A prestixiosa marca de cosmética Avène con sede en París, responsable do desenvolvemento de multitudes de cremas, augas micelares e produtos de maquillaxe entre outros moitos, impartirá no Lamas de Abade unha charla sobre o Acné.
O alumnado que asistirá a esta charla será o matriculado nos cursos de 1º e 2º de FAEPA-B.
A charla será impartida o vindeiro luns 11 de novembro en horario de tarde dende as 16:00 horas
Unha nova edición do Congreso da ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia) na que o noso alumnado aportará de novo unha ponencia de grande interese.
O XXXII Congreso está a celebrarse dende hoxe no IES María Sarmiento de Viveiro. Nesta ocasión a conferencia que presentarán Rita Domínguez e Sergio Dacal do 1º de Bacharelato do IES Lamas e Abade, acompañados polo profesor de Ciencias José Manuel Facal, estuda un curioso e complexo acontecemento aeronáutico que desenvolven baixo o título "El despegue que nunca existió". Prometen remitir fotografías do evento. Moita sorte coa ponencia!!

O Doutor Anxo Carracedo é, entre outros méritos e títulos, Catedrático da USC, Director Executivo da Fundación Galega de Medicina Xenómica, Director do Centro Nacional de Xenotipado, Coordinador do Grupo de Medicina Xenómica, representante de España na Axencia Europea do Medicamento ou Editor da revista Forensic ScienceInternational Genetics.
Estes son algúns dos avais dun dos científicos máis importantes da actualidade. Investigador e experto internacional en Xenética que, por riba, sempre ten un pouco do seu tempo dispoñible para actividades de difusión.
Por iso poderemos gozar da súa presenza o día 22 de novembro cunha conferencia titulada "Presente e Futuro da Medicina Xenómica" no Salón de Actos do IES Lamas de Abade xusto ao rematar o recreo (12:00 horas).
O 25 de novembro ás 10:35 o alumnado de 1º de Bacharelato poderá gozar dunha nova sesión do ciclo "Conferencias na Biblioteca" a cargo de Veronica Voyer falando sobre " O Feminismo no Espazo Público"
Temos programada unha actividade "Contra a Violencia de Xénero" para todo o alumnado da ESO no pavillón do IES Lamas de Abade ás 10:35 horas do luns 25 de novembro. Informaremos máis polo miúdo
"A estética facial e as súas expresións supoñen unha importante arma no proceso de comunicación non verbal dos seres humanos. Trátase de describir os factores que teñen influencia no desenvolvemento da comunicación e como podemos influír neles"
Baixo esta idea o mércores 27 de novembro o Profesor José María Suárez Quintanilla (Facultade de Medicina e Odontoloxía) impartirá no Lamas de Abade a charla titulada "A linguaxe non verbal e a estética facial como medio de comunicación"
A actividade desenvolverase dende as 10:35 horas no Salón de Actos para os seguintes grupos: 1º PRODEN, 1º ESBEL, 1º PECOCA e 1º ESIMBE
O luns 2 de decembro de 2019 terá lugar unha charla sobre a "Organización Nacional de Trasplantes" no Salón de Actos do Lamas de Abade que dará comezo ás 16:00 destinada ao 1º e 2º curso de FAEPA (Farmacia e Parafarmacia) Ordinario e Adultos
Santiago Lopo estará o martes 3 de decembro co alumnado de 1º de Bacharelato en horario de 10:35 a 11:25 no ciclo de "Conferencias na Biblioteca"
Lopo é un dos autores máis destacados da narrativa galega actual. Abonda con dicir que xa foi premiado na súa carreira co "Premio García Barros" e co "Xerais" coas obras "Hora Zulú" e "A arte de trobar". A gozar da experiencia!
O luns 9 de decembro deste 2019 a partir das 16:00 desenvolverase no IES de Lamas unha conferencia sobre "Hixiene Oral" a cargo dos Laboratorios Dentaid. O alumnado para o que está programada a actividade será o de 1º e 2º de Faepa (grupos A e B) e o alumnado de CAE Adultos.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer