O libro recomendado para o mes de setembro é "Herba Moura" de Teresa Moure, premio Xerais de novela do ano 2005. Con esta obra engaiolante viaxaremos ao século XVII, alí atoparemos a Descartes, á raiña Christina de Suecia ou a Hélène Jans, meiga residente en Amsterdam, vivindo con eles unha historia de amor e amizade.
"Nesta primavera Estocolmo semella non dar acordado do seu letargo invernal. Aínda non apareceron os paxaros, nin moito menos as flores ou as bolboretas, que as árbores continúan lucindo núas e mesmo se diría que aos días lles custa medrar logo dun inverno tan cru como o que caeu por estas benditas terras de setemtrión. Está anoitecendo na praza de Stortoget...."
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer