slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

MANO ROBÓTICA

PARABÉNS AO NOSO ALUMNO E COMPAÑEIRO SERGIO DACAL RODRÍGUEZ DE 2º DE BACHARELATO POLO PREMIO DO SEU PROXECTO DE BRAZO ROBÓTICO.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PREMER NA FOTOGRAFÍA

Campaña de detección de SARS-CoV-2

As farmacias da provincia, en colaboración coa Consellería de Sanidade inician un cribado gratuíto para a poboación adolescente de 12 a 17 anos a través da autorrecollida dunha mostra de saliva.

Poden acceder á información a través do seguinte enlace: https://www.cofc.es/campana/79-campana-de-deteccion-de-sars-cov-2

Terceiro Premio Minerva na categoría de poesía para para Candela Martínez Ferro de 1º de Bacharelato

Candela Martínez Ferro, alumna de 1º de Bacharelato do IES Lamas de Abade,  ganou o terceiro premio da cuadraxésimo novena edición do Concurso Minerva do IES Peleteiro na categoria de poesía. Onte, 14 de abril, recolleu o premio (250€ e medalla de prata) de mans do mantedor do acto, Ramón Villares Paz, catedrático de Historia da USC e membro da Real Academia Galega.

Se premes na  imaxe da galardoada poderás ver a entrega do premio e escoitar un dos tres poemas ganadores na voz da propia autora.

PARABÉNS!!!!

 

 

PREMIO PROXECTO DE INNOVACIÓN NA FP 2021

 

 

 

 

A compañeira Ana Mª Varela Pena do departamento de Imaxe Persoal do IES Lamas de Abadexunto a compañeiras e compañeiros dos departamentos de Imaxe persoal e Sanitaria do IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo,e coa colaboración das Entidades Talaso Atlántico H., S:L: e Benffirenticial, acaba de obter o premio de Innovación de FP da Consellería de Educación na convocatoria deste curso polo proxecto “Investigación sobre o asesoramento e venda de produtos e servizos de Imaxe Persoal, para clientes oncolóxicos, coa axuda de ferramentas dixitais, coordinado pola profesora Maricarmen Feijoo do IES Frei Martín Sarmiento. O proxectoobtivo un premio de 21.943€.Con este proxecto, iniciase unha liña de traballo que nos permite investigar, analizar e ofrecer, a través do Marketing dixital, un asesoramento, promoción e venda de produtos e servizos estéticos máis personalizados, co fin de abordar con eficacia unha serie de situacións “socioestéticas”, que repercutan na mellora da calidade de vida dos clientes oncolóxicos, desde o punto de vista da Imaxe Persoal coa axuda de ferramentas dixitais.

 

 

Celebración do Día Internacional da Muller

Tres alumnas de 3ºB ESO interpretaron unha canción das Tanxugueiras que xa coñecemos no instituto, Que non mo neguen, para celebrar o Día Internacional da Muller. Son Noa Rey Iglesias e Carla Ferro Castiñeiras, acompañadas á pandeireta por Laura Munín Rodríguez.

Queda moito por andar pero imos facendo camiño.

Se premes nesta imaxe poderás ver o vídeo.

A MULLER NO DEPORTE

 

A MULLER NO DEPORTE

MARTES, 9 DE MARZO

 

Catro premios no Concurso de Viñetas da Deputación da Coruña

Nin un, nin dous, nin tres. Catro premios conseguimos no Concurso de Viñetas da Área de Igualdade da Deputación da Coruña. O tema deste ano era Novas Masculinidades e o obxectivo reflexionar e mudar mentalidades  e facer camiño cara a unha masculinidade alternativa máis igualitaria.

E iso foi o que representaron as alumnas ganadoras nas súas viñetas: masculinidades non hexemónicas, que buscan desaprender os roles de xénero adquiridos. Os homes de hoxe en día xa non teñen que ser fortes, independentes, heterosexuais, protectores, con excesivo control emocional... e sobre todo non viven afastados dos espazos de coidado, limpeza e atención a outras persoas.

As restricións sanitarias non permitiron (outr vez!) a realización dun acto de entrega dos premios que lles foron enviados ás alumnas ás súas cass. Trátase destas cinco alumnas de 3º de ESO (categoría de 12 a 14 anos) e de unha de 4º (categoría de 15 a 16 anos).

 1º premio para Valería García Ferro e Cristina Sixto Pereira de 3º A que conseguiron un IPAD PRO e unha colección de cómics.

                                 

                                     

 

2º premio para Noa Rey Iglesias e Norhaili Victoria Marzol Segovia de 3º B e A respectivamente que conseguiron un IPAD AIR e unha colección de cómics.

 

                

3º premio para Alejandra Quiñoy Miramontes que ganou un IPAD e a correspondente colección de cómics.

                                     

 

Por outro lado, Iria Estévez de 4º ESO A conseguiu un 2º premio: un IPAD AIR e, por suposto, unha colección de cómics.

                               

 PARABÉNS PARA TODAS E UN ORGULLO PARA O LAMAS DE ABADE!!!!

Espazo Jane Goodall

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer