slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Visita aos Laboratorios Sineldent e Dental López

Os cursos 1º e 2º de Próteses Dentais desenvolverán o día 17 de decembro en horario de xornada compketa (8:55 a 18:00) unha visita aos Laboratoris Sineldent e Dental López da cidade de Ourense

Premio aos Mellores Docentes de España

O curso pasado foi un pracer compartir docencia coa profesora de Lengua Castellana Alicia Romero López. En varias ocasións fixemos mención na web do Lamas de varias das innovadoras actividades desenvolvidas na súa tarefa docente co noso alumnado. Agora todo ese traballo está a ser valorado na "III Edición dos Premios Educa Abanca".

En outubro coñecemos a súa nominación e agora podemos confirmar que forma parte do profesorado escollido para a final. Por suposto, dende o IES de Lamas desexámoslle o mellor resultado posible conforme aos seus enormes merecementos.

Deixamos vínculos con varias novas e coa web dos Premios por se queredes ampliar información.

 

 

 

 

 

 

 

Charla: "A linguaxe non verbal e a estética facial como medio de comunicación"

Un ano mais o alumnado do IES Lamas de Abade tivo a sorte de contar coa presenza do doutor José María Suárez Quintanilla, que foi convidado polo Departamento de FOL, para impartir unha charla sobre: “ A linguaxe non verbal e a estética facial como medio de comunicación”.

O doutor Suárez Quintanilla é profesor do Departamento de Ciruxía e Especialidades Médico-cirúrxicas da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, director do Curso de Implantoloxía Oral da USC,  presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña, e unha longa lista de méritos mais.

Grazas ao profesor sabemos que :

. O noso físico e a nosa linguaxe non verbal inciden de forma relevante nas relacións humanas.

. Cando nos comunicamos, a linguaxe verbal supón solo un 7% da mensaxe que se quere transmitir, o ton de voz e a velocidade supoñen o 38% e o 55% restante provén da comunicación non verbal, xestos, expresión facial, posición corporal, etc ( xa quitamos as nosas conclusións para as entrevistas de traballo).

. Os seres humanos pasamos unha gran parte da nosa vida perseguindo algo tan básico como que nos queiran. Inicialmente estamos pendentes do que pensan os demais de nós, para acabar descubrindo, xa na madurez, que ninguén pensa en nós.

Moitas grazas ao profesor por esta interesantísima e amena charla e tamén á USC por posibilitar que o alumnado dos ciclos formativos entre en contacto con profesionais deste prestixio.

Compartimos finalmente o álbum das fotografías da actividade por se queredes descargalas con máis calidade.

Santiago Lopo nas "Conferencias na Biblio"

Santiago Lopo estará o martes 3 de decembro co alumnado de 1º de Bacharelato en horario de 10:35 a 11:25 no ciclo de "Conferencias na Biblioteca"

Lopo é un dos autores máis destacados da narrativa galega actual. Abonda con dicir que xa foi premiado na súa carreira co "Premio García Barros" e co "Xerais" coas obras "Hora Zulú" e "A arte de trobar". A gozar da experiencia!

    

Hoxe en "El Correo Gallego": Taller de Reflexología Podal no Lamas

Hoxe, na prensa escrita e dixital, nova relacionada co Obradoiro de Reflexoloxía Podal desenvolvido no Centro. Deixamos constancia do texto da nova e da fotografía editadas no xornal "El Correo Gallego" e o correpondente vínculo á nova en prensa dixital:

Día Contra a Violencia de Xénero (25N de 2019)

  

Durante toda a xornada o Lamas de Abade ten celebrado este 25 de novembro de 2019 o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero".

Co álbum de fotos que compartimos con este vínculo queremos transmitir un pequeno resumo gráfico da infinidade de actividades de rexeitamento e das múltiples manifestacións de solidariedade coas vítimas que se desenvolveron hoxe no Instituto. 

Nun par de días procederemos a engadir no álbum todas as actividades de danza desenvolvidas no Polideportivo. Non desesperedes!

Manifestar a nosa admiración e agradecemento a todas e todos os que traballaron intensamente en cada acto. E deixar patente o agradecemento para a multitude de participantes tanto en horario de mañá como pola tarde e noite. 

Visita e conferencia do Dr. Anxo Carracedo: "Presente e futuro da Medicina Xenómica"

Aínda que sexa de xeito moi breve, esperando poder facer o preceptivo álbum de fotografías da actividade, queremos deixar constancia gráfica da multitudinaria e impresionante actividade desenvolvida esta mañá polo Dr. Anxo Carracedo no noso Instituto. Parabéns para a organización do evento e tamén, xunto co noso agradecemento enorme, para o conferenciante pola súa claridade expositiva, entrega, simpatía, accesibilidade e amabilidade.

Espazo Clara Campoamor na Biblioteca do Lamas de Abade

Un novo espazo na biblioteca: Espazo Clara Campoamor, que albergará libros e exposicións relacionadas con igualdade, o feminismo e a coeducación. Unha iniciativa do Club de Letras, xestionado pola profesora do Departamento de castelán, Ana Gil. Pulsade para ver o álbum deste coidado, inspirador e valiosísimo espazo que demanda parada e atención obrigada.  

Para máis información da Biblio

 

Os conferenciantes do "Congreso Enciga" cumpriron co prometido!!!

Os nosos representantes no Congreso de Ensinantes de Ciencias de Galicia cumpriron co que prometeran e mandaron varias fotografías e vídeos do relatorio.

Poñemos a continuación o vínculo para entrar no álbum das testemuñas gráficas que nos facilitaron.

Por outra banda, sensibilizados coa celebración do "día contra a violencia de xénero" do luns 25 de novembro, os protagonistas do relatorio tamén queren chamar a nosa atención no feito de que o Congreso da ENCIGA deste ano foi desenvolvido en Viveiro para destacar o papel das pioneiras desa localidade lucense no mundo das ciencias e remítennos fotografía do xornal "El Progreso" no que saía publicado un artigo sobre esta temática

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer