A nosa alumna Iria Díaz Granja está a recibir todo tipo de recoñecementos e homenaxes pola súa medalla de bronce lograda nos Spainskills de Madrid deste 2019. Compartimos as fotos da recepción no Instituto co alumnado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Tamén tedes a posibilidade de gozar da nova sobre a súa exitosa participación no Spainskills publicada esta semana no xornal La voz de Galicia
Rotundo éxito da actividade na que o alumnado de 3º da ESO foi explicando durante a mañá do martes os traballos da materia de Bioloxía ao alumnado de outros cursos do Lamas de Abade.
Nalgún caso incluso outras clases chegaron ao intre da exposición dispostos a compartir experiencias e portando os seus propios traballos para facer intercambio de ideas e experiencias. Parabéns enormes pola iniciativa.
Pulsade na foto inferior para ver o álbum da actividade:
Os Cursos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato acudirán o luns á Sala Numax para visionar a película "Suffragette" en Versión Orixinal en lingua inglesa. A actividade está organizada polo Departamento de Inglés para o día 8 de abril en horario de 9 a 11:30 . Se queredes máis información pulsade para ver a web de Numax e se vos interesa información da película, neste caso en galego ou castelán, pulsade neste Link
O alumnado de 3º da ESO ten a intención de presentar diante do resto de grupos da ESO os seus traballos desenvolvidos nas materias de Bioloxía e Física e Química.
A Actividade desenvolverase durante a mañá do martes día 2 de abril dende as 9:50 ata as 12:40.
Os grupos que pasarán pola presentación dos traballos no Salón de Actos e recibirán as explicacións dos autores dos traballos seguirán esta orde:
9.50-10.15: 1º ESO A
10.15-10-40: 1º ESO B
10.40-11:05: 2º ESO A
11:05-11:30: 2º ESO B
11:50- 12.15: 4º ESO A
12:15-12:40: 4º ESO B
A organización está a cargo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Unha vez coñecidos os resultados finais do Spainskills 2019, a nosa representante Iria Díaz ten acadado a medalla de Bronce. Non está nada mal contar entre o alumnado do IES Lamas de Abade coa terceira mellor de España do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Parabéns enormes polo logro e polo traballo e constancia na preparación durante todo o curso.
Tamén podedes ver as medallas de toda a representación galega nos Spainskills neste link da Xunta:
Comezan hoxe en Madrid os Spainskills 2019. A Ministra de Educación e Formación Profesional Isabel Celaá inaugurou este martes as Olimpíadas de Formación Profesional nas que o Lamas de Abade está representado pola alumna Iria Díaz Granja na "Modalidade de Servizos" en relación co Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría.
Precisamente Iria ten sido a abandeirada da Delegación Galega nestes campionatos dos que, se queredes, podedes ver o álbum de fotografías que completaremos ao longo destes días,
Durante toda esta semana e ata o sábado 30 de marzo desenvolveranse as distintas competicións nas que desexamos toda a sorte do mundo para a nosa representante e o equipo que ten axudado na súa preparación e titoría.
Se queredes seguir o evento podedes pulsar neste LINK para visitar a páxina oficial e incluso poder visionar os vídeos e retransmisións en directo. Moitísima sorte e que se repita o éxito do Galiciaskills!!!!.
Dende Imaxe Persoal, en relación co obradoiro de Formación en Depilación Láser do que deixamos referencia esta semana na web, fan fincapé noutras actividades complementarias desenvolvidas no Módulo de Micropigmentación do CS de Estética Integral e Benestar como, por exemplo, a "masterclass" recibida no curso anterior e impartida polo equipo da "Clínica de Medicina Estética Yolanda Albelda" sobre a técnica de "Micropigmentación Hiperrealista de Cejas en 3D".
Precisamente nesta actividade foi onde o noso alumnado tivo o pracer de recibir as ensinanzas do obradoiro impartidas por Belén Estévez, unha das responsables do curso e profesional moi considerada a nivel internacional que está directamente relacionada co IES Lamas de Abade por ser unha das nosas ex-alumnas da promoción do 2015.
Deixamos Link coa nova do xornal "El Correo Gallego" e co álbum de fotografías que comparten con todos os que vos acercades pola web
No día 26 de marzo o 2º curso do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar realizará durante toda a xornada unha viaxe por diferentes establecementos de Terapia Hidrotermal entre os que destacan o Talaso de Sanxenxo, o Spa Juan Carlos I, o Spa Augusta Resort e o Balneario Isla de La Toja.
O profesorado implicado na actividade: Asunción Crespo, Alberto García e Isabel Rodríguez
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer