slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Halloween Pumpkin Contest (2019)

O Departamento de Inglés, con motivo da celebración de Halloween, ten organizado un concurso de figuras nas que a temática estaba centrada, preferentemente, na realización dun "pumpkin" inspirado nalgún animal. igual que en anos anteriores o resultado está cheo de imaxinación e creatividade. Pronto coñeceremos os galardóns. De momento teredes que conformarvos co álbum compartido da actividade 

Samaín & Halloween (2019)

As tebras presidiron hoxe a recepción do alumnado no IES Lamas de Abade. Tumbas na entrada, candeas alumeando unha atmosfera chea de medo, teas de araña que medraron en proporcións desorbitadas durante a noite, esqueletos encargados de vixiar os libros da Biblioteca ou pantasmas por diversos recunchos silandeiros estratexicamente situados que asustaron a moitos durante toda a xornada.

Compartimos álbum destes terroríficos acontecementos.

E parabéns para o profesorado, persoal do centro e alumnado implicado na organización do evento.

Conferencia do Departamento de Orientación: "Medrando en Igualdade"

O Departamento de Orientación ten organizado un programa de actividades pensando na celebración do "día contra a Violencia de Xénero" que se celebrará o 25 de novembro.

Neste contexto a primeira das actividades programadas será esta conferencia titulada "Medrando en Igualdade" que se impartirá o 7 de novembro no Salón de Actos. O alumnado de 1º da ESO asistirá entre as 12:45 e as 13:35, e o alumnado de 2º da ESO asistirá entre as 13:35 e as 14:25. 

Conferencias na Biblioteca: "Economía Circular" con Francisco Méndez Gómez

 

 

 

O alumnado de 3º e 4º da ESO terá o vindeiro luns 4 de novembro unha interesante charla con Francisco Méndez Gómez sobre a "Economía circular". A actividade terá lugar na Biblioteca do Lamas xusto na hora despois do recreo (11:55 a 12:45)

"Taller especial de Reflexología Podal" con Mª Carmen Matalobos

O alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Estética terá a oportunidade de asistir a un obradoiro especial de Reflexoloxía Podal a cargo da destacada profesional Mª Carmen Matalobos no Taller 2 de Estética o vindeiro 4 de novembro.

Para quen non a coñeza, Mª Carmen Matalobos é unha recoñecida profesional deste ámbito, con décadas de experiencia, e da que podemos atopar múltiples referencias positivas na web relacionadas co seu traballo entre as que destacamos por exemplo a entrevista da Voz de Galicia "las manos casi santas de Mari Carmen" ou este artigo nun blog especializado titulado "Salud en la planta de los pies" en referencia ao coidado dos pes en idade infantil. Rendibilizade os seus coñecementos compartidos!!!!

Curso formativo de Termalismo no Balneario de Cuntis

 O C.S. de Estética Integral e Benestar (2º Curso) participará no Curso Formativo de Termalismo do Balneario de Cuntis. A data de realización do curso será o mércores 6 de novembro de 2019 durante toda a xornada acompañados de profesorado do Centro.

Charla divulgativa: "Coñecer mellor o Alzhéimer"

Carlos Spuch, doutor en Bioloxía e Científico Investigador Senior do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, impartirá unha charla divulgativa no Auditorio "La Salle" o vindeiro 22 de outubro en horario de 9:50 a 12:45. Asistirá a esta actividade o alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría (CAE) diúrno.

Para ir entrando en materia compartimos  link a unha recente entrevista que lle realizaron sobre este tema no xornal La Voz de Galicia

Charla sobre a "Enfermidade de Lyme"

O luns 21 de outubro desenvolverase no Lamas de Abade unha conferencia sobre a Enfermidade de Lyme a cargo da naturópata e micronutricionista Deborah Jublin, especialista no tema e moi implicada na difusión desta doenza que causa notables trastornos para a saúde do aparato locomotor e do sistema neurolóxico por mor da picadura dunha carracha ou dun mosquito e pasa moitas veces desapercibida.

A actividade está programada en horario de 10:00 a 11:25 para o 1º e 2º curso de FAEPA Ordinario (Farmacia e Parafarmacia) e para o 1º e 2º curso de CS de Saúde Ambiental.

Visita de Carmen Pomar (Conselleira de Educación)

Carmen Pomar, Conselleira de Educación da Xunta de Galicia, estivo visitando este 9 de outubro as instalacións do IES Lamas de Abade, tomando contacto coas nosas necesidades e conversando coa dirección, profesorado e alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Quede aquí constancia gráfica da visita e tamén o link coa nova publicada na web da Xunta con varias fotos da xornada!!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer