INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

HORARIOS MODULAR

CONVOCATORIA SERGAS

 

 

                 

 

25N de 2022: a loita contra a violencia de xénero dende o Lamas

A Rama Sanitaria é unha das esencias do Lamas de Abade. E precisamente a mellor maneira de amosarlle a toda a comunidade escolar o seu compromiso social é colaborando en facer máis visible un día coma o de hoxe.

Sendo 25 de novembro, durante o recreo da xornada, o alumnado de 1º Curso de Ciclo Medio de Técnicos de Farmacia e Parafarmacia (FAEPA), amosou un compromiso social excepcional compartindo con todo o Centro as enormes posibilidades da súa futura profesión para detectar, visualizar, previr e erradicar a violencia machista.

Xunto con colaboracións de outros cursos (Alumnado de Plástica, varios cursos da ESO...) os futuros técnicos de Farmacia e a súa titora, fixeron visible na entrada do Lamas de Abade as posibilidades dunha farmacia como espazo cualificado para o benestar da sociedade e para a loita por erradicar lacras sociais como a violencia de xénero.

 Podes atopar máis información sobre esta e outras actividades no blog do Plan de Igualdade do Lamas de Abade “La Rayuela” e tamén podes ver máis fotos da actividade neste álbum.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer