slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Curso de Ecoestética

O alumnado dos cursos 1º e 2º do CM de Estética e do 1º do CS de Estética asistirán o venres a un interesantísimo Curso sobre Ecoestética. O horario ocupará toda a xornada matutina desenvolvéndose entre as 9:00 e as 14:25 horas.

Mercedes Saenz, profesora de Imaxe Persoal do Lamas, ten realizado o esforzo de transmitirnos moitísima máis información do curso, detalle que agradecemos e compartimos de seguido:

"Ecoéstetica, es un proyecto de la Asociación Vida Sana para potenciar la cosmética certificada y darla a conocer entre los profesionales y los consumidores.

En los últimos años el sector de la cosmética econatural ha crecido con fuerza en BioCultura. Siguiendo la tendencia mundial, con un crecimiento medio de un 10%anual, en España cada vez hay más empresad que ofrecen marcas de cosmética de gran calidad. La FERIA es una oportunidad para conocerla.

Cuenta con un amplio programa de actividades para dar a conocer a los visitantes, tando profesionales como consumidores, las ventajas de la cosmética econatural.

Las ventajas de la cosmética natural son muchas. No contiene sustancias químicas ( muchas de ellas derivadas del petróleo, que son más agresivas además de contaminar el medio ambiente). No te estás poniendo en la piel ningún producto sobre el que existen dudas de que si tiene un efecto a largo plazo. Es una cosmética que no va a dejar residuos contaminantes en el agua cuando te duches. Y por último muchas empresas que venden cosmética econatural en nuestro país, son proyestos de emprendimiento de mujeres, algunas de zonas rurales, por lo que está apoyando una cosmética de calidad, generadora de empleo local.

¿Cosmética natural? ¿Cosmética ecológica?
A menudo el etiquetado de un cosmético es poco honesto. Para poder decir que es ecológica los ingredientes de origen vegetal y animal tendrán que estar certificados como ecológicos segun la normativa que, en este caso sí, regula la agricultura y la ganadería ecologica.

Talleres de Ecoestética, es un espacio destacado de Biocultura en el se se ofrecen distintos talleres para que el consumidor como el profesional pueda conocer y probar algunas de las marcas de cosmética econatural que ofrece actualmente en el mercado espñol.

Empresas gallegas destacadas, el proyecto de MUULLHOA de cosmética elaborada a partir de leche de vaca y algas gallegas. Y la espiral VERDE, nos explicará  como elaborar un ungüento para nutril la piel.

Ecoestética también ofrece  talleres prácticos para aprender a elaborar  un perfume.
Charlas sobre lo que representa que un cosmético esté certificado y cómo distinguir una verdadera certificación de calidad de la mano de BioVidaSana.
Convencidos que la cosmética econatural es la mejor opción para todos, este año desde el proyecto Ecoestética se ofrece unas jornadas formativas  gratuitas destinadas a estudiantes de promación profesiona de la rama de estética.
La  formación será impartida por Yolanda Muñoz especialista en cosmética econatural y aromatóloga, y Montse Escutia responsable de promoción de la cosmética certificada BioVidaSana". .

“EMPRENDEMENTO E VISIBILIDADE NA INTERNET: DA MARCA AS REDES SOCIAIS”

       Con esta interesante charla José Sixto García, exdirector do Instituto de Medios Sociais e profesor da USC, inaugurou o pasado luns as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN organizadas polo Departamento de FOL.

       Dunha maneira moi amena, o profesor Sixto explicounos que a marca a asociamos inconscientemente cun LOGO que identificamos perfectamente sen necesidade de letras, todo porque estamos a mercé do traballo e bombardeo permanente da mercadotecnia e a publicidade.

       Pero o LOGO non só identifica a marca, tamén identifica os seus valores para diferenciala da competencia. Por iso é tan importante o facer BRANDING (proceso mediante o cal se constrúe unha marca). Comprende o desenvolvemento dun conxunto de atributos e valores polos que a marca será automaticamente identificada polo seu público.

       Así, o logo de 4 aros de AUDI identificámolo automaticamente cun coche premium (obxecto de desexo) e o rombo de RENAULT cun coche xeneralista.

E que pintan en todo este proceso as redes sociais?

       Por que xogan un papel crucial no facer BRANDING. Na moderna mercadotecnia dixital o usuario é o rei, e as redes sociais cobran un papel importantísimo para coñecer as súas preferencias e influír nel.

       O principal problema é que non nos damos conta.

Fotos da Visita á Base Medicalizada do 061

Os días 5 e 10 de febreiro o Ciclo de Emerxencias Sanitarias desenvolveu varias visitas nas que o alumnado puido entrar en contacto coa realidade da Base Medicalizada que o 061 ten en Compostela. Teñen compartido coa redacción da web numerosas fotos da actividade que facilitamos mediante o álbum de costume en google photos e coa máxima calidade.

Lamas gozou cos Troteiros de Bande

Os Centros Educativos de Lamas de Abade gozaron o pasado venres da visita dos "Troteiros de Bande" para desenvolver unha xornada chea de algarabía.

A festa foi constante e ten ocasionado episodios cheos de ledicia e  sorrisos.

Compartimos álbum da actividade grazas ao esforzo de Maricarme García e tamén podedes ver a reportaxe feita por "Nós Televisión" pulsando na imaxe inferior ou neste vínculo.

 

Entroido 2020 no Lamas de Abade

 

O alumnado de 1º e 2º da ESO participará no tradicional entroido organizado polos Centros Educativos de Lamas de Abade.

Pulsa na imaxe de abaixo para coñecer os horarios e actividades

 

 

Visita Base Medicalizada de Santiago (Ciclo de Emerxencias)

O Ciclo Medio de Emerxencias visitará a Base Medicalizada de Santiago de Compostela hoxe 10 de febreiro en horario de tarde (entre as 16:00 e as 19:00 horas)

III XORNADAS DE ORIENTACIÓN (do 10 ao 14 de febreiro de 2020).

O Departamento de Fol organiza do 10 ao 14 de febreiro de 2020 as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN.

No cartel anunciador puxéronse os logos de Proxectos feitos polo alumnado:

AGNÓDICE (Anatomía), CODIFIC.ES (Documentación), RIBEIRA SACRA SPA (Estética), peinARTE (Peiteado), PRONLAB (Próteses) e M.E.I. (Estética).

Esperamos con impaciencia a realización destas interesantes xornadas, que se fan dende o ano 2018.

 

Acceso ao Programa das Xornadas

Visita aos "Laboratorios Elidente" para coñecer a tecnoloxía CAD/CAM

 O venres 7 de febreiro o 2º curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais visitará os Laboratorios Elidente no Polígono do Tambre en horario de 9:30 a 11:30 para coñecer de primeira man unha empresa do sector que inviste gran parte dos seus ingresos en tecnoloxía, investigación e formación. Por este motivo preséntanse coma un dos laboratorios con maior infraestrutura CAD/CAM a nivel nacional, aspecto este último de especial interese para o noso alumnado e motivo principal para a realización da visita.

Xornada de Portas Abertas no Lamas de Abade

Nova en "El Correo Gallego": O alumnado de Estética nas Termas de Cuntis

O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Estética (Departamento de Imaxe Persoal) comparte con todo o público da web a nova do xornal "El Correo Gallego" na que queda constancia da súa visita didáctica nas Termas de Cuntis. Deixamos link co artigo:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer