O luns 21 de outubro desenvolverase no Lamas de Abade unha conferencia sobre a enfermidade de Lyme a cargo da naturópata e micronutricionista Deborah Jublin, especialista no tema e moi implicada na difusión desta doenza que causa notables trastornos para a saúde por mor da picadura dunha carracha ou dun mosquito e pasa moitas veces desapercibida.
A actividade está programada en horario de 10:00 a 11:25 para o 1º e 2º curso de FAEPA Ordinario (Farmacia e Parafarmacia) e para o 1º e 2º curso de CS de Saúde Ambiental.
Carlos Spuch, doutor en Bioloxía e Científico Investigador Senior do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, impartirá unha charla divulgativa no Auditorio "La Salle" o vindeiro 22 de outubro en horario de 9:50 a 12:45. Asistirá a esta actividade o alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría (CAE) diurno.
Para ir entrando en materia compartimos link a unha recente entrevista que lle realizaron sobre este tema no xornal La Voz de Galicia
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer