INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Obradoiro "Emerxencia Climática"

Afronta o Reto: Loita contra a Emerxencia Climática (Programa Para unha Transición Ecolóxica)

 O nosos grupos de 2º de ESO, dentro da programación da materia de CLIMÁNTICA, están a participar nas actividades deseñadas polo Ministerio de Transición Ecolóxica, no ciclo de actividades de LOITA CONTA A EMERXENCIA CLIMÁTICA.

A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e ambiental, en resposta ó consenso da comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e moito menos os nosos comportamentos.

O programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende sensibilizar sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática, e concienciar dende os centros escolares; posto que a comunidade escolar non está formada só por nenas e nenos, senón tamén por pais, profesorado, persoal non docente, etc. Isto ofrece a oportunidade de converterse en laboratorios de posta en marcha de novas medidas de sustentabilidade e cooperación.

Obxectivos específicos

  • Entender as problemáticas das cales deriva a emerxencia climática e como esta nos afecta.
  • Dar a coñecer os escenarios futuros nos que nos poderiamos atopar de non comezar a actuar de contado.
  • Coñecer as ferramentas que posuímos para mitigalo e revertelo individualmente e como sociedade.

As actividades dirixidas aos escolares pretenden, co uso de metodoloxías activas, provocar a aprendizaxe vivencial e contextualizada, onde a parte construtiva e emocional ten unha grande importancia; non se trata dunha mera transmisión de coñecementos. Con este fin, utilízanse ferramentas para a reflexión e a innovación educativa relacionadas co estudo do medio ambiente e da contorna natural.

O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:

    Primeira sesión: (17 e 18 de abril do 2023)

        Actividade no centro educativo sobre a problemática da emerxencia climática. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do cambio climático, as súas evidencias en Galicia, adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos adaptarnos ou tentar mitigar os seus efectos.

    Segunda sesión: (24 e 25 de abril de 2023)

        Obradoiro sobre a pegada ecolóxica, onde cada alumno/a calculará a súa pegada mediante un sinxelo test onde recollerán datos sobre a súa vida cotiá,  farase un debate en base aos resultados obtidos por cada un e poñerase en valor a importancia de minimizala.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer