Luns, 18 de novembro, de 12:00-13:00. 1º ESO A
PARABÉNS A NOSA ALUMNA REBECA GARCÍA DURÁN POLA SÚA MEDALLA DE PRATA NA ESPECIALIDADE DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA E ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO CAMPIONATO GALICIASKILLS 2021
PARABÉNS a 2º BACHARELATO
O IES Lamas de Abade davos os parabéns polos vosos resultados na ABAU e deséxavos o mellor na vosa nova andadura.
As farmacias da provincia, en colaboración coa Consellería de Sanidade inician un cribado gratuíto para a poboación adolescente de 12 a 17 anos a través da autorrecollida dunha mostra de saliva.
Poden acceder á información a través do seguinte enlace: https://www.cofc.es/campana/79-campana-de-deteccion-de-sars-cov-2
Candela Martínez Ferro, alumna de 1º de Bacharelato do IES Lamas de Abade, ganou o terceiro premio da cuadraxésimo novena edición do Concurso Minerva do IES Peleteiro na categoria de poesía. Onte, 14 de abril, recolleu o premio (250€ e medalla de prata) de mans do mantedor do acto, Ramón Villares Paz, catedrático de Historia da USC e membro da Real Academia Galega.
Se premes na imaxe da galardoada poderás ver a entrega do premio e escoitar un dos tres poemas ganadores na voz da propia autora.
PARABÉNS!!!!
A compañeira Ana Mª Varela Pena do departamento de Imaxe Persoal do IES Lamas de Abadexunto a compañeiras e compañeiros dos departamentos de Imaxe persoal e Sanitaria do IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo,e coa colaboración das Entidades Talaso Atlántico H., S:L: e Benffirenticial, acaba de obter o premio de Innovación de FP da Consellería de Educación na convocatoria deste curso polo proxecto “Investigación sobre o asesoramento e venda de produtos e servizos de Imaxe Persoal, para clientes oncolóxicos, coa axuda de ferramentas dixitais”, coordinado pola profesora Maricarmen Feijoo do IES Frei Martín Sarmiento. O proxectoobtivo un premio de 21.943€.Con este proxecto, iniciase unha liña de traballo que nos permite investigar, analizar e ofrecer, a través do Marketing dixital, un asesoramento, promoción e venda de produtos e servizos estéticos máis personalizados, co fin de abordar con eficacia unha serie de situacións “socioestéticas”, que repercutan na mellora da calidade de vida dos clientes oncolóxicos, desde o punto de vista da Imaxe Persoal coa axuda de ferramentas dixitais.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer