida e obra do creador de Balbino. Posteriormente, o propio director do documental asistiu ao centro para un encontro co alumnado e nel comentou varias cuestións sobre o mesmo: de onde xurdiu a idea, da colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e de como se gravou. Analizada a película, entroulles a gana de ir coñecer Gres e, por fin, conseguimos facela.

Chegamos a Gres e visitamos a Fundación Xosé Neira Vilas, escoitamos a amable e documentada explicación de Chus (a bibliotecaria) que nos falou da creación da biblioteca na Casa do Romano. Coñecemos as distintas dependencias (a biblioteca coas tres salas: o museo etnográfico e as dúas salas de lectura), así como a sala de exposicións e salón de actos e a zona exterior chea de plantas e árbores que fan máis agradable este centro cultural.

Despois baixamos ao cemiterio parroquial de Santiago de Gres para visitar as tumbas de Pepe e Anisia e facerlles unha ofrenda floral e lerlles un poema. De seguido, fomos coñecer o lugar da Capela, a Ponte Ledesma e a súa historia así como as Insuas de Gres, onde á parte de coñecer o espazo natural tamén vimos o monolito dedicado ao autor pola AELG.

Para guiarnos pola aldea contamos coa compañía de Mariluz, veciña de Gres, que coñeceu e traballou na biblioteca con Pepe e Anisia e na actualidade é a profesora de Lingua Galega e Literatura e coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega do noso instituto.

Se queredes ver máis fotos, tecleade no artigo da revista escolar O Gherreiro.

Cursos anteriores: Actividades

Intercambio co CPI de Cuntis

  

Ao longo do curso planificamos un intercambio co CPI Don Aurelio de Cuntis. O alumnado seleccionado foi o de 2º, 3º de PDC e 4º da ESO.

Despois de iniciar contacto por carta, correo electrónico, chat... chegou o día da desexada visita. O 11 de maio viñeron aquí alumnado e profesorado de Cuntis a compartir connosco a xornada, a coñecernos e a visitar algúns lugares do concello de Carnota.

Estivemos en Portocubelo, coñecendo o porto e as actividades de Mardelira, nas cabaceiras de Lira e de Carnota, na Boca do Río e rematamos a visita no Ézaro, ao pé da fervenza do Xallas.

Agora xa só agardamos que chegue o día de irmos a Cuntis a coñecer a súa terra.

E ese día chegou. O 26 de maio e alá fomos a Cuntis para devolver a visita que tiñamos concertada.

Á mañá recibimos unha charla na biblioteca, onde nos fixeron unha presentación do que podiamos ver no seu concello. Logo dividímonos en dous grupos: un  deles, foi facer un roteiro pola localidade, un xogo de pistas, para ir coñecendo Cuntis e tamén visitaron o Museo de Castrolandín. O outro grupo foi ao balneario Terras de Cuntis, onde puideron gozar das magníficas augas termais. Un auténtico pracer!

Reunímonos para xantar no colexio e para coñecernos un pouco máis. Logo dun mínimo repouso fomos ao Castrolandín onde uns amables arqueológos nos explicaron moitos segredos do castro. Logo paseamos á beira do río, por un lugar que chaman As Campaíñas e que acabou de relaxarnos, xusto antes de comezar o camiño de volta a Carnota.

Valoramos este intercambio como moi positivo pois serviunos para coñecer mellor outra zona, facer amigos e escoitar unha variante do galego un pouco diferente. 

I Concurso de Fotografía: EN GALEGO SABE MÁIS!

O Equipo de Dinamización e Normalización do IES Lamas de Castelo está a elaborar unha campaña de normalización no ámbito da hostalaría para o concello de Carnota.

 

Con este motivo convocamos o I Concurso de Fotografía que levará como lema EN GALEGO SABE MÁIS!

Coa foto gañadora elaborarase un adhesivo co correspondente lema e formará parte do material que será enviado a todos os negocios de hostalaría do concello de Carnota.

BASES DO CONCURSO:

  1. Poderá participar neste concurso todo o alumnado do IES Lamas de Castelo.

  2. No tema ten que verse claramente relacionada a gastronomía e a lingua.

  3. As fotografías deberán ser inéditas.

  4. Valorarase a orixinalidade e a creatividade do autor/a.

  5. As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor (máximo de dúas fotos por participante) en formato dixital e tamaño libre.

  6. A data límite de entrega é o venres 17 de abril de 2009

  7. De non ter unha mínima calidade o primeiro premio poderá declararse deserto.

PREMIOS:

XURADO:

O xurado estará composto por:

 

Palabras con memoria

PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción. E tamén palabras e expresións que non recollen os dicionarios.
Esta asociación propón que durante un tempo, e coa intención de facerlle fronte á globalización e dado que semella posíbel a revitalización e repoboación do noso agro, que entre todos/as recuperásemos o nome dos produtos que nel se daban e quizais se volvan dar. Trátase de, ademais de achegar nomes de castes de froitas, verduras e outros produtos do campo, facer cando se crea necesario unha pequena descrición, resaltar as súas características. Porque as novas xeracións non saben o que é unha saborosa camoesa ou un delicioso peruco e en troques coñecen a encerada "red winter" e a insípida "golden" que lles venden no supermercado. Tamén sería interesante saber particulares tratamentos ou embutidos non comúns da carne do porco ou doutros animais. Fundamental, como no resto das palabras con memoria, é poñer o lugar de escoita
O EDNL do Centro pon ao voso dispor unha caixa de correo na que podedes deixar as VOSAS PALABRAS e ao remate deste curso farémosllas chegar á AELG.

Recollida do noso patrimonio inmaterial

E ti de quen es?

 

 

 

O IES Lamas de Castelo, desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística e en colaboración co Dpto. de Lingua Galega e Literatura, está a organizar un traballo de recolla de alcumes das casas do concello de Carnota co fin de rexistrar este patrimonio inmaterial e fomentar no alumnado o respecto e promoción cara a estes alcuños que aínda hoxe se manteñen vivos como sinais da nosa identidade.

O alcume ou alcuño é un sobrenome, usado en troques do nome e, moitas veces, máis coñecido que o mesmo nome. En Galiza hai unha longa tradición de alcumes, e poucas deben ser as familias que non o teñen ou tiveron; moitas veces está referido a unha particularidade da persoa ou da familia, sendo posible un derivado do lugar de nacemento, característica física, a profesión do pai ou da nai etc.

PASOS PREVIOS:

LABOR DO COORDINADOR/A:

  • Combinar co grupo e dividilo por áreas atendendo ao lugar de residencia.

  • Elaborar un mapa por área e entregárllelo aos compañeiros para que numeren as casas e poidan comezar a recoller información na ficha correspondente.

  • Informar os compañeiros/as acerca do traballo que deben desenvolver, isto é, recoller os alcumes das casas e a súa (posíbel) orixe.

  • O coordinador/a fixará unha data de recollida da documentación recompilada polo grupo.

ENTREGA DO TRABALLO:

Os colaboradores deben entregar os mapas numerados, as fichas de recollida de información e as táboas.

O traballo debe entregarse antes do 7 de marzo de 2009.

 

Cursos anteriores: Certames e concursos

Certames e concursos

Biblioteca Pública Municipal "Don Francisco Mayán": X Concurso Literario de achegamento ao teatro

O teatro é o espectáculo máis antigo e que mellor contribúe a que o ser humano exprese os seus pensamentos e os seus sentimentos e, por outra banda, acadou co tempo un importante arraigamento no noso concello e en toda a comarca. Coa finalidade de animar os escolares a
que experimenten na creación dun texto teatral, con total libertade creativa canto a temática, estilo ou extensión, a Biblioteca Pública Municipal “Don Francisco Mayán” e a Cooncellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee convocan un ano máis o Concurso Literario de “Achegamento ó Teatro”.

BASES

1.- Poderán participar todos os alumnos de calquera dos centros educativos da comarca.

2.- O tema da obra de teatro presentada será libre.

3.- Os traballos serán orixinais, inéditos e cunha extensión libre.

4.- As obras deberán estar escritas en lingua galega.

5.-Os traballos entregaranse sen asinar, cos datos do autor (nome, enderezo, teléfono e curso que estudia) nun sobre pechado, na Biblioteca Pública Municipal “D.Francisco Mayán” do Concello de Cee (r/ Domingo Antonio de Andrade, s/nº), en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 e de tarde de 16.30-19.30 horas, antes do día 24 de abril. (No exterior do sobre deberase especificar a idade do autor/a).

6.-Establécese un único premio de: 100 EUROS, en vale para material didáctico e libros a canxear en calquera das librarías do Concello.

7.-O xurado composto por persoas vinculadas ao mundo da cultura, e actuando como secretario do mesmo, a Concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, ou persoa en quen delegue, poderá declarar deserto o premio, tendo tamén facultade para outorgar accesits.

8.- O veredicto do xurado farase público o día 15 de maio.

9.- Todas as obras quedarán no poder da Biblioteca Pública Municipal.

10.-O Concello de Cee resérvase a posibilidade da posta en escea da obra premiada polo grupo de actores da Escola Municipal de Teatro de Cee.

11.- Os concursantes, polo feito da súa participación, aceptan en tódolos seus termos, as presentes bases.

 

Biblioteca Pública Municipal "Don Francisco Mayán": XVIII Concurso Literario de achegamento ao libro

Coa finalidade de animar os escolares a ocupar o seu lecer na creación literaria e, así mesmo, propiciar neles unha reflexión sobre o mundo dos libros e a lectura como fonte irrenunciable de pracer e de coñecemento, a Biblioteca Pública Municipal “Don Francisco Mayán” e a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee convocan un ano máis o Concurso Literario de “Achegamento ó Libro”.

BASES
1.- Poderán participar todos os alumnos de Educación Primaria e Secundaria dos centros educativos da comarca.

2.- O tema estará relacionado co achegamento ao libro, buscando sempre fomentar o hábito da lectura da poboación.

3.- Os traballos serán orixinais, inéditos e cunha extensión máxima de dous folios por unha cara.

4.- Os relatos deberán estar escritos en lingua galega.

5.-Os traballos entregaranse sen asinar, cos datos do autor (nome, enderezo, teléfono e curso que estuda) nun sobre pechado, na Biblioteca Pública Municipal “D.Francisco Mayán” do Concello de Cee (r/ Domingo Antonio de Andrade, s/nº), en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 e de tarde de 16.30-19.30 horas, antes do día 24 de abril.

6.- Establecense cinco premios, dotados con:

    40 EUROS para o gañador do 1º ciclo de Primaria

    45 EUROS para o gañador do 2º ciclo de Primaria

    60EUROS para o gañador do 3º ciclo de Primaria

    70 EUROS para o gañador do 1º ciclo da ESO

    80 EUROS para o gañador do 2º ciclo da ESO


    Todos eles en vales, para material didáctico e libros a canxear en calquera das librarías do Concello.

7.- O xurado composto por persoas vinculadas ao mundo da cultura, e actuando como secretario do mesmo, a Concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, ou persoa en quen delegue, poderá declarar deserto o premio, tendo tamén facultade para outorgar accesits.
8.- O veredicto do xurado farase público o día 15 de maio.
9.- Todas as obras quedarán no poder da Biblioteca Pública Municipal.
10.- Os concursantes, polo feito da súa participación, aceptan en todos os seus termos, as presentes bases.

     

Calendario 2009

Para crear este almanaque fixemos unha selección entre os (auto)retratos que os alumnos e alumnas do Centro presentaron ao concurso convocado polo Dpto. de Educación Plástica e Visual e o EDNL.

Esperamos que máis de un vos sintades identificados.

 

Concurso Literario "Carlos Casares"

Recuperamos en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel coa súa obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, faise a convocatoria para 2009 do Concurso Literario Carlos Casares e en afectuosa homenaxe ao premio gañador do Certame de Literatura Infantil no ano 1968 coa súa fermosa obra A galiña azul que acadaría a honra de ter sido o fito fundacional da ben vizosa Literatura Infantil e Xuvenil Galega contemporánea.


BASES DO CONCURSO


1.Poderán participar rapaces e rapazas que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán seren orixinais e inéditos en toda a súa extensión.

2.O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de marzde 2009 ás doce da noite.

3.A presentación de orixinais para o Concurso farase por correo postal dirixido a sé da Asociación Cultural O FACHO. R/ Federico Tapia, 12-1º 15005 A Coruña. Podendo facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.

4.No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinaisao Concurso, deberán facer unha preselección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser presentado individualmente.

5.As obras haberán de ser relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus dereitos de publicación poidan ser cedidos á Asociación Cultural O FACHO por un período de tres anos contados a partir do día do fallo do xurado.

6.Estabelécense dúas categorías:

  • Categoría A: nenos e nenas de 6 a 12 anos

  • Categoría B: rapaces e rapazas de 13 a 16 anos

7.As contías dos premios serán as que seguen:

  • Categoría A

    • 1º premio: 200 euros en efectivo

    • 2º premio: 200 euros en efectivo

  • Categoría B

    • 1º premio: 300 euros en efectivo

    • 2º premio: 200 euros en efectivo

8.Cada autor só poderá presentar unha obra aténdose aos seguintes límites de extensión

  • Categoría A: un máximo de 5 folios

  • Categoría B: un máximo de 10 folios

9.As obras haberán de se presentar manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do autor/a

  • Enderezo e teléfono

  • Correo electrónico (se o ten)

  • Centro onde cursa os seus estudos

  • Categoría en que participa

10.Os premios serán elixidos por un xurado nomeado pola asociación Cultural O FACHO en fallo que se fará público no mes de maio.

11.O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estena contempladas nestas bases, así como as dúbidas na súa interpretación.

12.A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.

I Certame de Cinema OUFF ESCOLA 2009

O Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF), a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense e a Axencia Audiovisual Galega convocan o I Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da XIV edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.

I Certame de Cinema OUFF ESCOLA nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade; fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

“Facer cine en Galicia é posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera cultura que queira sobrevivir precisa do cine”.
Chano Piñeiro

 

 


 

BASES


 

 

1. FINALIDADE DA CONVOCATORIA

O obxectivo desta convocatoria é regular o procedemento de aceptación e participación de proxectos audiovisuais no I Certame de Cinema OUFF ESCOLA convocado polas devanditas entidades.

2.PARTICIPANTES

Poderá participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2008-2009, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan no seu currículo materias de e en lingua galega. A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto.
A esta persoa expediráselle un certificado de participación no concurso.

3.CATEGORÍAS

Establécense dúas categorías:

A)Ensino infantil e primario

B)Demais niveis de ensino non universitario

 

4.CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS

As obras deberán cumprir os seguintes requisitos:

a)Todos os traballos estarán en lingua galega

b)Deberán ser orixinais, non comercializados e non premiados anteriormente

c)Modalidade: curtas (ficción, documental, animación)

 

Duración: mínima 10 minutos, máxima 60 minutos

 

A temática será libre

 

d)Quedarán excluídos aqueles traballos que inciten ao racismo, xenofobia, homofobia e calquera tipo de violencia, así como os que atenten contra a dignidade da persoa

e)Presentaranse en DVD

Cada DVD non poderá conter máis dunha obra

f)De apareceren menores de idade, deberá contarse coa autorización paterna e/ou materna

l)Calquera apropiación indebida de dereitos de autor –imaxe e son- ou incumprimento das bases desta convocatoria é responsabilidade directa do profesor ou profesora titora

 

5.INSCRICIÓN NO CERTAME

A inscrición formalizarase enviando a ficha anexada a estas bases antes do 15 de maio de 2008, totalmente cuberta e asinada polo profesor ou profesora responsábel do audiovisual.

O DVD enviarase antes do 20 de xuño de 2009. Ambos serán remitidos ao seguinte enderezo:

Festival Internacional de Cine de Ourense

 

(OUFF Escola)

Rúa da Canle, 2

32004 - OURENSE

 

6.XURADO

O xurado estará composto por 5 persoas. Cada entidade organizadora
nomeará un membro, agás o OUFF que nomeará dous.

Os membros do xurado valorarán os seguintes criterios:

a) Calidade da obra

b) Autenticidade e calidade no uso da lingua

c) Potenciación de valores democráticos e de tolerancia

d) Uso creativo das novas tecnoloxías e das ferramentas de software libre

 

O xurado comunicaralles aos participantes a súa condición de gañadores antes do 1 de outubro de 2009. As curtametraxes premiadas serán publicadas nos seguintes enderezos web: http://www.ouff.org/
e http://www.xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion_linguistica

As decisións do xurado serán inapelábeis.

7.PREMIOS

OUFF ESCOLA 2009 concederá os seguintes premios:

Categoría A

  • 1.º Premio: seiscentos euros (600 €) para o centro e un ordenador portátil

para o profesor ou profesora

  • 2.º Premio: catrocentos euros (400 €) para o centro e unha cámara de

vídeo para o profesor ou profesora

  • 3.º Premio: trescentos euros (300 €) para o centro e unha cámara fotográfica

para o profesor ou profesora

  • Premio Blanco Amor ao mellor guión: trescentos euros (300 €)

Categoría B

  • 1.º Premio: seiscentos euros (600 €) para o centro e un ordenador
    portátil

para o profesor ou profesora

  • 2.º Premio: catrocentos euros (400 €) para o centro e unha cámara de

vídeo para o profesor ou profesora

  • 3.º Premio: trescentos euros (300 €) para o centro e unha cámara fotográfica

para o profesor ou profesora

  • Premio Blanco Amor ao mellor guión: trescentos euros (300 €)

Os centros participantes recibirán unha colección de obras audiovisuais non comercias do proxecto Cinemas dixitais.

A entrega de galardóns realizarase no 14 Festival de Cine Internacional de Ourense, onde serán proxectados os traballos gañadores nas salas cinematográficas vinculadas ao festival.

Editarase un DVD cos traballos gañadores. Estes realizarán un percorrido por diferentes centros de ensino a partir de setembro de 2009.

Todas as obras presentadas recibirán un certificado acreditativo da súa participación.

Non se concederán premios ex-aequo. De estimar o xurado que os traballos non reúnen a calidade suficiente, os premios poderán declararse desertos.


 

INFORMACIÓN ADICIONAL


 

A inscrición no I Certame de Cinema OUFF Escola 2009 implicará a total aceptación destas bases polos participantes.

A súa interpretación, así como a doutros aspectos que poidan xurdir sen estar contemplados nestas bases, serán competencia exclusiva do xurado.

A organización resérvase o dereito de poder exhibir os audiovisuais inscritos, con fins educativos e culturais, non comerciais e sen ánimo de lucro, en actividades como ciclos, cursos de cine, xornadas de promoción e outros.

Non se devolverán as copias en DVD dos traballos presentados.

II Premio Literario Escolar Caixanova

Este certame nace do convencemento de que a literatura, nas súas compoñentes creativa, fantástica, ou de traballo coa palabra, entre outras cousas, contribúe de forma fundamental ao desenvolvemento de valores positivos para a convivencia.

Podedes descargar as bases no seguinte arquivo.

XIV Certame de Poesía Francisco Añón

Bases:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, de calquera
nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Lingua Galega. Os
textos presentados deberán ser inéditos.

SEGUNDA: Establécense as seguintes
categorías e premios, por idade que se contabilizarán ata o trece de
abril, data de remate de entrega dos traballos:

  • Categoría A: Nenos/as de 6 a 7 anos.
    • Premios: 1º Clasificado: vale de 90 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra galardoada.
  • Categoría B: Nenos/as de 8 a 9 anos.
    • Premios: 1º Clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra galardoada.
  • Categoría C: Nenos/as de 10 a 11 anos.
    • Premios: 1º Clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra galardoada.
  • Categoría D: Nenos/as de 12 a 14 anos.
    • Premios: 1º Clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Accésit: Publicación da obra galardoada.
  • Categoría E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos.
    • Premios: 1º Clasificado: vale de 230 € a canxear en libros e publicación do poemario.
    • Accésit: Publicación da obra galardoada.
  • Categoría F: Maiores de 18 anos.
    • Premios: 1º Clasificado: cheque por valor de 1000 € e publicación da obra.
    • Accésit: Publicación da obra seleccionada.

TERCEIRA: Para as categorías E e F, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos.

CUARTA: Os traballos presentaranse en
sobre pechado, orixinal e cinco copias, figurando no seu exterior a
mención “XIV Certame Francisco Añón de Poesía”. No seu interior
achegarase un sobre pequeno, tamén pechado, figurando no exterior o
título da obra, a categoría na que participa e o lema ou pseudónimo do
autor; e no interior os datos persoais (nome, idade, enderezo, teléfono
de contacto, centro de estudos, titulo da obra e lema ou pseudónimo) e
fotocopia do D.N.I. Estes traballos recolleranse nas oficinas do 1º
andar da Casa da Cultura. Avda. de San Campio s/n 15230 Outes (A
Coruña) Tamén poden enviarse por correo ao devandito enderezo.

QUINTA: O prazo de presentación rematará o luns 13 de abril de 2010.

SEXTA: O xurado, que se dará a coñecer
oportunamente, será nomeado polo Excmo. Concello de Outes. O día 17 de
maio de 2010, dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras, darase
a coñecer a decisión do xurado nun acto público no que, ademais de
facer a entrega ás persoas premiadas, celebrarase a presentación do
libro “XIII Certame Francisco Añón de poesía, 2009".

SÉTIMA: Aqueles orixinais non
premiados seán devoltos nun prazo de tres meses, previa solicitude por
escrito. Transcorrido o dito prazo, os poemarios serán destruídos.

OITAVA: A decisión do xurado será inapelable. A participación no presente certame implica a aceptación das anteriores bases.

E ti de quen es?

Recollida do noso patrimonio inmaterial

E ti de quen es?

 

 

O IES Lamas de Castelo, desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística e en colaboración co Dpto. de Lingua Galega e Literatura, está a organizar un traballo de recolla de alcumes das casas do concello de Carnota co fin de rexistrar este patrimonio inmaterial e fomentar no alumnado o respecto e promoción cara a estes alcuños que aínda hoxe se manteñen vivos como sinais da nosa identidade.

O alcume ou alcuño é un sobrenome, usado en troques do nome e, moitas veces, máis coñecido que o mesmo nome. En Galiza hai unha longa tradición de alcumes, e poucas deben ser as familias que non o teñen ou tiveron; moitas veces está referido a unha particularidade da persoa ou da familia, sendo posible un derivado do lugar de nacemento, característica física, a profesión do pai ou da nai etc.

PASOS PREVIOS:

  • Elaboración dun plano aéreo do concello de Carnota a partir das imaxes do sixpac.

  • Distribuír en zonas todo o alumnado do Centro (1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºC e 4º).

  • Escoller un coordinador/a de zona e dar as directrices para poñer en marcha o proxecto.

LABOR DO COORDINADOR/A:

  • Combinar co grupo e dividilo por áreas atendendo ao lugar de residencia.

  • Elaborar un mapa por área e entregárllelo aos compañeiros para que numeren as casas e poidan comezar a recoller información na ficha correspondente.

  • Informar os compañeiros/as acerca do traballo que deben desenvolver, isto é, recoller os alcumes das casas e a súa (posíbel) orixe.

  • O coordinador/a fixará unha data de recollida da documentación recompilada polo grupo.

  • Facer un baleirado de datos na táboa.

ENTREGA DO TRABALLO:

Os colaboradores deben entregar os mapas numerados, as fichas de recollida de información e as táboas.

O traballo debe entregarse antes do 7 de marzo de 2009.

AdxuntoTamaño
mapa1.png83.75 KB

Imos de magosto!

UN POUCO TARDE, MAIS AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DO MAGOSTO QUE CELEBRAMOS NO CENTRO O 14 DE NOVEMBRO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN...

asar-castanas

ANTES DE ASAR AS CASTAÑAS HAI QUE PICALAS

picar-castana

E DESPOIS DE COMER CHEGOU O MOMENTO DE COMPETIR...

E XOGAMOS AO PITCHER (BY ELDA)

pitcher

pitcher2

pitcher3

pitcher4

ATA TIRAMOS DA CORDA!!! (FICA CLARO QUEN GAÑOU)

corda

corda21

E ATA HOUBO QUEN SE ANIMOU A VER O MUNDO DESDE OUTRA PERSPECTIVA E A BOTAR UNHA CARREIRA


zancos

zancos2

carreirazancos

E CHEGOU A HORA DE COLLER OS TROMPOS E BAILALOS

trompo

trompo2

trompo3

trompo4

TODO ISTO TIÑA QUE TER UNHA RECOMPENSA E... NON PODÍA SER OUTRA QUE UN COLAR DE ZONCHOS

zonchos

zonchos21

zonchos3

zonchos4

zonchos5

zonchos6

UN MOMENTO, UN MOMENTO, NON REMATAMOS AINDA, O MAGOSTO ESTIVO AMENIZADO POR RADIO AREAL 7 E UNS GAITEIROS MOI PARTICULARES

radio

musica

musica2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Intercambio co CPI don Aurelio de Cuntis

12121

Palabras con memoria

Palabras con memoria

 

PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción. E tamén palabras e expresións que non recollen os dicionarios.

Esta asociación propón que durante un tempo, e coa intención de facerlle fronte á globalización e dado que semella posíbel a revitalización e repoboación do noso agro, que entre todos/as recuperásemos o nome dos produtos que nel se daban e quizais se volvan dar. Trátase de, ademais de achegar nomes de castes de froitas, verduras e outros produtos do campo, facer cando se crea necesario unha pequena descrición, resaltar as súas características. Porque as novas xeracións non saben o que é unha saborosa camoesa ou un delicioso peruco e en troques coñecen a encerada "red winter" e a insípida "golden" que lles venden no supermercado. Tamén sería interesante saber particulares tratamentos ou embutidos non comúns da carne do porco ou doutros animais. Fundamental, como no resto das palabras con memoria, é poñer o lugar de escoita
O EDNL do Centro pon ao voso dispor unha caixa de correo na que podedes deixar as VOSAS PALABRAS e ao remate deste curso farémosllas chegar á AELG.
AdxuntoTamaño
palabras con memoria2.JPG255.09 KB

QUEN QUERES QUE SOE NA RADIO? (Para votar debes entrar como usuario/a)

Sondaxes

Quen queres que soe na radio?

Quen queres que soe na radio?

Para votar debedes entrar como usuarios/as

Quen somos?

Compoñentes

Neste curso 2023/24 o EDNLG  queda constituído por:

Mª Luz Barreiro Otero, profesora de Lingua galega e literatura e coordinadora do EDNLG.

Antón Díaz Blanco, profesor de Tecnoloxía e responsable das TICS.

Verónica Salgado Rodríguez, representante do Persoal de Administración e Servizos.

Alexandre Beiro Provincial (4º ESO)

Xiana Lago Díaz (4º ESO)

María Mouzo Casais (4º ESO)

Raúl París Novo (4º ESO)

Amelia Pérez Arcos (4º ESO)

Antonio Rodríguez Lago (4º ESO)

Lucía Quintela Saborido (4º ESO) 

Lucía Sendón Alonso (3º ESO)

 

Coordinadora Galega de EDLG

Coordinadora Galega de EDLG

Esta é a ligazón á páxina da Coordinadora Galega de Equipos.

Funcións

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) ten como obxectivo non só fomentar e difundir a lingua galega senón tamén desenvolver toda unha serie de actividades innovadoras e creativas nas que se procura involucrar a toda a comunidade escolar e a súa contorna.