O pasado venres 15 de novembro celebramos no centro o tradicional magosto cunha morea de propostas de lecer, convivencia e saúde.
Como é costume o alumnado e profesorado de Imaxe Persoal puxo o seu bo facer, tanto en perruquería como en estética, para ambientar con fermosas maquillaxes e peiteados esta xornada.
O alumnado e profesorado de PDC organizou un concurso de sobremesas de castañas, no que o xurado de luxo puido degustar varias sobremesas e adxudicar os seguintes premios. A mellor presentación, o más saudable e sostible e o máis saboroso. Todo un agasallo para os sentidos!
Así mesmo contamos cun espazo de saúde, no que o alumnado de 2º de Farmacia nos ofreceu varios consellos acerca de botiquíns de outono, complementos nutricionais e dietas saudables para esta época, así como propuxo a participación de toda a comunidade educativa a través da recollida de receitas saudables de outono. Seleccionaron tres que se están repartindo entre toda a comunidade educativa.
O alumnado de 1º e 2º da ESO nos propuxo unha xornada de xogos tradicionais: 3 en raia, a corda, o bote boteiro, o pano, etc. Nesta liña, tamén o alumnado de educación física preparou unha multitudinaria e exitosa coreografía.
Tamén puidemos dar un paseo botánico no que o profesorado de bioloxía e farmacia acompañou cunha completa guía a visita ás especies que temos no campo do Lamas.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer