INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Visita ós Museos Científicos Coruñeses

Como cada ano, os nosos alumnos de 3º de ESO desfrutaron de un dia de lecer nos museos científicos coruñeses. Este martes 30 de xaneiro, practicamente a totalidade dos nosos “terceroeseiros” xunto coas profesoras Paula Ribadulla, Sabela Martín e Marina Raíces, desfrutamos dun solleiro día na Coruña, comemos ó aire libre e aínda fomos tomar un batido a un centro comercial (non dicimos cal).

A Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

 

 

 

O Aquarium Finisterrae é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e a divulgación científica de temas mariños. O terceiro dos Museos Científicos Coruñeses ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999.

O Aquarium Finisterrae conta con catro salas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por máis de trescentas especies diferentes.

 

> SALA ISABEL CASTELO

Está dedicada a exposicións temporais con sorprendentes imaxes de natureza e medio ambiente. O seu contido renóvase varias veces ao ano.

> SALA MAREMAGNUM

É o núcleo educativo do Aquarium. Ademais de grandes acuarios, contén a OceanoSfera e decenas de elementos museísticos que propoñen experiencias interactivas.

> SALA HUMBOLDT

Dedicada a grandes exposicións temporais monográficas. O seu contido renóvase con periodicidade. Actualmente esta sala presenta «Sexo azul», unha exposición interactiva que trata sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga. Está formada por vinte módulos que conteñen seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.

> SALA NAUTILUS

É a sala máis espectacular do Aquarium Finisterrae. Deseñouse para ofrecer unha experiencia emocional única. Está mergullada nunha gran piscina de cinco millóns de litros de capacidade e a súa decoración lembra a do gabinete do capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus. Ao redor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como as quenllas, corvinas, seriolas, douradas, robalizas e meros. Tamén hai cardumes de xardas e xurelos. Periodicamente, en sincronía cunha música composta especificamente para esta sala por Luís Delgado, ilumínase a zona central, que alberga unha colección de diversos obxectos antigos relacionados co mar.

> TERRAZAS EXTERIORES

Completan a oferta museográfica do Aquarium. Nelas exponse a áncora do buque petroleiro Mar Exeo, que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules e provocou unha marea negra; o Xardín Botánico, con plantas do litoral galego; o Paraíso Mariño, que recibe auga directamente do mar e onde viven tres machos de Phoca vitulina, e o Piscinarium, outra piscina de gran volume onde se atopan oito femias da mesma especie de foca.

 

Foto de grupo para o recordo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer