Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
4
Start: 04/11/2019 09:00
O alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Estética terá a oportunidade de asistir a un obradoiro especial de Reflexoloxía Podal a cargo da destacada profesional Mª Carmen Matalobos no Taller 2 de Estética o vindeiro 4 de novembro. Para quen non a coñeza, Mª Carmen Matalobos é unha recoñecida profesional deste ámbito, con décadas de experiencia, e da que podemos atopar múltiples referencias positivas na web relacionadas co seu traballo entre as que destacamos por exemplo a entrevista da Voz de Galicia "las manos casi santas de Mari Carmen" ou este artigo nun blog especializado titulado "Salud en la planta de los pies" en referencia ao coidado dos pes en idade infantil. Rendibilizade os seus coñecementos compartidos!!!! Start: 04/11/2019 11:55
O alumnado de 3º e 4º da ESO terá o vindeiro luns unha interesante charla con Francisco Méndez Gómez sobre a "Economía circular". A actividade terá lugar na Biblioteca do Lamas xusto na hora despois do recreo (11:55 a 12:45) | 5
| 6
Start: 06/11/2019 09:00
Un ano máis o CS de Estética Integral e Benestar (2º Curso) participará no Curso Formativo de Termalismo do Balneario de Cuntis. A data de realización do curso será o mércores 6 de novembro de 2019 durante toda a xornada acompañados de profesorado do Centro.
| 7
Start: 07/11/2019 11:55
Falar de Suso de Toro é falar de Literatura Galega con maiúsculas, pero tamén destaca polos seus traballos en teatro, televisión, cinematografía, xornalismo e compromiso político. Por todo isto Suso de Toro será o convidado para unha charla na Biblioteca do Lamas o próximo 7 de novembro da que gozará o alumnado dos cursos de 1º e 2º de Bacharelato das materias de "narrativas cinematográficas" e "Cinema e Literatura galegos". A actividade está programada para comezar ás 12:00 Start: 07/11/2019 12:45
O Departamento de Orientación ten organizado un programa de actividades pensando na celebración do "día contra a Violencia de Xénero" que se celebrará o 25 de novembro. Neste contexto a primeira das actividades programadas será esta conferencia titulada "Medrando en Igualdade" que se impartirá o 7 de novembro no Salón de Actos. O alumnado de 1º da ESO asistirá entre as 12:45 e as 13:35, e o alumnado de 2º da ESO asistirá entre as 13:35 e as 14:25. | 8
| 9
| 10
|
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer