slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Charla de divulgación científica

Charla de divulgación científica impartida pola profesora Thais Pousada García pertencente á Universidade da Coruña á que asistiron aos grupos de Coidados auxiliares de enfermaría e Emerxencias sanitarias.
O título da charla é “Productos y tecnologías de apoyo para personas con discapacidad y personas mayores” e analízase que son os produtos de apoio, como axudan no día a día das persoas con discapacidade, diferentes tipos e  por que son tan necesarios para esta poboación.

Recollida de productos de hixiene na biblioteca

Este ano a biblioteca organizou unha campaña en colaboración coa Cruz Vermella para recoller material de hixiene persoal e doméstica. 

Como podedes ver nas imaxes, esta campaña foi todo un éxito.

Grazas a todos pola vosa colaboración!

Torneo solidario de fútbol sala

O departamento de Educación Física organizou un ano máis un torneo de fútbol solidario que se celebrou durante todo o mes de decembro. Nesta ocasión, as entradas trocáronse por productos de hixiene que se recolleron na biblioteca en colaboración coa Cruz Vermella.

O día 21 celebráronse as finais nas que gañaron 1º ESO B, 3º ESO A e 4º ESO B. 

Noraboa a todos os participantes e felices festas a todos.

FELICES FESTAS ERASMUS

DesdeO Rincón Erasmus, os deseamos a todos unas Felices Fiestas, con esta exposición de postales de nuestros alumnos. Feliz 2024.

Visita a Ourense do alumnado de Próteses dentais

O pasado 12 de decembro o alumnado de 1º e 2º cursos do CS de Próteses dentais visitou as instalacións de Sineldent, centro especializado na fabricación de próteses dentais por CAD/CAM empregando tecnoloxía aditiva. Ademáis tivemos a oportunidade de coñecer o Centro Galego de Innovación da Formación Profecional Eduardo Barreiros, onde se levan a cabo diversos proxectos de investigación e innovación xurdidos no ámbito da FP e se posibilita o seu desenvolvemento empresarial.

Vista Bidafarma

O alumnado de CM de Farmacia e Parafarmacia B visitou o xoves, 14 de decembro, a cooperativa de distribución de medicamentos Bidafarma. Visita didáctica de grande interese realizada como actividade formativa para o alumnado dentro do marco do programa das Aulas de emprendemento na Formación Profesional.

Erasmus+ Potenza

Alumnas de CM de Farmacia e Parafarmacia durante a súa estancia en Potenza para realizar a FCT no marco do programa Erasmus +

DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA

O alumnado de 2º CM de Farmacia e Parafarmacia do IES Lamas de Abade solidarizouse coa campaña internacional contra a SIDA celebrada o día 1 de decembro. Fíxose fincapé na importancia da información, detección precoz responsabilidade e prevención de todas as ETS.

VISITA SECCIÓN PARAFARMACIA DA FARMACIA LABELLA

Visita do alumnado de 2º CS Farmnacia e Parafarmacia A á sección de Produtos parafarmacéuticos na FarmaciaLabella (Santiago de Compostela); esta visita resultou moididáctica, con moita atención e seguida con interese!!

Carreira solidaria a favor de "Save the Children"

O pasado venres 24 de novembro, con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celebrouse no noso centro unha carreira solidaria polo "Dereito a ser nena", na que se recadaron fondos para a organización Save the Children.

Agradecer a todos a vosa participación e as vosas aportacións pola causa.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer