O alumnado de 2º de bacharelato celebrará a súa graduación o día 14 de xuño no IES Lamas de Abade. Moitos parabéns.
As gañadoras do 2° concurso literario "O Scriptorium do Abade" co gallo das Letras galegas.
1er premio relato ex aequo: Natalia Domínguez de 2°A e Icía Lagares de 2°B.
1er premio poesía: Antía Gomez de 2°B
2º premio relato: Eimi Vidal de 2°B
2º premio poesía: Aroa Alcaide de 2°A
Noraboa as gañadoras e moitas grazas a todas as persoas que participaron!!
Na foto, as gañadoras coa organizadora do concurso Sandra Romarís
Podedes ler os relatos gañadores no seguinte arquivo:
O xoves 16 para conmemorar o día das Letras Galegas no Lamas, parte do alumnado elaborou murais para lembrar a Luisa Villalta, autora homenaxeada este ano; mentres repasaban a súa vida e obra ían coloreando da súa man os retratos da autora ..
“Se toda a nosa historia fose así, un construír, máis que un acumular, fragmentar e derrubar, se cada unha das nosas actuacións fosen un continuo cimentar máis que un utilizar e desgastar, gozaríamos da vida nun país seguro de si mesmo, acolledor, criativo e orgulloso”
. Luísa Villalta filóloga, violinista, escritora, poesía, teatro, narrativade ficción, ensaio, traducción colabora nas publicacións colectivas, intervén en recitais, escribe artigos...
Os seus poemas auscultan a respiración das fotografías, escoitan o seu pulso. As vidas das mulleres do Papagaio toman forma na voz dunha poeta que ergue nela a dignidade no medio da hipocrisía, da moral represora e da violencia patriarcal que equipara á violencia da especulación urbanística…
A voz da poeta adquire en O Papagaio unha inaudita reverberación.
A escritura de Luísa Villalta irradia exploración e movemento, desde o núcleo e á procura da formulación máis profunda desprega rexistros formais e estilísticos con texturas diversas. …. O poético sería, nesa exploración, liberdade, pensamento que se revela, reflexión, escoita e acontecemento.
Luísa Villalta falece inesperadamente na madrugada do 6 de marzo de 2004 na súa casa, mentres durmía. Unha meninxite fulminante pon fin á vida da escritora.
E todo se suspende.
Un violín soa fronte o mar no cemiterio de Santo Amaro. O sol quece o desamparo dun luns de marzo.
Catro meses despois do seu falecemento publícase En concreto.
Así vou eu
formando parte
Non me abandono e formo parte
Os acentos da súa voz, os focos do seu traballo, o alento da súa escrita fan dela unha autora que sorprende na súa singularidade; e sendo unha escritora que se incardina no seu tempo, traza no literario insólitos itinerarios. A solidez do edificio que constrúe emerxe nunha obra marcada pola exploración, o pensamento apaixonado, a procura do rigor. Luísa Villalta pon de relevo, unha vez máis e fóra de estereotipos, a amplitude do campo literario que se estende en trazos de autoras únicas.
Ana Romaní
O Alumnado de 1º CM FAEPA, CM Estética e Beleza, CS Estética integral e Benestar, asisteu a unha actividade formativa as instalacións de Milhulloa, unha cooperativa galega pequena, no lugar do Coto, Palas de Rei, que transforma e comercializa plantas medicinais e aromáticas ecolóxicas desde hai máis de 20 anos, conta con instalaciós de procesado, oficina e 10 hectáreas de terras de cultivo. Está formada e organizada por 2 mulleres ; Chusa Expósito ( farmacéutica ) e Carmela Valiño (bióloga).
O museo vivente do mel, o Enredo do Abelleiro, en Portodemouros, Arzúa, amosará algunhas curiosidades das abellas (himenópteros) e das propiedades curativas, endulzantes e o seu uso en cosmética,farannos visita guiada polas colmenas e o museo.
A actividade consistiu na visita guiada as plantacións; visita as instalacións, almacén, laboratorio, cámara de secado, aula de prácticas; obradoiros: experiencia sensorial de cata de infusións e degustación de especias e herbas aromáticas, práctica da destilación de follas e flores de Espliego, elaboración dun hidrolato de espliego, acondiciónamento e etiquetado.
No mueseo vivente asistimos a unha charla informativa sobre a vida das abellas o procesado e as propiedades do mel, visita ás colmeas, e degustación do mel no laboratorio.
Desfrutamos dunha xornada moi agradable a aleccionadora que complementa ben á formación na aula e axuda tamén á interrelación entre o alumnado fomentando a integración e a mellora do traballo en equipo .
Repetiremos ¡¡
Duas profesoras do IES Lamas de Abade visitan un par de centros educativos en Nápoles a través do programa Erasmus + para poder ver o funcionamiento dos centros educativos en Italia e poder compartir métodos de traballo.
O venres, dia 3, celebramos o Maio no Lamas, para darlle a benvida á primavera.
A festa de "Os Maios" é unha celebración tradicional de Galicia, está asociada coa benvida da primavera e o renacemento da natureza.
Durante a celebración de "Os Maios", é común que os participantes constrúan figuras chamadas "Maios", que son elaboradas con ramas, flores e outros elementos naturais. Estas figuras poden tomar diversas formas, como pirámides ou conos, e adoitan ser decoradas de maneira moi colorida. Tamén adoitan realizar desfiles e cantar cancións tradicionais, moitas das cales teñen letras que loan a chegada da primavera.
"Os Maios" é unha festa que reflicte a conexión da comunidade coas súas tradicións e co ciclo natural das estacións, celebrando a fertilidade da terra e a prosperidade que se espera coa chegada da primavera. Celebrando o florecer!
Pois a pesares do dia de choiva e temporal que semellaba inverno, no instituto parecía florecer todo! Grilandas de flores, xestas, colares de pampullos, fiúnchos, diademas e coroas de natureza viva e florida e cestas de adornos florais para engalanarnos no “photocall” diante do fermoso mural que a profesora, autora anónima (Paula Ribadulla), nos pintou.
Foi lindo o traballo en equipo, desde o grupo de garda de convivencia que comezamos a soñar e argallar a festa e a ir traendo ideas e material, pasando polas titoras e titores que desde o 10 de abril se puxeron a colaborar, Sabela que co seu alumnado elaborou as primeiras siluetas de flores en papel pa facer grilandas e enchelo instituto de flores, Irene, que desde o primeiro momento se puxo a elaborar a “play list “ de música en galego para animala festa, Afonso que xa aceptou ser o retratista do evento, Toño que artellou o trípode, soporte do maio, Vicente (alumno do Practicum de profesorado) que colaborou no deseño, elaboración e cobertura do maio, Maribel, que veu cargadiña de xestas e pampullos, Isabel e o seu alumnado que elaboraron fermosas diademas e coroas, Sandra cargadiña de flores, Rosa, María e Laura que coas súas cestas floridas engalanaron e animaron con adornos todo. O alumnado e todas as familias que colaboraron traendo flores, fiúnchos, xestas, plantas e mesmo coroas de froitos (laranxas, mandarinas).
En fin, grazas a tódalas persoas que colaborastes en que fora posible facer este Maio e dar benvida á primavera no centro.
Entre todas e todos é posible facer florecer o instituto!!!
No seguinte enlace podedes acceder ás fotos do photocall: FOTOS
O 2 de maio conmemoramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Este día, proclamado polos Estados membros da UNESCO, destaca a importancia de crear un ambiente seguro para todos os nenos e nenas.
O 29 de abril, o alumnado do CS de Próteses dentais recibiu a visita do presidente do Colexio de Protésicos de Galicia, Avelino Sanmartín Caamaño, quen impartiu unha charla informativa acerca da organización e as funcións do Colexio, e o presente e futuro da profesión dos e das protésicos dentais.
O pasado 23 de abril celebrouse a recollida de premios do certame literario de Viaqua, no que o noso alumno Diego Martínez García de 3º ESO B gañou o primeiro premio da súa categoría na modalidade de relato clásico.
Este ano celebrábase a décima edición do certame e para festexalo preparouse un acto moi especial no que os premiados recolleron os merecidos premios no Gaias apoiados polos seus compañeiros e docentes.
Despois do acto, no que nos deleitaron tamén con pezas musicais e improvisacións de hip-hop, os asistentes recibimos un petisco que desfrutamos antes de regresar ó centro.
Parabéns de novo ó noso alumno Diego Martínez García!
O día 23 de abril, o alumnado da ESO e de ciclos formativos pasou ao longo da mañá pola biblioteca para facer lecturas comúns de relatos, poemas e opinións do propio alumnado sobre os libros e a lectura.
Moitas grazas polos textos e por ler ante os vosos compañeiros e compañeiras!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer