AREAL 7

Radio AREAL 7

Grella de programación

 

DESCARGAS

 

Descargas

Aquí podes descargar algúns programas realizados en cursos anteriores:

2077-2008: Climate change.

                 Día da Paz.

                 Sputnik.

                 Un mundo ao revés.

                 Más vale trocar.

 

2008-2009: Sacar o aire.

2009-2010: Mercedes Sosa.

2010-1011:Led Zeppeling.

                 Michael Jackson.

2011-2012: Pandereteiras.

                 Día da poesía.

2012-2013: A cociña galega.

                 10 anos do Prestige.

2013-2014: Os rapeiros do Lamas.

2014-2015: Entrevista a Castor Montes.

                Entrevista a Angel Carracedo.

                Entrevista a Victor Olmos.

2015-2016:

                OSDB. Especial Neira Vilas.

Grella de programación

 

L

 ITI News

ITI News, toma o relevo neste curso do Son da Biblioteca, pero seguiremos traballando nela. O de "ITI" vén de Investigación e Tratamento da Información, e o equipo de redacción deste programa será todo o alumnado desta materia. Porén, os cerebros que definiron a estrutura do programa foron os alumnos e alumnas de 2º de ITI:Ainhoa, Alba, Aynara, Lucas, Lucía, e Marcos.

Neste espazo irémosvos contando novas interesantes ou curiosas que iremos seleccionando de fontes diferentes: libros e revistas da nosa Biblioteca Escolar, xornais, ou da Internet. Estes son os temas que trataremos: CURIOSIDADES – CIENCIAS – NATUREZA – SAÚDE – GASTRONOMÍA – “TIC-nología” - CULTURA. 

M  

INVERSIÓN INFINITA

 

Reemitimos os programas realizados polo profesor Potel no curso 2007-2008.

Inversión infinita ofrécenos versións de temas coñecidos, o que servirá de pretexto para facer un percorrido pola historia de bandas míticas, cantantes esquecidos inxustamente, temas históricos ou de actualidade e anécdotas tanto dos artistas como das súas composicións.

Me   COOL MUSIC

É un programa de radio que vos ofrece música estadounidense, moderna, de actualidade. Con Alba, Lucía e María.

Non vos fartaredes de escoitar as nosas cancións!         

Esperámosvos todos os mércores en Radio Areal 7, con algunha que outra sorpresa.

X

 

 

LAMAS

FM

 Lamas FM é un programa realizado por Denisse Lamela e Lara Senande. Emitímolo os xoves e nel ofrecémosvos topo tipo de estilos de música moderna, pero principalmente de reggaeton, rap e pop.


V  

 

 É o programa de radio que imos cociñar entre todo o alumnado de Francés, pero especialmente o de 3º e os de 2º, con algo de axuda da profesora.

é

Inversión Infinita

Podes descargar todos os programas de Inversión Infinita emitidos no curso 2007-2008:

Programas.

 

Título

Contido

Data

1
Programa presentación
 

Nova aventura en Radio Areal 7. Un repaso á actualidade do 2007 a ritmo de versións. The Clash, Carla Bruni, Queen, O Leo i Arremecaghoná...

11/febreiro/08

12/xan/09 (r)

2
Dobarrismo

Nin o bilingüismo, nin a normalización conseguiron o que tal fixo Andrés. Lograr un número 1 rotundo en todo o Estado. Descubrimos Manifesto Dobarrista, un tributo a Andrés Dobarro, no que grupos galegos versionan os seus temas de sempre.

18/febreiro/08

19/xan/09 (r)

3
My way
My way e Yesterday son os dous temas máis versionados da historia da música. Repasamos as revisións que delas fixeron Elvis, Frank Sinatra, os Sid Vicious e os Sex Pistols entre outros.

25/febreiro/08

26/xan/09 (r)

4
Ciganos
Coñeces a Fanfarria Ciocarlia? Os trompetistas máis rápidos do mundo versionan Born to be wild de Steppenwolf. E tamén La Excepción revisa e tunea a Manhattan Transfer. Podemos ser moi wild, pero a integración cultural témola moi presente.

3/marzo/08

2/feb/09 (r)

5
Día da Muller
Homenaxe merecida ás mulleres carnotanas en particular e do mundo en xeral. Un programa exclusivamente de versións feitas por mulleres: Sinnead O´Connor, Ana Torroja, Noa, Aurora Beltrán e os seus Tahúres Zurdos, Julieta Venegas...

10/marzo/08

16/feb/09(r)

6
Polaroid
Se tendes unha destas cámaras conservádea, porque en breve serán pezas de museo. Como xa o son tamén os discos de vinilo ou os 2CV. Os Ramones versionan a Louis Armstrong, Fangoria aos Ramones, Narko a Alaska...

7/abril/08

2/marzo/09(r)

7
Pacifismo
Nunca pensamos na violencia como medio eficaz para resolver ningún conflicto. Aprendemos ben as leccións de Gandhi ou Martin Luther King e servíronnos de motivo para escoitar a Pet Shop Boys versionando a U2, aos Fuggees, Puff Daddy, Lili Allen...

14/abril/08

9/marzo/09(r)

8
A movida
Cando os que viviron a explosión cultural e musical do Madrid dos ´80 comezan a parecer "carrozas" nos facemos un percorrido pola historia recente de España da man de Los Piratas, NachaPop e Polanski y el ardor e acabamos na movida viguesa con Aerolíneas Federales, Siniestro Total e Lynyrd Skynyrd...

21/abril/08

16/marzo/09(r)

9
Barrio Sésamo
Máis nostalxia ochenteira. E de paso, lembranza dunha televisión menos violenta e máis educativa. Carambola a tres bandas Elvis-Barry White-El Príncipe Gitano, Paolo Conte e Jaime Urrutia (ex Gabinete Caligari) e Madonna e Xil Ríos man a man de Vincent Jalo.

28/abril/08

23/marzo/09(r)

10
Día das Letras
Galicia e os galegos somos diferentes, péselle a quen lle pese. Nuns días de victimismo finxido e de intentos de darlle a volta á situación que vive o galego, homenaxeamos a Álvarez Blázquez con música en galego e para galegos: Luis Emilio Batallán cos Ramones, os Tamara, Astarot, Dios Ke te Crew, Nirvana con Fuxan os Ventos nun novo machuco.

12/maio/08

30/marzo/09 

11
 
Reggae
Xamaica protagonista. Bob Marley como guía do programa no que aparecen versións de Joe Cocker, UB 40, Ariel Rot ou Andrés Calamaro.

19/maio/08

20/abril/09

12 Homes Por aquilo da paridade non podíamos deixar de facer un programa especial de voces masculinas. Joe Cocker, Rod Stewart, Tom Jones, kiko Veneno, Bob Dylan, Raphael...

2/xuño/08

27/abril/09

13 De dous en dous Se os ovos veñen en ducias por que non iamos atopar versións a pares? Omega e Enrique Morente no seu proxecto Lagartija Nick versionan a Leonard Cohen para tomar Manhattan e bailar un vals vienés co permiso de Lorca. M-Clan repasa un éxito da Steve Miller Band e chama á Terra para saber da Maggie de Rod Stewart. Cifu, de Celtas Cortos, e os Acusicas non se poden levantar no Hawaii de Mecano e os Nikis quédannos agradecidos de ter un Amante bandido. Sorprendente, non é?

9/xuño/08

11/maio/09

14 Me first & The Gimme Gimmes Un dese grupos que nos puxo moi doado facer o programa. Se che gusta o punk-rock masticable de Offspring, Green Day ou NOFX tes que escoitar as versións guitarreiras que fan de éxitos desde os anos '60 até hoxe, desde Cabaret ou Don't cry for me Argentina ata Nothing compares 2U ou Blowin' in the wind, pasando por Somewhere over the rainbow ou The boxer.

16/xuño/08

25/maio/09

15 Beatles Viaxe de ida e volta no noso yellow submarine para unha inmersión infinita nas versións e revisións dos catro magníficos de Liverpool. Ray Charles versiona Yesterday, o gran Elvis Hey Jude, Noa fai o mesmo con We can work it out e Caetano Veloso con Lady Madonna. A galega Terela Gradín acada o preciosismo jazzístico con Norwegian Wood e mesmo hai tempo para mesturar o It wasn't me de Shaggy cun clásico coma Let it be.

1/dec/09

1/xuño/09

16 Finito Finalmente o infinito tórnase finito. Adeus (ou ata loghiño?) a un experimento radiofónico que funcionou mellor do pensado. Maroon 5 canta o Don't look back in anger de Oasis, Amaral cántalle a Cecilia Nada de Nada; Germán Coppini revisando a Love; Ke Rule, Astarot versionando a Supertramp, Queen... Radio Areal 7 procura heredeiros radiofónicos. A porta queda aberta...

15/dec/09