INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Visita a Sotavento

Os alumnos de CLIMÁNTICA de 2º de ESO desfrutaron dunha xornada formativa extraescolar realmente interesante e á vez entretida. Visitouse o Parque Eólico Experimental de Sotavento onde se nos abriron os ollos a moitos detalles do consumo de enerxía que descoñeciamos .

Nun mundo caracterizado polo esgotamento de recursos enerxéticos e polos graves problemas ambientais derivados dun excesivo consumo de enerxía, parece indicado tratar de tomar conciencia da necesidade de promover novos modelos de desenvolvemento que axuden a diversificar as fontes enerxéticas á vez que impulsen o aforro e o uso enerxético responsable. Nesta liña, o Proxecto Divulgativo de Sotavento pretende unha Educación Ambiental de calidade, interpretando o devandito concepto como a Didáctica a través da cal os estudantes toman conciencia da repercusión das actividades humanas no medio, fomentando a reflexión dun uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral. Sempre encamiñado a crear un compromiso individual de participación social, entendemos, como así se promulga dende a Unión Europea, que a Educación Ambiental é un elemento clave para o futuro do planeta.

Se queredes ver as fotos do día, podedes cliclar no seguinte link: Fotos

 


 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer