Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Matrícula curso 2024/25 - Do 24 de xuño ao 8 de xullo

 Documentación a entregar coa matrícula. Pinche aquí.

  • Formulario para a formalización da matrícula. Pinche aquí.
  • Permiso de imaxe. Pinche aquí.
  • Permiso para baixar nas paradas. Pinche aquí.
  • Permiso para saír do centro ao remate da xornada. Pinche aquí.
  • Permiso para actividades complementarias. Pinche aquí.
  • Información do seguro escolar (3º e 4º de ESO). Pinche aquí.

 *Nota: Os formularios atópanse tamén a súa disposición na secretaría do centro.

 

O próximo curso 2024/2025 todo o alumnado participará no proxecto E-Dixgal, polo que non haberá libros de texto. Poden consultar os materiais curriculares que precisa o alumnado pinchando aquí.

Xogos Olímpicos e Graduación!

Outro ano máis, despedimos o curso 2023/2024 cos Xogos Olímpicos e coa Graduación. O alumnado de 4º de ESO non só foi protagonista no acto, senón que se proclamaron gañadores dos Xogos Olímpicos. Botarémolos/as moito de menos e esperamos contar coa súa visita no futuro!

   

CARNOTA CONECTA

Un grupo de alumnas e alumnos de 4º de ESO adentrouse no mundo do emprendemento grazas á inestimable axuda de Javier Boquete, e á colaboración de Pueblos Remotos. O resultado foi a presentación do seu proxecto, Carnota Conecta, a representantes do Concello de Carnota, emprendedores locais, nómadas dixitais, profesorado e familias. 

 
O alumnado de 4º de ESO presentando o proxecto, con Carlos Jonay SS (Pueblos Remotos) e Javier Boquete Agasaio ao centro de parte dos emprendedores locais e nómadas

Xornadas culturais 2024

Do 13 ao 16 de maio celebráronse as xornadas culturais do IES Lamas de Castelo, onde se levaron a cabo numerosas actividades dende os distintos departamentos.

Foi unha semana intensa pero moi produtiva! 

 

 

   

BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25 - CONVOCATORIA XERAL

 O prazo de presentación de solicitudes para as BOLSAS DE ESTUDOS MEC é do 19 de marzo de 2024 ás 9 horas ata o 10 de maio de 2024 ás 15 horas.

Formación para as familias

Dende o IES queremos ofrecer formacións para as familias. Buscamos dar resposta ás inquedanzas ou dúbidas sobre aspectos que poidan ser de utilidade cos vosos fillos e fillas. Só vos levará uns minutos cubrila e será de gran utilidade para planificar futuras actividades. Podedes acceder a ela nesta ligazón á enquisa anónima para as familias

Acreditación da competencia dixital do alumnado

O alumnado de 4º de ESO que titule obterá automaticamente o nivel de iniciación de Competencia Dixital. O alumnado de 4º de ESO tamén pode acreditar o nivel intermedio de Competencia Dixital realizando unha proba voluntaria e gratuita. Para realizar a proba é preciso que cubran o formulario de solicitude (Anexo IV da Resolución) e o entreguen na secretaría do centro antes do 15 de marzo ás 14:10.

A alumna/o debe responder nun tempo máximo de 90 minutos a un total de 60 preguntas referidas a cada unha das cinco áreas de dominio. Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.

Poden consultar a información completa relativa á acreditación da competencia dixital do alumnado de 4º de ESO aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut