Os grupos de 3º da ESO comparten o seu blog da viaxe a Londres. Podemos seguir a viaxe case "en directo" pulsando na imaxe ou no enderezo:
https://abadelondontrip.wordpress.com/
Parabéns pola iniciativa.
O profesorado dos módulos de Cosmetoloxía e de Técnicas Hidrotermais teñen programado para o 15 de marzo unha actividade para visitar a Fábrica de Cosméticos Iuvenor e o Balneario de Partovia durante toda a mañá (9:00 a 14:00)
Os afortunados que gozarán da actividade son os seguintes Ciclos:
1º e 2º do CS de Estética Integral e Benestar
2º do CM Estética e Beleza
Os cursos de 2º e 3º da ESO visitarán os Museos Científicos Coruñeses o 14 de Marzo dende as 9:00 da mañá ata as 18:00 da tarde. Terán tamén a oportunidade de participar nun Obradoiro de Disección de Órganos.
Contar con Ciclos de Estética no noso Centro ten moitas vantaxes. Unha delas foi a de poder gozar das impresionantes e coidadas caracterizacións das "vítimas" do simulacro de emerxencias que tivo lugar esta mañá no Instituto e que mereceu a atención dos medios de comunicación. Non obstante o traballo non tería sido posible sen a colaboración e coordinación do alumnado e profesorado do Ciclo de Emerxencias Sanitarias do noso Instituto que puideron levar adiante unha intensa e completa práctica do que será a súa actividade profesional nun futuro inmediato. Parabéns a alumnado e profesrado polo traballo realizado e o resultado final do simulacro.
Pulsade na imaxe para poder ver o índice do telexornal de hoxe 27 de febreiro de 2019 e logo pulsade no minuto 41:56 para gozar da reportaxe:
Temos recibido numerosas testemuñas gráficas das actividades realizadas recentemente no Instituto que compartimos de seguido. As actividades que teñen entregado fotografías e das que podedes ver o seu respectivo álbum pulsando nas imaxes son as seguintes:
Visita de 2º de Bacharelato polas Facultades da USC
O CS de Anatomía Patolóxica e Citoloxía realiza unha práctica de Inmunohistoquímica no Laboratorio da Facultade de Medicina da USC
O alumnado de 3º da ESO recibe a conferencia da Policía Local de Santiago sobre Seguridade Viaria
O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato acudirán á conferencia de Xeoloxía Ambiental impartida pola doutora Teresa Taboada Rodríguez na USC o vindeiro 28 de febreiro en horario de 9:50 a 10:40 (2ª hora de clase). O profesorado afectado nesas horas terá que acompañar ao alumnado.
O 25 de febreiro unha selección do alumnado de 3º da ESO (grupos A e B) asistirán a unha charla-coloquio con María Solar, autora do libro "Os nenos da varíola" no salón de actos do IES Xelmírez I entre as 10.15 e as 13:15 da mañá
Este venres 22 de febreiro viviremos en Lamas de Abade a VI Mostra do Entroido organizada polos seguintes Centros: ASPANAES Duques de Lugo, CEIP Lamas de Abade, CEIP Pérez Viondi, IES Lamas de Abade, ESCOLA INFANTIL Raiola e CIFP Compostela.
ENTROIDO 2019
CONCURSO DE SOBREMESAS
BASES
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer