Podes descargar todos os programas de Inversión Infinita emitidos no curso 2007-2008:
Título |
Contido |
Data |
|
1 | Programa presentación |
Nova aventura en Radio Areal 7. Un repaso á actualidade do 2007 a ritmo de versións. The Clash, Carla Bruni, Queen, O Leo i Arremecaghoná... |
11/febreiro/08 12/xan/09 (r) |
2 | Dobarrismo |
Nin o bilingüismo, nin a normalización conseguiron o que tal fixo Andrés. Lograr un número 1 rotundo en todo o Estado. Descubrimos Manifesto Dobarrista, un tributo a Andrés Dobarro, no que grupos galegos versionan os seus temas de sempre. |
18/febreiro/08 19/xan/09 (r) |
3 | My way | My way e Yesterday son os dous temas máis versionados da historia da música. Repasamos as revisións que delas fixeron Elvis, Frank Sinatra, os Sid Vicious e os Sex Pistols entre outros. |
25/febreiro/08 26/xan/09 (r) |
4 | Ciganos | Coñeces a Fanfarria Ciocarlia? Os trompetistas máis rápidos do mundo versionan Born to be wild de Steppenwolf. E tamén La Excepción revisa e tunea a Manhattan Transfer. Podemos ser moi wild, pero a integración cultural témola moi presente. |
3/marzo/08 2/feb/09 (r) |
5 | Día da Muller | Homenaxe merecida ás mulleres carnotanas en particular e do mundo en xeral. Un programa exclusivamente de versións feitas por mulleres: Sinnead O´Connor, Ana Torroja, Noa, Aurora Beltrán e os seus Tahúres Zurdos, Julieta Venegas... |
10/marzo/08 16/feb/09(r) |
6 |
Polaroid |
Se tendes unha destas cámaras conservádea, porque en breve serán pezas de museo. Como xa o son tamén os discos de vinilo ou os 2CV. Os Ramones versionan a Louis Armstrong, Fangoria aos Ramones, Narko a Alaska... |
7/abril/08 2/marzo/09(r) |
7 |
Pacifismo |
Nunca pensamos na violencia como medio eficaz para resolver ningún conflicto. Aprendemos ben as leccións de Gandhi ou Martin Luther King e servíronnos de motivo para escoitar a Pet Shop Boys versionando a U2, aos Fuggees, Puff Daddy, Lili Allen... |
14/abril/08 9/marzo/09(r) |
8 | A movida | Cando os que viviron a explosión cultural e musical do Madrid dos ´80 comezan a parecer "carrozas" nos facemos un percorrido pola historia recente de España da man de Los Piratas, NachaPop e Polanski y el ardor e acabamos na movida viguesa con Aerolíneas Federales, Siniestro Total e Lynyrd Skynyrd... |
21/abril/08 16/marzo/09(r) |
9 |
Barrio Sésamo |
Máis nostalxia ochenteira. E de paso, lembranza dunha televisión menos violenta e máis educativa. Carambola a tres bandas Elvis-Barry White-El Príncipe Gitano, Paolo Conte e Jaime Urrutia (ex Gabinete Caligari) e Madonna e Xil Ríos man a man de Vincent Jalo. |
28/abril/08 23/marzo/09(r) |
10 |
Día das Letras |
Galicia e os galegos somos diferentes, péselle a quen lle pese. Nuns días de victimismo finxido e de intentos de darlle a volta á situación que vive o galego, homenaxeamos a Álvarez Blázquez con música en galego e para galegos: Luis Emilio Batallán cos Ramones, os Tamara, Astarot, Dios Ke te Crew, Nirvana con Fuxan os Ventos nun novo machuco. |
12/maio/08 30/marzo/09 |
11 | Reggae | Xamaica protagonista. Bob Marley como guía do programa no que aparecen versións de Joe Cocker, UB 40, Ariel Rot ou Andrés Calamaro. |
19/maio/08 20/abril/09 |
12 | Homes | Por aquilo da paridade non podíamos deixar de facer un programa especial de voces masculinas. Joe Cocker, Rod Stewart, Tom Jones, kiko Veneno, Bob Dylan, Raphael... |
2/xuño/08 27/abril/09 |
13 | De dous en dous | Se os ovos veñen en ducias por que non iamos atopar versións a pares? Omega e Enrique Morente no seu proxecto Lagartija Nick versionan a Leonard Cohen para tomar Manhattan e bailar un vals vienés co permiso de Lorca. M-Clan repasa un éxito da Steve Miller Band e chama á Terra para saber da Maggie de Rod Stewart. Cifu, de Celtas Cortos, e os Acusicas non se poden levantar no Hawaii de Mecano e os Nikis quédannos agradecidos de ter un Amante bandido. Sorprendente, non é? |
9/xuño/08 11/maio/09 |
14 | Me first & The Gimme Gimmes | Un dese grupos que nos puxo moi doado facer o programa. Se che gusta o punk-rock masticable de Offspring, Green Day ou NOFX tes que escoitar as versións guitarreiras que fan de éxitos desde os anos '60 até hoxe, desde Cabaret ou Don't cry for me Argentina ata Nothing compares 2U ou Blowin' in the wind, pasando por Somewhere over the rainbow ou The boxer. |
16/xuño/08 25/maio/09 |
15 | Beatles | Viaxe de ida e volta no noso yellow submarine para unha inmersión infinita nas versións e revisións dos catro magníficos de Liverpool. Ray Charles versiona Yesterday, o gran Elvis Hey Jude, Noa fai o mesmo con We can work it out e Caetano Veloso con Lady Madonna. A galega Terela Gradín acada o preciosismo jazzístico con Norwegian Wood e mesmo hai tempo para mesturar o It wasn't me de Shaggy cun clásico coma Let it be. |
1/dec/09 1/xuño/09 |
16 | Finito | Finalmente o infinito tórnase finito. Adeus (ou ata loghiño?) a un experimento radiofónico que funcionou mellor do pensado. Maroon 5 canta o Don't look back in anger de Oasis, Amaral cántalle a Cecilia Nada de Nada; Germán Coppini revisando a Love; Ke Rule, Astarot versionando a Supertramp, Queen... Radio Areal 7 procura heredeiros radiofónicos. A porta queda aberta... |
15/dec/09 |