slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

"A MEDICINA É MOITO MÁIS QUE O EXERCICIO DUNHA PROFESIÓN, É O DESEMPEÑO DUNHA VOCACIÓN AO SERVIZO DOS DEMAIS"

           Así opinou o Doutor Juan Cuevas Álvarez na charla do pasado 15 de xaneiro sobre os estudos de medicina, charla organizada polo Departamento de FOL.

          Doutor en Medicina e Ciruxía pola USC e especialista en Anatomía Patolóxica, o Doutor Cuevas mostrouse moi directo e próximo ao afirmar que para estudar medicina son necesarios tres requisitos: ser boa persoa, un mínimo de capacidade e, sobre todo, vocación de servizo aos demais. As perspectivas económicas hai que deixalas nun segundo plano.

           Por certo, o Doutor Cuevas tamén foi presidente do Real Aero Club de Santiago. As súas dúas paixóns son a medicina e o voar.

Voluntariado na Biblioteca Escolar do Lamas

           

O IES Lamas de Abade participa este ano na iniciativa "Voluntariado na Biblioteca Escolar" pola que o alumnado de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional pode colaborar de forma asidua nas distintas tarefas culturais da biblioteca. Con estas actuacións búscase crear un espacio de convivencia e compensación de desigualdades no que se fomente e desenvolva a lectura e a actividade cultural. Rematado o curso, e realizando un mínimo de 15 horas de traballo voluntario na biblioteca do centro, os participantes na iniciativa recibirán un diploma emitido pola Dirección Xeral de Igualdade, Participación e Voluntariado.

 

Concerto Didáctico con Títeres

 O alumnado de Música dos cursos de 1º de Bacharelato, 4º da ESO e 3º da ESO (grupo B) gozará o 16 de xaneiro do 2020 no Auditorio de Galicia dun Concerto Didáctico dirixido por Maximino Zumalave que contará coa participación da compañía Títeres Per Poc e con Marta Lado como narradora. O horario será entre as 10:20 e as 12:30 cunha actuación sobre a obra "Romeo e Julieta" de Prokófiev.

Charla: "Estudos de Medicina. Un reto de futuro"

Os Ciclos Superiores de Sanidade (Anatomía 1º e 2º, Documentación 1º e 2º e Saúde Ambiental 1º) gozarán o mércores 15 de xaneiro da charla "Estudos de Medicina. Un reto de Futuro" impartida por D. Juan Cuevas Álvarez. A actividade terá lugar no Salón de Actos do Lamas de Abade entre as 10.35 e as 11:25 horas da mañá

Compartimos nova sobre os resultados finais dos "Premios Educa Abanca"

Este sábado atopamos na prensa unha nova relacionada cos resultados finais dos Premios Educa Abanca ao mellor Docente de España nas diversas categorías educativas. Na nova aparecen nomeados os diferentes gañadores dos premios nos que participaba Alicia Romero (figurando como representante do IES Lamas de Abade polo seu traballo no Instituto o curso pasado).

Parece que Alicia, finalmente e contra o que todos desexabamos, non acadou o premio a mellor docente de Secundaria. Pero aínda así estamos moi orgullosos por ter podido compartir todo o curso anterior cunha das mellores profesoras de España. Parabéns!!!

"Ti Controlas, Ti Decides"

Actividade de concienciación desenvolvida pola Policía Local de Santiago para os cursos A e B de 1º Bacharelato en horario de 9:00 a 11:00 e co obxectivo de sensibilizar sobre as pautas correctas de educación viaria.

Bo Nadal e Feliz 2020

      

Fotos da actividade na "Pista de Xeo"

Xa están aquí as fotos e vídeos da actividade lúdica que o mércores pasado desenvolveron varios grupos na "Pista de Xeo" que este ano está instalada en Area Central. Gozade das imaxes pulsando neste vínculo

Charla: Orientación Laboral para Técnico en Documentación Sanitaria

O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Documentación e Administración Sanitarias poderá gozar o martes 17 en horario de tarde (16:00 horas) da charla titulada "Orientación Laboral para Técnico en Documentación Sanitaria" impartida por Mª del Carmen Martínez Santiso (Dirección de Documentación y Archivo de Galicia HM Hospitales)

Patinaxe sobre xeo para rematar o trimestre

Os cursos de 3º e 4º da ESO poderán desprenderse de todas as tensións acumuladas neste intenso trimestre visitando a Pista de Xeo da cidade o próximo mércores 18 de 9:45 a 12:45. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer