slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

 

 

 

 

                 

 

ACTIVIDADES DPTO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA XANEIRO

Conferencia CAMBIO CLIMÁTICO en 2º de ESO (12/01/22)

Susana Bayo Besteiro leva anos traballando en investigación como climatóloga ambientalista na Universidade de Vigo. Iniciou a súa conferencia en cada un dos grupos de 2º de ESO facendo un repaso das súas vivencias e a súa vocación científica. 

Explicou como estamos variando a composición de la atmosfera terrestre, como esa variación ocasiona un aumento de temperatura global do planeta, e que consecuencias ten no clima da Terra.

Ademais expuxo algúns exemplos de como se realiza a investigación científica neste campo coa intención de que comprobasen que os nosos alumnos traballan nesa mesma liña.

Finalizou a conferencia con propostas de alternativas para tratar de reducir a nosa contribución  ó  cambio climático. 

 

 

 

DISECCIÓN DE ORGANOS, VISITA AO MUSEO DOMUS E O AQUARIUM FINISTERRAE para 3º de ESO (18/01/22)

O pleno de 3º de ESO realizou unha visita ó museos científicos de A Coruña nun día solleiro que nos permitiu desfrutar ademais dunha comida na Torre de Hércules cunhas temperaturas descoñecidas para a época do ano.

Na tarde, visitouse o precioso Aquarium Finisterrae  no que se poden observar multitude de singulares especies mariñas propias do noso litoral así como unha exposición sobre algunhas estratexias de reprodución. 

 

Na mañá, o LABORTORIO ABERTO do Museo Domus nos ofreceu sendas prácticas de disección de corazón para cada un dos grupos A e B. A organización por parte dos museos coruñeses foi impecable, non entramos en contacto con ningún outro visitante en ningún momento co que a nosa burbulla foi estanca todo o día.

 

                      

 

 

FINALIZACIÓN PROGRAMA ARCO

Finaliza o programa ARCO  deste ano e dicimos ata logo a nosa compañeira Carmen Pérez Picallos

 

EMERXENCIAS SANITARIAS. ACTIVIDADE CRUZ VERMELLA

O alumnado do Ciclo formativo de grao medio en Emerxencias Sanitarias realizou o pasado venres unha actividade coa Cruz Vermella, en ela puideron coñecer un pouco máis o seu labor, o material e vehículos asistenciais que empregan na súa actividade. Agradecer dende aquí a súa participaciòn desinteresada en prol da formaciòn e capacitaciòn profesional do noso alumnado.

PARABÉNS A ALEJANDRA QUIÑOY MIRAMONTES

Parabéns á nosa alumna Alejandra Quiñoy Miramontes polo seu premio no concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro de 2021 "Día internacional contra a violencia de xénero"

O IES LAMAS DE ABADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

IES LAMAS DE ABADE COA MOCIDADE LIBRE DE APOSTAS

OBRADOIRO SOBRE MULLERES CIENTÍFICAS

Luns, 18 de novembro, de 12:00-13:00. 1º ESO A

PARABÉNS A REBECA GARCÍA DURÁN

PARABÉNS A NOSA ALUMNA REBECA GARCÍA DURÁN POLA SÚA MEDALLA DE PRATA NA ESPECIALIDADE DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA E ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO CAMPIONATO GALICIASKILLS 2021

Galiciaskills 2021

                                                                                                       

O IES LAMAS DE ABADE SEDE GALICIASKILLS

Galiciaskills 2021. 6º Campionato Galego de Formación Profesional (clica para ver a información na prensa)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer