Nos últimos días veñen aparecendo en prensa múltiples artigos nos que o Lamas de Abade ten motivos para ter unha boa opinión de si mesmo. Compartimos varios Links nos que podedes comprobar a importancia dos resultados acadados polo noso alumnado nas probas de ABAU deste mes de xuño que teñen disposto ao Lamas no 9º posto da clasificación de centros de Galicia e no 2º posto entre os de Santiago
A nosa alumna Nerea Mera Castro, de 1º curso da ESO, vén de recibir o 2º premio do XVI Concurso Escolar organizado polo programa Prensa - Escola do Xornal La Voz de Galicia nesta edición do 2019.
Nerea ten participado cunha entrevista na que deixa constancia do gravísimo problema da perda de poboación e abandono do rural galego.
Compartimos artigo da entrega de premios
e tamén deixamos o oportuno LINK para que accedades á entrevista galardoada
O luns 18 de marzo o alumnado do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar do Lamas de Abade puido contemplar en directo unha demostración didáctica para aprender a manexar o láser « triphase».
O Obradoiro Didáctico tivo lugar nas instalacións de DRV e está a complementarse coa realización de prácticas no propio centro coa colaboración da empresa. En nome da profesora do grupo Mercedes Sáenz manifestar o agradecemento pola eficacia e amabilidade das persoas que colaboraron con esta formación, tanto por parte de DRV como de Depilclub. E polo que nos toca ao Centro, manifestar tamén un agradecemento individual a Belén Estévez, unha das responsables da impartición do curso, profesional moi considerada a nivel internacional que está directamente relacionada co IES Lamas de Abade por ser unha das nosas ex-alumnas.
Contar con Ciclos de Estética no noso Centro ten moitas vantaxes. Unha delas foi a de poder gozar das impresionantes e coidadas caracterizacións das "vítimas" do simulacro de emerxencias que tivo lugar esta mañá no Instituto e que mereceu a atención dos medios de comunicación. Non obstante o traballo non tería sido posible sen a colaboración e coordinación do alumnado e profesorado do Ciclo de Emerxencias Sanitarias do noso Instituto que puideron levar adiante unha intensa e completa práctica do que será a súa actividade profesional nun futuro inmediato. Parabéns a alumnado e profesrado polo traballo realizado e o resultado final do simulacro.
Pulsade na imaxe para poder ver o índice do telexornal de hoxe 27 de febreiro de 2019 e logo pulsade no minuto 41:56 para gozar da reportaxe:
30 de decembro de 2018: Link ao Artigo en La Voz de Galicia sobre a Formación Profesional da comarca de Santiago de Compostela no que se fai especial fincapé nos estudantes de centros desta localidade clasificados para participar na fase SpainSkills 2018. En relación directa co tema aparece ao longo do texto unha entrevista individual coa nosa alumna Iria Díaz Granja. Parabéns.
21 de novembro de 2018: Link á noticia sobre a participación do noso alumnado nas XXXI Xornadas de Ensinantes de Ciencias de Galicia. Se queres máis datos desta actividade pulsa para recordar o artigo na web do Instituto
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer