slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Visita Base Medicalizada de Santiago (Ciclo de Emerxencias)

O Ciclo Medio de Emerxencias visitará a Base Medicalizada de Santiago de Compostela os días 5 e 10 de febreiro en horario de tarde (entre as 16:00 e as 19:00 horas)

Lectura Dramatizada no CEIP Lamas de Abade

O alumnado de 1º da ESO (Grupos A e B) está a preparar, co profesorado de Lingua Galega, un conxunto de contos infantís para proceder a unha lectura dramatizada diante do alumnado do CEIP Lamas de Abade este vindeiro mércores sobre as 10:35 horas. 

Visita Museo Historia Natural da USC

O alumnado do 1º Curso de Próteses Dentais visitará este mércores 5 de febreiro o "Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela" en horario de tarde (16:00 a 18:30) 

Sorpresa no Cine Numax: Visita e charla de Xesús Ron (codirector do filme)

 

O alumnado que o pasado mércores 29 estivo na proxección da película "Eroski Paraíso" do Cine Numax, tivo tamén a gran oportunidade de coñecer en persoa a Xesús Ron que é Director Artístico da Compañía Chevere e codirector da propia película xunto a Jorge Coira. Interesante experiencia a organizada polo Departamento de Lingua Galega! 

Entradas para o Obra entre as persoas que conforman o Club de Lectura

 

 

 

No Instagram da Biblioteca xa podedes atopar o nome das persoas afortunadas que teñen acadado as primeiras catro entradas para animar ao CB Obradoiro no seu partido contra o Baxi Manresa no "Polideportivo Fontes do Sar" o sábado 1 de febreiro.

A única condición que tiveron que cumprir? Formar parte do Club de Lectura da Biblioteca do Lamas. Con regalos así apuntarse a ler é case de obrigado cumprimento! Guiño

 

 

Curso de Formación en Ottawa, Canadá.

Curso de Formación en Ottawa, Canadá.

Centro educativo: Colonel By Secondary School.

Octubre a noviembre de 2019

   

  

        

  

 

ü Aspectos destacables del Sistema Educativo de Ontario:

· Existen itinerarios formales. Si un alumno no quiere ir a la universidad sino a una Formación Profesional tiene asignaturas con menos contenido que los que van a la universidad. Si, por ejemplo, elige Ciencia Aplicada no podrá después elegir, en el último curso, Ciencia Académica.

· La interculturalidad es palpable: chinos, hindúes, árabes, … junto con los autóctonos.

· El tiempo de cada sesión lectiva es de 75 minutos.

· Horario con pocas asignaturas y varias horas de cada una de ellas, algo bastante positivo.

· Celebración de fiestas tipo Halloween y la Semana de los Disfraces. Similar a nuestro Entroido. Por ejemplo, la semana del 29/10/17 tuvo un motivo de disfraz cada día y en ese día concreto tuvo lugar el Jersey Day.

· Escuchan el Himno Nacional Canadiense antes de empezar las clases.

  

FOTOS DE ESTA RESEÑA:

1. Thousand Islands, frontera con New York.

2. Lake Superior con playa nevada. Toda una Geología para estudiar y además fue cuna de grandes pintores.

3 y 4. Omega Park: toda la fauna del país.

5. Hallowen en el instituto: una semana especial en la que todos los días, además del día propio de la celebración, había un tema para venir vestido diferente.

6. Tradiciones británicas muy presentes: OTTAWA WHISKY LOVERS SOCIETY.

7. Legislación e iniciativas serias contra el consumo de alcohol y la existencia de símbolos ideológicos en lugares públicos.

8 y 9. Batalla entre ingleses y franceses que cambió la extraordinaria Historia de este inmenso país.

 

 José Manuel Facal Díaz

14-octubre a 10-noviembre de 2019

Xornadas de Rugby con Elsa Porto e a Asociación Valentes


A semana pasada o alumnado do Lamas tivo a oportunidade de gozar no Polideportivo das "II Xornadas de Rugby" que nesta ocasión contaron coa presenza da xogadora da Selección Galega e Española Elsa Porto. Foi unha interesantísima experiencia que, xunto coa profesora de Educación Física, contou para a organización coa colaboración do da Asociación Valentes - Club Deportivo Lobos". 

Por descontado, os nosos parabéns e o desexo de que pronto chegue a seguinte convocatoria

Compartimos o link do álbum de fotos da actividade

Cine NUMAX

Alumnado de 4º da ESO e 1º (A e B) de Bacharelato gozará dunha proxección especial da película "Eroski Paraíso" na Sala Numax hoxe mércores 29 de xaneiro en horario de 9:30 a 12:30.

Se queredes saciar a curiosidade sobre a película antes da actividade compartimos link completando información.

"Quasimodo": Teatro para o alumnado de Francés

Hoxe, luns 27 de xaneiro, o alumnado de Francés dos cursos de 2º ESO (A e B) e 3º ESO (A e B) asistirá a unha representación da obra de teatro de Víctor Hugo "Quasimodo". A representación está adaptada ao nivel do alumnado e contará con moitas partes en castelán para facilitar a comprensión. Esta actividade terá lugar no Auditorio La Salle de 9:30 a 11:30. Se queredes ampliar a información podedes pulsar no seguinte enlace para acceder ao proxecto didáctico proposto pola compañía teatral.

Teatro: Vida de Cans

 

O alumnado de 3º (A e B) e 4º da ESO terá o xoves 23 de xaneiro a posibilidade de presenciar a representación teatral de gran éxito titulada "Vida de Cans" do Grupo Talía Teatro en horario de 11:15 a 13:30.

Se queredes ir abrindo boca compartimos o simpático trailer da actuación que podedes atopar en Youtube

   

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer