slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

Entrega Premios Booktrailers 2019

O venres foi o día dos premios dos booktrailers. Ás nove da mañá entregáronse os dous premios do I Concurso de Booktrailers celebrado no noso instituto. O segundo premio recaeu no booktrailer sobre o libro "Made in Galiza" de Séchu Sende realizado por Sergio Dacal de 4º B. O primeiro premio foi para o booktrailer do libro "Poetízate", antoloxía poética de Fran Alonso, que foi elaborado por Rita Domínguez, tamén de 4ºB.
E ás 12:00 h asistimos no IES Pontepedriña á entrega de premios do III Concurso de Booktrailers que convoca este instituto en colaboración coa Secretaria Xeral de Política Lingüística, e aberto a todos os intitutos. O segundo premio da categoria de 12 a 15 anos foi para o booktrailer do libro "Made in Galiza" de Séchu Sende, creado por Noa Codesido, de 4º B. Tamén un segundo premio foi o obtido por Rita Domínguez, tamén de 4º B, pero na categoría de 15 a 17 anos, co booktrailer sobre o mesmo libro Made in Galiza de Séchu Sende.
Podedes ver aquí as fotos dos actos de entrega e tamén todos os booktrailers premiados. Veredes que non é tal dificil e quizais vos animades a participar para o próximo curso.

Entrega Premios do 1° CONCURSO DE CURTAS CLIMA: VALEDORAS DO PLANETA

O pasado 20 de xuño, para clausurar o curso, tivo lugar o pase das curtametraxes presentadas polo alumnado do IES Lamas de Abade ó 

1° CONCURSO DE CURTAS CLIMA: VALEDORAS DO PLANETA

O Certame resultou un éxito de público, de crítica e de calidade no parecer dos profesores organizadores, do Departamento de TIC, Brais Preto Fernández, e, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Cristina Gómez Rodríguez e Marina Raíces Madriñán.

Que podemos facer nós para reducir o Cambio Climático? Se "salieron del tiesto" todos. Houbo que outorgar uns galardóns, e como se de Premios Óscar se tratase, desfilaron pola alfombra vermella.

Valorouse o rigor científico, a creatividade, a capacidades de conectar co espectador e facer chegar a súa mensaxe, entre outras cousas.

Os premiados foron:

- En 4°de ESO, na materia de TIC:

  • 1° premio: Marcos Vaamonde
  • 2° premio: Xiana Figueras
  • 3° premio: Sergio Baluja 

- En 2° de ESO, na materia de Climántica

  • 1° premio: Roi Ruíz, Felix Solís e Dany Garcia Botama.
  • 2° premio: Yago Precedo, Sabela García e Ainhoa París.
  • 3° premio: Iria Fernández e Antía Tejo.

Parabéns para todos e todas as participantes.

O ano que vén esmerarémonos outra vez. FELICES VACACIÓNS ¡¡¡ 

Compartimos Link ao álbum coas fotografias da entrega de premios. Parabéns polo esforzo e calidade dos traballos!!!

Horarios Fin de Curso


Fotos da Visita ao Museo de Historia Natural

Como cada ano, o alumnado novel de Bioloxía e Xeoloxía do noso IES Lamas de Abade visitaron o MHN de Santiago de Compostela que se encontra sito no parque Europa da nosa cidade. Non contamos co mellor día (choveu “a mares”) pero o resultado foi satisfactorio: os alumnos e alumnas conseguiron respostar ó 99,9 % das cuestións que as súas profesoras Cristina e Mariña lles levaban plantexadas.

Aínda que o importante non son os resultados a curto prazo senón o interese suscitado neles, que  aflorará o día menos pensado cando, un sábado chuvioso de inverno acorden volver porque algo non lles quedara suficientemente visto. (INTENTANDO  crear VOCACIÓNS, JE ,JE)

A visita á Cidade da Cultura foi guiada e resultounos máis curta do desexado. Só podemos dedicarlle tempo aos aspectos arquitectónicos do complexo. Outra vez será. Gustounos.

Compartimos LINK do álbum da visita

 

Entrega Premios Concurso de Curtas "Premios Climántica Valedoras do Planeta"

I Concurso curtas “PREMIOS CLIM. VALEDORAS DO PLANETA”

Moita Xente Pequena,

 En Lugares Pequenos,

 Facendo Cousas Pequenas 

Poden Cambiar O Mundo.

                                            E. Galeano

O IES Lamas de Abade acaba de convocar para o seu alumnado o 1º Certame de curtametraxes dedicado á loita contra do Cambio Climático. 

Somos nós os que poderemos salvar ó planeta.

Que podemos facer nós no noso Instituto para reducir as emisión de dióxido de Carbono?

O pase de tódalas curtas terá lugar o xoves 20 de Xuño no salón de actos do noso instituto. O Xurado valorará a creatividade das persoas participantes e a súa capacidade para chegar a toda a Comunidade Educativa.

Haberá alfombra vermella  e recoñecementos para todos.

2º Premio Mellor Xornalista Xuvenil da Voz de Galicia

A nosa alumna Nerea Mera Castro, de 1º curso da ESO, vén de recibir o 2º premio do XVI Concurso Escolar organizado polo programa Prensa - Escola do Xornal La Voz de Galicia nesta edición do 2019.

Nerea ten participado cunha entrevista na que deixa constancia do gravísimo problema da perda de poboación e abandono do rural galego.

Compartimos foto da entrega de premios e tamén deixamos o oportuno LINK para que accedades á entrevista galardoada

E tamén podes atopar máis datos e os links á publicación íntegra de prensa Escuela sobre a entrevista e o premio na sección "Prensa" da web do Lamas de Abade

Excursión Aquapark Cerceda

O mércores 19 o Departamento de Educación Fïsica organiza unha lúdica e relaxante excursión para o alumnado de 3º e 4º da ESO e para os de 1º de Bacharelato no Aquapark de Cerceda co obxectivo de inaugurar o verán da mellor maneira posible.

Presentación da web do I.I.G.T. do Lamas de Abade

Tamén o martes día 18 de xuño terá lugar en horario de tarde o acto de Presentación da páxina web do "Instituto de Investigación de Gadgets Tecnolóxicos (I.I.G.T.)" do IES Lamas de Abade. O Departamento de Filosofía xa leva tempo implicando ao alumnado para recapacitar sobre a tecnoloxía omnipresente no mundo actual e agora quere compartir os seus resultados con todo o público na web. Non dubidedes en asistir ao evento no Salón de Actos do Instituto ás 5 da tarde.

Visita ao Museo do Pobo Galego

Hai que admitir publicamente que o alumnado de 2º da ESO ten motivos para sentirse un pouquiño agraviado nas saídas deste curso e, no fondo, todo o profesorado temos feito promesa de compensalos no vindeiro curso.

Non obstante, que teñamos intención de compensar ese erro para o ano non impide que aínda poidan realizar saídas didácticas na recta final do curso que remata agora. Por ese motivo as titoras teñen organizado unha saída para estes grupos de 2º da ESO o vindeiro día 18 de xuño durante toda a mañá mediante unha prolongada visita ao Museo do Pobo Galego. Estarán acompañados polas titoras Rosa Conde e María Carmen García e polo seu profesor Brais Preto. Dende logo, merecer, téñena ben merecida Guiño

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer