Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
18
| 19
| 20
Start: 20/11/2019 11:00
Hoxe, mércores 20 de novembro, entregáronse os «Primeiros Premios á Calidade Lingüística dos proxectos e proxectos integrados dos ciclos superiores de FP». Este premio foi convocado o curso pasado por vez primeira polo Departamento de Dinamización Lingüística do IES Lamas de Abade, coa intención de achegar as actividades deste departamento ó alumnado dos ciclos.
Os premiados foron dous proxectos do ciclo de Saúde ambiental e de Documentación e administración sanitaria, titulados respectivamente Gabinete de asesoramento técnico en saúde ambiental e Os recortes na sanidade pública. Cada premio, cunha dotación económica de 100€ , repartiuse entre os autores dos traballos citados: Carolina Castro, Eugenio Barral e Marcos Corzón no primeiro ciclo; e Mercedes Castiñeiras, Rocio Fernández, Natividad Ferreiro, Alba Freire e Esmeralda López no segundo.
Ó acto presentado pola coordinadora de Dinamización Lingüística, Rosa Conde, asistiu Pura Galán como representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a directora do IES Lamas de Abade, Dolores Picón. Ambas as dúas felicitaron o alumnado ganador e animaron os compañeiros deste curso a presentar os seus proxectos en galego para optar a este premio. Antes da entrega do premio Begoña Potí, do Equipo de Dinamización Lingüística, reivindicou o valor da nosa lingua tamén para proxectos técnicos coma os ganadores e equiparou a súa conservación coa de calquera outro ser vivo.
Podedes pulsar nas imaxes, ou neste link, para ver múltiples fotografías do evento que compartimos co noso habitual álbum.
| 21
| 22
Start: 22/11/2019 12:00
Estes son algúns dos avais dun dos científicos máis importantes da actualidade. Investigador e experto internacional en Xenética que, por riba, sempre ten un pouco do seu tempo dispoñible para actividades de difusión. Por iso poderemos gozar da súa presenza o día 22 de novembro cunha conferencia titulada "Presente e Futuro da Medicina Xenómica" no Salón de Actos do IES Lamas de Abade xusto ao rematar o recreo (12:00 horas). | 23
| 24
|
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer