O 13 de decembro, entre as 11:30 e as 13:30, o alumnado de 1º de Bacharelato gozará dunha visita guiada pola Cidade da Cultura de Galicia no Monte Gaiás de Santiago de Compostela.
Os cursos 1º e 2º de Próteses Dentais desenvolverán o día 17 de decembro en horario de xornada compketa (8:55 a 18:00) unha visita aos Laboratoris Sineldent e Dental López da cidade de Ourense
O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Documentación e Administración Sanitarias poderá gozar o martes 17 en horario de tarde (16:00 horas) da charla titulada "Orientación Laboral para Técnico en Documentación Sanitaria" impartida por Mª del Carmen Martínez Santiso (Dirección de Documentación y Archivo de Galicia HM Hospitales)
Os cursos de 3º e 4º da ESO poderán desprenderse de todas as tensións acumuladas neste intenso trimestre visitando a Pista de Xeo da cidade o próximo mércores 18 de 9:45 a 12:45.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer