O guión desenvolvido por Xiana Villaverde, Ainoha Caamaño e Elisa Nieves no corto "Memorandum", baixo a dirección de Maricarme García Ares, ten sido elixido como gañador do "Concurso de guións contra a Violencia de Xénero da Deputación da Coruña".
Compartimos link da gran nova que quedou recollida na prensa de hoxe (preme na imaxe):
E pulsando neste vínculo podedes volver a gozar desta excepcional obra:
Múltiples actividades as programadas polo Departamentos de Física e Química e Bioloxía para o venres día 6:
- Alumnado de 2º,3º,4º da ESO e 1º de Bacharelato pasarán toda a xornada de Visita na Escola de Enxeñeiros da Coruña combinada cunha actividade de Estudo de Minerais (de 8:35 a 22:00)
- O alumnado de 1º da ESO (Bilingüe) desenvolverá unha actividade de Estudo de Minerais entre as 8:55 e as 13:00
O alumnado de 4º da ESO de Xeoloxía Ambiental e de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía gozarán este xoves a partir das 10:35 da conferencia titulada: "A Ponte entre a USC e o o Ensino Secundario"
O alumnado do CM de Peiteado e Cosmética Capilar convida a toda a comunidade educativa a pasar polo seu taller de peiteado "Hasta el Moño", situado no IES, e así poder mostrarvos todo o que foron quen de aprender no seu paso polo centro.
E para facilitarvos a visita dende aquí podedes acceder e consultar os folletos e carteis informativos que elaboraron no módulo de Marketing. Para ver os carteis con máis calidade pulsade en cada miniatura
Se ainda queredes máis, tamén podedes entrar nas páxinas webs que desenvolveron para facilitarvos as citas e mostrar algúns dos seus traballos:
https://hastaelmonho.wixsite.com/website (Ainara, Anxo, Nerea)
http://hastaelmonho6.wixsite.com/website (Aldara, Cristina, Laura P.)
https://hastaelmonho5.wixsite.com/website (Iria, Laura P., Tamara)
https://hastaelmonho4.wixsite.com/misitio (Bea, Heyner, Laura B.)
http://hasta-el-mono5.webnode.es/ (Juan, Sara, Sandra)
https://hastaelmonho3.wixsite.com/website (Alfonso,Jennifer, María B.)
E por último, pulsando nos arquivos PDF, na parte inferior da nova, podedes ver os seus dípticos e trípticos promocionais.
Parabéns por toda a profesionalidade amosada na promoción do Obradoiro!!!
A pesar dos temores e inquedanzas, polo que implica unha viaxe a Italia neste intre, confírmase a realización da excursión a Roma do alumnado da materia de Relixión Católica do IES Lamas de Abade. Estarán toda a semana en Roma cunha intensa programación de visitas e actividades. A gozar desta marabillosa oportunidade.
Cristina Cabaleiro Sobrino, profesora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, impartirá este luns día 2 de marzo unha conferencia pensada para o alumnado do 1º e 2º Ciclo Superior de Saúde Ambiental.
A conferencia, titulada "Pandemias do século XXI", terá lugar no Salón de Actos do IES sobre as 10:35 horas da mañá estimándose unha duración aproximada de 65 minutos
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer