Recital Poético das Letras Galegas 2008

Recital poético das Letras Galegas 2008

 

O departamento de Lingua Galega organizou un recital para homenaxear a Xosé María Álvarez Blázquez e celebrouse durante as Xornadas Culturais o 15 de maio.

Un bo número de alumnos e alumnas de 1º a 4º de ESO recitaron varios
poemas do autor. Os alumnos do primeiro ciclo escolleron principalmente
poemas dos libros Poemas de ti e de min e de Roseira do teu mencer mentres que os do segundo ciclo escolleron algúns do Cancioneiro de Monfero e de Canle segredo.

Se se quere máis información sobre o autor homenaxeado, hai moitísima
información na rede pero recomendámosvos especialmente estes dous
enlaces: o da Biblioteca Virtual Galega e o de Vieiros.