slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Demostración "Masaxe de Pedras Quentes"

O vindeiro luns 21 de xaneiro o Departamento de Imaxe Persoal ten programado unha actividade desas que producen envexa nada máis oír falar delas. Montse Veiras, unha das mellores profesionais do Ramo da Estética e Benestar, procederá a facer unha "Demostración de Masaxe con Pedras Quentes". A actividade terá un horario de 9:00 a 11:30 e será realizada para 1º e 2º ciclo de Estética e Benestar no Taller 2 de Estética. Os profesores afectados pola actividade son Isabel Rodríguez (organizadora do evento) e María Victoria Nores. Un quédase coa inquedanza de saber se aceptarán voluntarios para a demostración...

 

Encontro literario con Teresa Moure

Co obxectivo de fomentar a lectura e propiciar un enriquecedor debate cunha autora recoñecida no mundo das letras, o alumnado do Club de Lectura do Instituto terá un encontro literario coa coñecida escritora Teresa Moure o vindeiro 24 de xaneiro de 2019 na hora posterior ao recreo (11:50 a 12:40). Os cursos nos que se encadra este alumnado son o 3º e 4º da ESO e o 1º de Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades (afectando polo tanto ás clases que deberían ter nese horario). De seguro será unha grande experiencia :)

Ti Controlas, Ti Decides

O vindeiro luns realizarase no Lamas de Abade unha actividade de sensibilización coa Seguridade Viaria impartida pola Policía Local de Santiago para o alumnado de 1º de Bacharelato (cursos A e B).

Loitando polo descenso dos sinistros nas estradas a actividade pretende concienciar o alumnado da importancia dos factores humanos nestes accidentes. Os obxectivos céntranse en que os mozos e mozas asuman a normativa viaria como algo positivo e indispensable e non como unha obriga. Búscase concienciar aos futuros condutores na necesaria responsabilidade e na valoración do risco que supón a circulación viaria. 

Para reforzar estes obxectivos a actividade desenvolve un módulo teórico e un módulo práctico no que o alumnado queda inmerso no mundo dos accidentes de circulación empregando videoclips ou incluso gafas de realidade virtual. A actividade terá lugar o luns 14 de xaneiro en horario de 9:00 a 11:30 no Salón de Actos do Instituto. 

Se queredes, pasádevos polo seu facebok  e mirade algunhas das actividades feitas nos últimos anos :) 

O Lamas camiño do SpainSkills2018: Entrevista na Voz á nosa representante

30 de decembro de 2018: Link ao Artigo en La Voz de Galicia  sobre a Formación Profesional da comarca de Santiago de Compostela no que se fai especial fincapé nos estudantes de centros desta localidade clasificados para participar na fase SpainSkills 2018. En relación directa co tema aparece ao longo do texto unha entrevista individual coa nosa alumna Iria Díaz Granja. Parabéns. 

Fotos da "Visita ao Laboratorio Aberto da Domus"


O pasado 11 de decembro visitamos o Museo Aberto da Domus e participamos nun obradoiro biotecnolóxico en busca dunha diana para o tratamento da aterosclerose, facendo unha transformación bacteriana. Foi unha agradable experiencia na que aprendimos desde como manipular micropipetas, ata darlle de comer a bacterias, facer cultivos con asas de sembra e descubrir para que serve unha centrifugadora no laboratorio.


Pulsando aquí podedes acceder a galería de imaxes da mañá que pasamos en A Coruña.

Visita á "Pista de Xeo da Alameda"

O vindeiro 20 de decembro, no marco das actividades finais do trimestre e como celebración previa ao Nadal, o alumnado de 3º e 4º da ESO fará unha lúdica visita á Alameda Compostelá para poñer a proba as habilidades para a patinaxe sobre o xeo. A actividade durará de 9:50 a 11:30.

Un favor vos pedimos: Volvede sen danos físicos pero gozade a tope da experiencia Sorriso

Se pulsades na imaxe poderedes ver a fotografía coa que ilustramos este evento dentro dun artigo do xornal La Voz de Galicia no que se fala sobre a pista de xeo e outras actividades do Nadal en Compostela. E se pulsades aquí poderedes ver algunhas das nosas propias fotos da actividade   RisaSorriso 

Son Muller Forte e Libre

 E falando tamén de traballo ben feito: Cando o 25 de novembro celebramos o día Internacional contra a Violencia de Xénero fixemos un resumo das actividades desenvolvidas no Lamas de Abade antes desa conmemoración. Non obstante, mirade a marabilla coa que nos deleitaron dende o Departamento de Dinamización Lingüística do Centro no recreo do día seguinte. Admirable e valente actuación recompensada coa ledicia e os aplausos de todas e todos os que alí estabamos escoitando.

Deixamos link ao vídeo. Para poder visualizalo temos rebaixado considerablemente a calidade. Non obstante aquelas persoas que queirades unha copia con calidade HD non dubidedes en preguntar ao Departamento de Dinamización ou na Xefatura de Estudos e non teredes problema en conseguila.

Lembrades o Concurso de Postres de Halloween?

Hai un par de semanas aconteceron algúns eventos que deixamos de lado para atender ao montón de actividades que saturaban a nosa web, pero agora que a cousa está máis tranquila vai sendo tempo de deixar os oportunos recoñecementos aos que fan un bo traballo no noso Instituto e por veces quedan no esquecemento ou fóra da nosa atención. Por ese motivo compartimos hoxe con vos a foto de entrega de premios do concurso de postres que polo Halloween organizara o Departamento de Inglés e do que xa deixamos constancia na nosa web co seu correspondente álbum de fotos. Parabéns enormes para estes cociñeiros e cociñeiras que traballaron arreo naqueles "sweet desserts" e que agora amosan o seu diploma e premio de cine: César Alijo, Iria Estévez e Antía Tejo 

Visita ao Laboratorio Aberto da Domus

O día 11 de decembro de 2018 en horario de mañá (9:30 a 14:15) o alumnado de 4º da ESO e o de 1º de Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía asistirán a unha interesante actividade programada pola Domus da Coruña na súa sección "Laboratorio Aberto". A temática centrarase na Revolución Biotecnolóxica. O profesorado acompañante serán as profesoras Marina Raíces Madriñán e Cristina Gómez Rodríguez

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer