O pasado 20 de xuño, para clausurar o curso, tivo lugar o pase das curtametraxes presentadas polo alumnado do IES Lamas de Abade ó
1° CONCURSO DE CURTAS CLIMA: VALEDORAS DO PLANETA
O Certame resultou un éxito de público, de crítica e de calidade no parecer dos profesores organizadores, do Departamento de TIC, Brais Preto Fernández, e, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Cristina Gómez Rodríguez e Marina Raíces Madriñán.
Que podemos facer nós para reducir o Cambio Climático? Se "salieron del tiesto" todos. Houbo que outorgar uns galardóns, e como se de Premios Óscar se tratase, desfilaron pola alfombra vermella.
Valorouse o rigor científico, a creatividade, a capacidades de conectar co espectador e facer chegar a súa mensaxe, entre outras cousas.
Os premiados foron:
- En 4°de ESO, na materia de TIC:
- En 2° de ESO, na materia de Climántica
Parabéns para todos e todas as participantes.
O ano que vén esmerarémonos outra vez. FELICES VACACIÓNS ¡¡¡
Como cada ano, o alumnado novel de Bioloxía e Xeoloxía do noso IES Lamas de Abade visitaron o MHN de Santiago de Compostela que se encontra sito no parque Europa da nosa cidade. Non contamos co mellor día (choveu “a mares”) pero o resultado foi satisfactorio: os alumnos e alumnas conseguiron respostar ó 99,9 % das cuestións que as súas profesoras Cristina e Mariña lles levaban plantexadas.
Aínda que o importante non son os resultados a curto prazo senón o interese suscitado neles, que aflorará o día menos pensado cando, un sábado chuvioso de inverno acorden volver porque algo non lles quedara suficientemente visto. (INTENTANDO crear VOCACIÓNS, JE ,JE)
A visita á Cidade da Cultura foi guiada e resultounos máis curta do desexado. Só podemos dedicarlle tempo aos aspectos arquitectónicos do complexo. Outra vez será. Gustounos.
I Concurso curtas “PREMIOS CLIM. VALEDORAS DO PLANETA”
Moita Xente Pequena,
En Lugares Pequenos,
Facendo Cousas Pequenas
Poden Cambiar O Mundo.
E. Galeano
O IES Lamas de Abade acaba de convocar para o seu alumnado o 1º Certame de curtametraxes dedicado á loita contra do Cambio Climático.
Somos nós os que poderemos salvar ó planeta.
Que podemos facer nós no noso Instituto para reducir as emisión de dióxido de Carbono?
O pase de tódalas curtas terá lugar o xoves 20 de Xuño no salón de actos do noso instituto. O Xurado valorará a creatividade das persoas participantes e a súa capacidade para chegar a toda a Comunidade Educativa.
Haberá alfombra vermella e recoñecementos para todos.
A nosa alumna Nerea Mera Castro, de 1º curso da ESO, vén de recibir o 2º premio do XVI Concurso Escolar organizado polo programa Prensa - Escola do Xornal La Voz de Galicia nesta edición do 2019.
Nerea ten participado cunha entrevista na que deixa constancia do gravísimo problema da perda de poboación e abandono do rural galego.
Compartimos foto da entrega de premios e tamén deixamos o oportuno LINK para que accedades á entrevista galardoada
E tamén podes atopar máis datos e os links á publicación íntegra de prensa Escuela sobre a entrevista e o premio na sección "Prensa" da web do Lamas de Abade
O mércores 19 o Departamento de Educación Fïsica organiza unha lúdica e relaxante excursión para o alumnado de 3º e 4º da ESO e para os de 1º de Bacharelato no Aquapark de Cerceda co obxectivo de inaugurar o verán da mellor maneira posible.
Tamén o martes día 18 de xuño terá lugar en horario de tarde o acto de Presentación da páxina web do "Instituto de Investigación de Gadgets Tecnolóxicos (I.I.G.T.)" do IES Lamas de Abade. O Departamento de Filosofía xa leva tempo implicando ao alumnado para recapacitar sobre a tecnoloxía omnipresente no mundo actual e agora quere compartir os seus resultados con todo o público na web. Non dubidedes en asistir ao evento no Salón de Actos do Instituto ás 5 da tarde.
Hai que admitir publicamente que o alumnado de 2º da ESO ten motivos para sentirse un pouquiño agraviado nas saídas deste curso e, no fondo, todo o profesorado temos feito promesa de compensalos no vindeiro curso.
Non obstante, que teñamos intención de compensar ese erro para o ano non impide que aínda poidan realizar saídas didácticas na recta final do curso que remata agora. Por ese motivo as titoras teñen organizado unha saída para estes grupos de 2º da ESO o vindeiro día 18 de xuño durante toda a mañá mediante unha prolongada visita ao Museo do Pobo Galego. Estarán acompañados polas titoras Rosa Conde e María Carmen García e polo seu profesor Brais Preto. Dende logo, merecer, téñena ben merecida
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer