slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Concerto Didáctico "Pangea"

Os días 21 e 22 de febreiro o alumnado do Lamas de Abade acudirá aos Concertos Didácticos interpretados no Auditorio de Galicia pola Real Filharmonía de Galicia e o multiinstrumentalista Abraham Cupeiro.

O día 21 será turno do 2º ESO A e 3º ESO B así como do alumnado de Música de 4º ESO A e B. O día 22 acudirá o alumnado de Música de 1º de Bacharelato

Esta previsto saír do Instituto sobre as 10:20 e o retorno para as 12:40

Se queredes atopar máis información desta interesante actividade musical que propón unir as diferentes partes do planeta mediante a música podedes pulsar neste Link ou na imaxe. 

O Ciclo Superior de Saúde Ambiental visitará a EDAR/ETAP de Santiago

Os cursos 1º e 2º do Ciclo Superior de Saúde Ambiental visitarán o vindeiro día 20 de febreiro de 2019 dende as 10:00 da mañá a Estación Depuradora de Augas Residuais e a Estación de Tratamento de Auga Potable de Santiago de Compostela. Boa visita

Charla Youtubeir@s

Logo Youtubeir@sCharla sobre o proxecto Youtubeir@s o martes 19 de febreiro pola tarde para o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato que poida ter interese no proxecto e na IIIª Convocatoria dos Premios Youtubeir@s co prazo de inscrición aberto recentemente.

Deixamos aquí link á web do proxecto. Ánimo e a participar

Actividade "Móvete con Conciencia"

Este luns 18 de febreiro realizarase no Lamas de Abade unha nova actividade de sensibilización coa Seguridade Viaria impartida pola Policía Local de Santiago para o alumnado de 3º ESO A e B no Salón de Actos desde as 10:00 ata as 11:30. 

Xa o mes pasado, na primeira visita da Policía Local ao Centro, fixemos unha presentación dos obxectivos que se querían acadar con esta actividade. Se queres máis información pulsa aquí

Fotografía da visita ao Laboratorio Elidente

Fotografía do 2º Curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais, coa compaña de Montserrat Pereira e Ana Belén Gómez, visitando o Laboratorio Elidente

II XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL do Ies Lamas de Abade (do 11 ao 15 de febreiro de 2019)

Pulsando no adxunto accedes ao programa

Grupo de traballo pola Convivencia no Centro

Compartimos fotografía dos e das admirables participantes na reunión do Grupo de Convivencia do IES Lamas de Abade o pasado venres 1 de febreiro deste 2019 nunha intensa xornada de traballo e formación. Nótase con claridade que traballar pola convivencia produce inmensa ledicia. Agradecémosvos a dedicación en favor do benestar do Instituto.

Visita Laboratorios Elidente

O venres día 8 o 2º Curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais, acompañados por Montserrat Pereira e Ana Belén Gómez, visitarán o Laboratorio Elidente entre as 10:30 e as 12:30 da mañá. 

Conseguín unha Bolsa da Fundación Amancio Ortega para estudar nos EEUU !!!

Orgullosos estamos de que o noso alumno de 4º da ESO Marcos Vaamonde teña sido seleccionado cunha bolsa da Fundación Amancio Ortega para poder cursar o 1º de Bacharelato en EEUU. Tendo en conta que o nivel de idiomas é aspecto determinante na concesión da bolsa, dende o Departamento de Inglés queren transmitirlle unha mensaxe especial:

"Congratulations Marcos! The English Department would like to congratulate you on having been awarded a scholarship to spend school year studying in Canada or USA. We wish you the best of luck. We’re sure we’ll miss you.! "

E, por suposto, xa en galego, tampouco poden faltar os parabéns de todo o Instituto.

Encontro literario con Teresa Moure: Álbum de fotos

O debate desenvolvido con Teresa Moure o pasado xoves 24 de xaneiro de 2019 por parte do alumnado do Club de Lectura "O Scriptorium do Abade" resultou absolutamente proveitoso. Compartimos cos lectores e lectoras da nosa web o álbum de fotografías da actividade

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer